Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Xoves, 4 de maio de 2017 Páx. 21931

III. Outras disposicións

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 25 de abril de 2017, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se dispón a publicación do Plan de estabilidade do emprego e provisión de prazas do persoal estatutario.

Con data do 30 de marzo de 2017, na mesa sectorial de negociación do persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, logo do proceso negociador iniciado na reunión do 29 de novembro de 2016, foi pactado entre a Administración sanitaria e as organizacións sindicais CESM-O´MEGA, CSIF e SATSE o Plan de estabilidade do emprego e provisión de prazas do persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde (2017-2018). O dito pacto foi formalmente ratificado e aprobado pola Consellería de Sanidade o 7 de abril de 2017.

A negociación foi realizada de conformidade co artigo 38 do Estatuto básico do empregado público, cuxo texto refundido foi aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro.

De acordo co disposto no dito artigo 38 e para xeral coñecemento,

RESOLVO:

Publicar o Plan de estabilidade do emprego e provisión de prazas do persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde (2017-2018) pactado na mesa sectorial de negociación do persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde o 30 de marzo de 2017, que se inclúe xunto con esta resolución.

Santiago de Compostela, 25 de abril de 2017

Margarita Prado Vaamonde
Directora xeral de Recursos Humanos

Plan de estabilidade do emprego e provisión de prazas do persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde (2017-2018)

I. Obxectivos.

II. Análise da situación.

III. Medidas de estabilización de persoal temporal.

IV. Plan de selección e provisión de prazas.

I. Obxectivos.

O Servizo Galego de Saúde, a través deste plan, ten como obxectivos:

– Continuar apostando pola estabilidade no emprego con medidas de estabilización de persoal temporal e a convocatoria periódica de procedementos selectivos para a adquisición da condición de persoal fixo, en que se garantan os principios que rexen o acceso ao emprego público e que incorporarán as novas tecnoloxías á súa tramitación -fase de oposición e concurso- para unha xestión máis áxil, transparente e simplificada.

Coa execución das medidas de estabilización de persoal temporal previstas no punto III deste plan, e a finalización dos procesos selectivos do plan de selección e provisión de prazas (punto IV), segundo as estimacións que realiza a Administración incremetarase en 6 puntos a porcentaxe que representa o persoal fixo sobre o total do persoal, e reducirase nunha medida moi relevante (desde o 8 % actual ata o 5 %) a porcentaxe que representa o persoal eventual.

– Reforzar o seu compromiso coa mobilidade dos/das seus/súas profesionais mediante a convocatoria periódica de concursos de traslados -internos e aqueles que permitan optar a prazas fóra da institución sanitaria de destino do profesional-, o que redundará nunha maior satisfacción do/da traballador/a no seu desempeño profesional e nunha mellor conciliación da súa vida laboral e familiar.

II. Análise da situación.

En todos os servizos sanitarios do Sistema nacional de saúde estase a producir nos últimos anos un incremento da temporalidade do persoal estatutario derivado da lexislación orzamentaria estatal (de carácter básico), relativa á incorporación de novo persoal nas ofertas de emprego público, a través dos límites da taxa de reposición de efectivos establecidos.

Con todo, durante os anos 2012, 2013, 2014, 2015 e 2016 aprobouse a respectiva oferta de emprego público de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, con total de 1.606 prazas convocadas, isto é, o número máximo posible permitido pola lexislación orzamentaria.

Igualmente, cómpre destacar que a gran maioría das prazas vacantes que por razóns de legalidade non puideron ofertarse nesas sucesivas OPE están hoxe en día cubertas mediante nomeamentos de interinidade, nun proceso que se impulsou particularmente nos últimos anos. Así, no período 2013-2016, en que se fixeron efectivas 3.231 xubilacións, formalizáronse 2.812 nomeamentos de persoal interino en praza vacante.

No entanto, e ante a situación descrita, considérase procedente habilitar liñas de actuación para, por unha banda, fomentar a estabilización de persoal temporal (epígrafe III deste plan), e por outra, para continuar coa tramitación periódica de procesos selectivos e concursos de traslados e introducir melloras na súa regulación e xestión (epígrafe IV deste plan).

III. Medidas de estabilización de persoal temporal.

1. Conversión de nomeamentos para a cobertura de servizos determinados en nomeamentos de interinidade.

1.1. Dotación de prazas.

Para a súa cobertura mediante nomeamentos de interinidade, procederase á dotación de vacantes nun número equivalente a aqueles nomeamentos para a cobertura de servizos determinados que carezan de substantividade propia; é dicir, aqueles en que o persoal nomeado non atenda programas ou actividades temporais, conxunturais ou extraordinarias, senón actividade ordinaria e habitual (necesidades estables e permanentes) durante un período igual ou superior a un ano.

Esta medida suporá a extinción dos nomeamentos para a cobertura de servizos determinados que reúnan as ditas características, a dotación de 438 vacantes nos cadros de persoal das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde e a expedición doutros tantos nomeamentos de interinidade, coa conseguinte redución da porcentaxe de eventualidade.

Como anexo figuran o número de nomeamentos para a cobertura de servizos determinados afectados por esta medida.

1.2. Selección do novo persoal interino.

Aplicaranse os principios que rexen o acceso ao emprego público e o xa acordado no Pacto sobre vinculacións temporais (DOG do 30 de xuño de 2016) para a sucesión de nomeamentos de longa duración, nos seguintes termos:

a) Categorías en que se aplica a selección por listas de aspirantes:

Os nomeamentos de interinidade formalizaranse cos/cas mesmos/as aspirantes anteriormente vinculados/as mediante os nomeamentos para a cobertura de servizos determinados, sempre que no seu momento fosen seleccionados pola orde de preferencia nas listas para a cobertura de vínculos de duración igual ou superior ao ano.

Noutro caso, chamarase a quen acredite a maior puntuación nas listas para a cobertura de nomeamentos de duración igual ou superior ao ano.

b) Categorías en que se aplica o procedemento de concurso de méritos do artigo 67 do Decreto 206/2005, do 22 de xullo, de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde (persoal licenciado sanitario facultativo especialista de área).

Os nomeamentos de interinidade formalizaranse cos/cas mesmos/as aspirantes anteriormente vinculados/as mediante os nomeamentos para a cobertura de servizos determinados, sempre que no seu momento fosen seleccionados mediante o procedemento previsto no artigo 67 do Decreto 206/2005.

Noutro caso chamarase a quen resulte seleccionado tras a tramitación do dito procedemento. Estas convocatorias axustaranse ao previsto no dito artigo 67, e a valoración de méritos realizarase consonte o previsto para a fase de concurso na recente convocatoria para a selección de persoal fixo (DOG do 11 de xaneiro de 2017), detraendo 2 puntos da epígrafe de Formación para valorar o coñecemento da lingua galega.

1) Formación: ata 12 puntos.

2) Coñecemento da lingua galega (curso de Celga 4 ou equivalente): 2 puntos.

3) Experiencia: ata 22 puntos.

4) Investigación e innovación sanitaria: ata 4 puntos.

1.3. Calendario de execución.

A conversión dos nomeamentos para a cobertura de servizos determinados en nomeamentos de interinidade realizarase en dúas fases:

1) Persoal sanitario (incluído licenciado sanitario en que se aplica a selección por listas de aspirantes) e persoal de xestión e servizos: efectos desde o 1 de abril de 2017.

2) Persoal licenciado sanitario a que se aplica o procedemento de concurso de méritos do artigo 67 do Decreto 206/2005: co fin de executar o proceso de forma coordinada no tempo, e dado que resultará preciso publicar e tramitar determinadas convocatorias, a conversión dos nomeamentos realizarase no segundo semestre do ano 2017.

As convocatorias destes procesos de selección publicaranse antes do 30 de xuño de 2017.

2. Análise das necesidades cubertas mediante nomeamentos por acumulación de tarefas.

A Administración comprométese a impulsar a realización do estudo previsto no punto 3 do artigo 9 da Lei 55/2003, do Estatuto marco.

O estudo concretarase inicialmente nos seguintes particulares:

1) Analizarase se as funcións de persoal ausente, con reserva de praza de longa duración, están a ser cubertas mediante nomeamentos por acumulación de tarefas, para os efectos de expedir no seu lugar os nomeamentos de substitución que correspondan.

2) Analizaranse os nomeamentos por acumulación de tarefas que, con carácter sucesivo, veñan prestando os mesmos servizos por un período igual ou superior a dous anos -por un ou varios aspirantes- para os efectos de valorar se concorren necesidades permanentes e estables que deban cubrirse mediante nomeamentos de interinidade.

En todo caso, para o acceso aos nomeamentos de substitución ou interinidade resultantes aplicaranse estritamente os principios que rexen o acceso ao emprego público, coas previsións contidas no Decreto 206/2005 e no Pacto sobre vinculacións temporais (DOG do 30 de xuño de 2016).

O estudo de necesidades presentarase en maio de 2017 na comisión de seguimento prevista no seguinte punto 3, e a execución das medidas que procedan realizarase no período 2017-2018 tendo en conta as dispoñibilidades orzamentarias.

Atendendo aos estudos previos realizados e ás ditas dispoñibilidades orzamentarias, as medidas previstas neste punto 2 suporán a expedición de aproximadamente 400 novos nomeamentos de persoal de cadro.

Calendario de execución:

– Aproximadamente 200 novos nomeamentos no segundo semestre do ano 2017. Cando resulte preciso tramitar o procedemento do artigo 67 do Decreto 206/2005, as convocatorias publicaranse antes do 30 de xuño de 2017.

– Aproximadamente 200 novos nomeamentos no primeiro semestre do ano 2018. Cando resulte preciso tramitar o procedemento do artigo 67 do Decreto 206/2005, as convocatorias publicaranse antes do 31 de marzo de 2018.

3. Comisión de seguimento.

Constituirase unha comisión de seguimento entre a Administración e as organizacións sindicais que ratifiquen o presente plan mediante pacto da Mesa Sectorial.

A comisión realizará exclusivamente o seguimento das medidas anteriormente expostas para a estabilización do persoal temporal, en que se refire ao cumprimento do calendario pactado, datos globais e outras incidencias de carácter xeral, e non afectará o ámbito de negociación propio da Mesa Sectorial (sistemas e procedementos de selección de persoal e provisión de prazas).

Como primeira medida, a comisión de seguimento reunirase no próximo mes de maio para coñecer o estudo e tratar especificamente as medidas que propón a Administración en execución do previsto no punto 2 anterior, e para fixar os criterios de determinación dos aproximadamente 200 novos nomeamentos que se expedirán neste ano 2017 consonte o calendario previsto no mesmo punto 2.

IV. Plan de selección e provisión de prazas.

Para dar cumprimento aos obxectivos deste plan en materia de procesos selectivos e mobilidade (concurso de traslados), esta Administración asume os seguintes compromisos, no marco de execución que se detalla a seguir:

Primeiro. Será promovida pola Administración, na medida en que o permita a lexislación orzamentaria básica estatal, a inclusión en oferta de emprego público das interinidades resultantes do proceso de estabilización.

Segundo. As prazas cubertas mediante nomeamento de interinidade en execución das medidas de estabilización que se recollen neste plan serán ofertadas nos concursos de traslados que se convoquen.

Terceiro. Será promovida pola Consellería de Sanidade, como así se vén realizando desde o ano 2012, a aprobación, con carácter anual, dun novo decreto de oferta de emprego público que autorice a convocatoria de probas selectivas de persoal fixo para a cobertura de todas as prazas vacantes das distintas categorías, no número máximo que permita a lexislación orzamentaria estatal, de carácter básico, na respectiva anualidade.

Deste xeito, se a lexislación orzamentaria básica do Estado o permite, convocarase en cada un dos vindeiros tres anos as prazas ocupadas por persoal con vinculación temporal, de forma que se poidan reducir, nese período de tres anos e nun máximo dun 90 %, as prazas ocupadas de forma temporal e a cifra de persoal cunha vinculación temporal existente na data da sinatura deste pacto. Todo iso coa finalidade de acadar unha taxa de temporalidade que ao final do citado período se sitúe por debaixo do 8 %, que deberá manterse no sucesivo e sempre dentro dos límites e as regras de gasto establecidos.

Cronograma: aprobación antes da finalización de cada ano natural.

Cuarto. Negociaranse as bases dun procedemento de concurso de traslados aberto e permanente para as distintas categorías, que permita a mobilidade do persoal propietario, dunha forma áxil e con carácter definitivo, a novos destinos próximos á súa localidade de residencia ou con mellores expectativas de desenvolvemento profesional, a medida que se produza a súa vacante.

Cronograma dos concursos de traslados.

Convocatoria persoal sanitario: 1º semestre 2017.

Concurso de traslados aberto e permanente: apertura de negociación-abril 2017. Implementación-último trimestre de 2017.

Quinto. Desenvolvemento do procedemento de selección de persoal licenciado sanitario facultativo especialista de área, previsto no artigo 67 do Decreto 206/2005, do 22 de xullo, consonte unhas novas bases, negociadas coas organizacións sindicais representadas na Mesa Sectorial de Sanidade e de aplicación común e uniforme.

Cronograma. Inicio da negociación: abril 2017.

Sexto. Co obxecto de avanzar na transparencia e simplificación na tramitación dos distintos procesos de provisión competencia deste organismo incorporaranse á tramitación electrónica a través de Fides/expedient-e os seguintes procesos de provisión: postos de xefatura e coordinación e persoal directivo. Cronograma: ao longo do ano 2018.

Sétimo. Apertura dos prazos de toma de posesión dos/das aspirantes seleccionados/as nos procesos de selección fixa actualmente en tramitación, correspondentes á oferta pública de emprego do ano 2015.

OPE 2015

Categorías:

Enfermeiro/a

Nº de prazas: 205

Médico/a de familia

Nº de prazas: 82

Cronograma:

• Toma de posesión: marzo 2017

Categorías:

Enfermeiro/a especialista en obstetricia e xinecoloxía

Nº de prazas: 13

Fisioterapeuta

Nº de prazas: 11

Logopeda

Nº de prazas: 2

Técnico/a en coidados auxiliares de enfermaría

Nº de prazas: 124

Técnico/a en farmacia

Nº de prazas: 26

Técnico/a superior en anatomía patolóxica e citoloxía

Nº de prazas: 2

Técnico/a superior en hixiene bucodental

Nº de prazas: 2

Técnico/a superior en imaxe para o diagnóstico

Nº de prazas: 6

Técnico/a superior en laboratorio de diagnóstico clínico

Nº de prazas: 11

Técnico/a superior en radioterapia

Nº de prazas: 2

Terapeuta ocupacional

Nº de prazas: 2

Cronograma:

• Toma posesión: abril-maio 2017

Oitavo. Execución dos procesos selectivos correspondentes á oferta de emprego público do ano 2016.

1ª Fase

Categorías:

Facultativo/a especialista de área

Nº de prazas: 268

Médico/a admisión e documentación clínica

Nº de prazas: 3

Médico/a asistencial 061

Nº de prazas: 8

Médico/a coordinador 061

Nº de prazas: 12

Persoal licenciado sanitario

Médico/a de urxencias hospitalarias

Nº de prazas: 36

Odontólogo/a de a. primaria

Nº de prazas: 15

Pediatra de a. primaria

Nº de prazas: 10

Persoal de xestión e servizos

Técnico/a de xestión de sistemas e tecnoloxías da información

Nº de prazas: 3

Técnico/a especialista de sistemas e tecnoloxías da información

Nº de prazas: 9

Técnico/a superior en prevención de riscos laborais

Nº de prazas: 21

Traballador/a social

Nº de prazas: 16

Cronograma:

• Desenvolvemento da fase de oposición: segundo semestre 2017

2ª Fase

Categorías:

Celador/a (acceso discapacidade intelectual)

Nº de prazas: 17

Celador/a (acceso ordinario)

Nº de prazas: 151

Enfermeiro/a

Nº de prazas: 140

Enxeñeiro/a técnico/a

Nº de prazas: 4

Grupo auxiliar da función administrativa

Nº de prazas: 85

Grupo de xestión da función administrativa

Nº de prazas: 10

Grupo técnico da función administrativa

Nº de prazas: 7

Médico/a de familia

Nº de prazas: 83

Persoal de servizos xerais

Nº de prazas: 40

Técnico/a superior en documentación sanitaria

Nº de prazas: 4

Cronograma:

• Convocatoria 2ª fase: 1º semestre 2017

Cadro resumo plan de selección e provisión

OPE 2015

Tomas de posesión:

Enfermeiro/a-médico/a de familia: marzo 2017

Restantes categorías: abril-maio 2017

OPE 2016

1ª Fase: realización exercicios-2º semestre 2017

2ª Fase: convocatoria OPE-1º semestre 2017

Novo decreto OPE

Aprobación antes da finalización de cada ano natural

Concurso de traslados

Persoal sanitario-1º semestre 2017

Concurso de traslados aberto e permanente

Inicio Negociación-abril 2017

Implementación-último trimestre de 2017

Selección persoal licenciado sanitario FEA

Inicio negociación-abril 2017

Incorporación a Fides novos procesos de selección

Ao longo do ano 2018

ANEXO

Nomeamentos para a cobertura de servizos determinados afectados pola medida prevista no punto 1 da epígrafe III

Por estruturas organizativas de xestión integrada (EOXI)

EOXI da Coruña

Total

CEE

Persoal sanitario

Diplomado e técnico

Técnico/a especialista-laboratorio

1

1

Técnico/a farmacia

1

1

Total persoal diplomado e técnico

2

2

Persoal de xestión e servizos

Grupo auxiliar da función administrativa (equipo mecanizado)

2

2

Total persoal de xestión e servizos

2

2

Total

4

4

Total

A Coruña

CEE

Persoal licenciado sanitario

Facultativo/a especialista de área

5

1

4

Médico/a urxencias

2

2

Total persoal licenciado sanitario

7

1

6

EOXI de Ferrol

Total

Persoal sanitario

Diplomado e técnico

Enfermeiro/a

17

Técnico/a especialista-TER

2

Técnico/a coidados auxiliares de enfermaría

9

Total persoal diplomado e técnico

28

Persoal de xestión e servizos

Personal técnico/a superior

1

Persoal técnico/a superior-prevención riscos laborais

1

Enxeñeiro/a técnico/a

1

Técnico/a xestión en sistemas e tecnoloxías da información

1

Técnico/a especialista en sistemas e tecnoloxías da información

1

Total persoal xestión e servizos

5

Total

33

Total

Persoal licenciado sanitario

Facultativo/a especialista de área

3

Médico/a urxencias

7

Médico/a PAC

1

Total persoal licenciado sanitario

11

EOXI de Santiago de Compostela

Total

Santiago

Barbanza

Persoal sanitario

Diplomado e técnico

Enfermeiro/a

35

28

7

Matrón/a hospital

6

6

Fisioterapeuta hospital

1

1

Técnico/a especialista-anatomía patolóxica

3

3

Técnico/a especialista-laboratorio

2

1

1

Técnico/a especialista-TER

2

2

Técnico/a coidados auxiliares de enfermaría

30

25

5

Técnico/a farmacia

1

1

Total persoal sanitario

Diplomado e técnico

80

58

22

Persoal de xestión e servizos

Persoal técnico/a superior

4

4

Grupo técnico da función administrativa

1

1

Grupo auxiliar da función administrativa (equipo mecanizado)

13

1

12

Persoal servizos xerais

1

1

Celador/a (atención directa ao enfermo)

7

7

Total persoal xestión e servizos

26

14

12

Total

106

72

34

Total

Santiago

Barbanza

Persoal licenciado sanitario

Facultativo/a especialista de área

10

7

3

Médico/a urxencias

7

5

2

Total persoal licenciado sanitario

17

12

5

EOXI de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos

Total

Lugo

Cervo

Monforte

Persoal sanitario

Diplomado e técnico

Enfermeiro/a

83

77

5

1

Matrón/a hospital

6

6

Fisioterapeuta hospital

1

1

Técnico/a coidados auxiliares de enfermaría

21

20

1

Técnico/a farmacia

1

1

Total persoal sanitario

Diplomado e técnico

112

103

7

2

Persoal de xestión e servizos

Persoal técnico/a superior-prevención riscos laborais

1

1

Celador/a

1

1

Total persoal xestión e servizos

2

1

1

Total

114

104

7

3

Total

Lugo

Cervo

Monforte

Persoal licenciado sanitario

Facultativo/a especialista de área

4

2

2

Médico/a de urxencias

10

6

2

2

Total persoal licenciado sanitario

14

8

4

2

EOXI de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras

Total

Ourense

O Barco

Persoal sanitario

Diplomado e técnico

Enfermeiro/a

4

4

Técnico/a especialista-TER

3

3

Técnico/a coidados auxiliares de enfermaría

2

2

Técnico/a farmacia

2

2

Total persoal sanitario

Diplomado e técnico

11

11

Persoal de xestión e servizos

Grupo de xestión da función administrativa

1

1

Persoal técnico/a grao medio

1

1

Grupo auxiliar da función administrativa

1

1

Total persoal xestión e servizos

3

2

1

Total

14

13

1

EOXI de Pontevedra e O Salnés

Total

Pontevedra

O Salnés

Persoal sanitario

Diplomado e técnico

Enfermeiro/a

7

7

Matrón/a hospital

3

3

Técnico/a especialista-laboratorio

3

3

Técnico/a especialista-TER

1

1

Técnico/a coidados auxiliares de enfermaría

6

6

Total persoal sanitario

Diplomado e técnico

20

4

16

Persoal de xestión e servizos

Grupo de xestión da función administrativa

1

1

Grupo auxiliar da función administrativa (equipo medicalizado)

4

4

Total persoal xestión e servizos

5

1

4

Total

25

5

20

Total

Pontevedra

O Salnés

Persoal licenciado sanitario

Facultativo/a especialista de área

3

3

Médico/a de urxencias

11

7

4

Total persoal licenciado sanitario

14

7

7

EOXI de Vigo

Total

Persoal sanitario

Diplomado e técnico

Enfermeiro/a

38

Fisioterapeuta hospital

8

Técnico/a coidados auxiliares de enfermaría

33

Total persoal sanitario

Diplomado e técnico

79

Total persoal licenciado sanitario

63

Total persoal sanitario

Diplomado e técnico

332

Total persoal de xestión e servizos

43

Total servizos determinados

438

O número de nomeamentos para servizos determinados poderá reducirse como consecuencia directa das próximas tomas de posesión (OPE); con todo, manterase o compromiso de dotar 438 vacantes para a súa cobertura mediante nomeamentos de interinidade.