Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Luns, 8 de maio de 2017 Páx. 22355

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 11 de abril de 2017, conxunta da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e da Consellería de Economía, Emprego e Industria, pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas de apoio á etapa de formación posdoutoral nas universidades do SUG, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema de I+D+i galego, e se procede á súa convocatoria para o ano 2017.

Advertidos erros na citada orde, publicada no Diario Oficial de Galicia número 81, do xoves 27 de abril de 2017, cómpre efectuar as seguintes correccións:

No sumario, onde di: «ORDE do 11 de abril de 2017, conxunta da Consellería de Educación, Cultura e Ordenación Universitaria...», debe dicir: «ORDE do 11 de abril de 2017, conxunta da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria...».

Na páxina 19618, no terceiro parágrafo, onde di:

«A segunda acción proposta nesta convocatoria posibilita a continuación da formación dos doutores e doutoras que obtiveron unha axuda para a súa formación inicial na convocatoria do ano 2013 e que permaneceron no programa ata o 1 de abril de 2017, acadando unha avaliación positiva. O obxectivo é dar continuidade á súa carreira investigadora posibilitando un perfeccionamento na súa formación e o establecemento dunha liña de investigación propia que lles permita, nun futuro, consolidar a súa traxectoria».

Debe dicir:

«A segunda acción proposta nesta convocatoria posibilita a continuación da formación dos doutores e doutoras que obtiveron unha axuda para a súa formación inicial na convocatoria do ano 2013 e que permaneceron no programa ata o 31 de marzo de 2017, acadando unha avaliación positiva. O obxectivo é dar continuidade á súa carreira investigadora posibilitando un perfeccionamento na súa formación e o establecemento dunha liña de investigación propia que lles permita, nun futuro, consolidar a súa traxectoria».

Na páxina 19619, no terceiro parágrafo do artigo 1, onde di: «... que permaneceron nel ata o 1 de abril de 2017...», debe dicir: «... que permaneceron nel ata o 31 de marzo de 2017...».

Na páxina 19620, no parágrafo correspondente á modalidade B, onde di: «...que permaneceu nel ata o 1 de abril de 2017...», debe dicir: «... que permaneceu nel ata o 31 de marzo de 2017...».

Na páxina 19650, no artigo 1 do anexo II e na alínea b) do artigo 2 do mesmo anexo, onde di: «...ata o 1 de abril de 2017...», debe dicir: «...ata o 31 de marzo de 2017...».

Na páxina 19652, na alínea e) do artigo 4 do anexo II, onde di: «... que permaneceu nel ata o 1 de abril de 2017...», debe dicir: «... que permaneceu nel ata o 31 de marzo de 2017...».