Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Mércores, 10 de maio de 2017 Páx. 22738

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 26 de abril de 2017 pola que se autoriza unha modificación da autorización do centro privado de educación especial Juan María, de Nigrán.

O representante da Asociación La Esperanza del Valle Miñor solicita a modificación da autorización dunha unidade de plurideficientes por unha unidade de autistas no centro privado de educación especial Juan María, de Nigrán (Pontevedra).

Logo da tramitación do expediente de acordo co establecido no Decreto 133/1995, do 10 de maio, de autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias, e coa Orde do 20 de setembro de 1995 que o desenvolve, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Primeiro. Autorizar a modificación da autorización dunha unidade de plurideficientes por unha unidade de autistas, coa configuración que se sinala a seguir:

Denominación xenérica: centro privado de educación especial (CEEPR).

Denominación específica: Juan María.

Código do centro: 36018847.

Domicilio: r/ As Agullas, 12.

Código postal: 36379.

Localidade: Parada.

Concello: Nigrán.

Provincia: Pontevedra.

Titular: Asociación La Esperanza del Valle Miñor.

Composición resultante:

Educación especial.

4 unidades (plurideficientes).

2 unidades (psíquicos).

1 unidade (autistas).

Segundo. Esta orde dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Comunidade Autónoma de Galicia.

Terceiro. O centro queda obrigado ao cumprimento da normativa vixente e a solicitar a oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que se sinalan nesta orde.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben, directamente, recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 26 de abril de 2017

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria