Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Luns, 15 de maio de 2017 Páx. 23630

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

ANUNCIO do 24 de abril de 2017, do Servizo de Mobilidade da Coruña, polo que se notifican os acordos de incoación de expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres devoltos polo servizo de Correos porque, intentada a notificación, non se puido efectuar (expediente XC-00481-O-2017 e tres máis).

A persoa titular do Servizo de Mobilidade da Coruña acordou a incoación dos expedientes sancionadores número XC-00481-O-2017 e tres máis por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación do acordo de incoación por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanse os acordos de incoación ditados ás persoas interesadas.

Infórmaselles que os expedientes sancionadores se atopan á súa disposición nas oficinas do Servizo de Mobilidade da Coruña.

Outorgáselles un prazo quince días hábiles contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE para alegar o que consideren conveniente, presentando ou propoñendo as probas que consideren oportunas.

No suposto que decida voluntariamente pagar a sanción antes de que transcorran trinta días contados desde o seguinte ao da publicación do presente anuncio no BOE, a súa contía reducirase nun 30 % na forma prevista no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres. A realización do dito pagamento implica a conformidade cos feitos denunciados, a renuncia a formular alegacións por parte da persoa interesada e a terminación do procedemento sancionador.

A Coruña, 24 de abril de 2017

César Concheiro Ceide
Instrutor xefe do Servizo de Mobilidade da Coruña

ANEXO

Expediente

Matrícula

Denunciado

DNI/CIF

Infracción denunciada

Data-hora-estrada-p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción proposta

XC-00481-O-2017

5826-DPV

Dogolimpo, S.L.

B15995269

Atenuante-Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro, carecendo de título habilitante.

3.1.2017; 10.55; DP-2403; 2,0

Art. 141.25 en relación Art. 140.1 LOTT

Art. 143.1.k) en relación letra f) LOTT

801 euros

XC-00911-O-2017

7114-HMH

Servitrucks and Cars Lugo, S.L.U.

B27402825

Realizar transporte público de mercadorías, carecendo de título habilitante.

21.2.2017; 9.36; AC-400; 29,3

Art. 140.1 LOTT

Art. 143.1.i) LOTT

4.001 euros

XC-01493-I-2016

C-5047-BZ

Peréz y Seoane, S.C.

J15667009

A negativa ou obstrución á actuación dos servizos de inspección que imposibiliten total ou parcialmente o exercicio das funcións que legal ou regulamentariamente teñan atribuídas.

25.5.2016; 10.27; AP-9F; 25,20

Art. 141.4 LOTT

Art. 143.1.f) LOTT

801 euros

XC-01875-O-2016

0235-HLD

Óscar Carretero Boga

44819599K

Atenuante-Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro, carecendo de título habilitante.

13.6.2016; 17.35; N547; 46,5

Art. 141.25 en relación Art. 140.1 LOTT

Art. 143.1.k) en relación letra f) LOTT

801 euros