Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Venres, 19 de maio de 2017 Páx. 24465

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 723/2014).

Procedemento orixe: /

Sobre ordinario

Demandante: Iván Otero Ferro

Avogada: María del Rocío Arnoso Moure

Demandados: Coufe, S.L., (Fogasa) Fondo de Garantía Salarial

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 723/2014 deste xulgado do social, seguidos por instancia de Iván Otero Ferro contra a empresa Coufe, S.L., e fronte ao Fogasa (Fondo de Garantía Salarial), sobre ordinario, ditouse a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se achega:

«Fallo.

1º. Que, estimando parcialmente a demanda interposta por Iván Otero Ferro contra a entidade Coufe, S.L., debo condenala e condénoa a que lle aboe as cantidades de 8.830,07 –que haberá de verse incrementada cun xuro do 10 % computado no modo indicado e coa limitación contida no fundamento xurídico terceiro da presente resolución– e de 6.219,31 € –acrecentada co interese legal do diñeiro contabilizado na forma referida no mesmo ordinal–.

2º. Que debo condenar e condeno ao Fogasa a estar e pasar pola condena imposta á empresa demandada.

3º. Non se fai especial imposición de custas.

Notifíquese esta resolución ás partes, facéndoos saber que, contra ela, poden interpoñer recurso de suplicación, que deberá anunciarse ante este xulgado no termo de cinco días desde a notificación da presente sentenza, e que será resolto, de ser o caso, e cumpridos os trámites legais, pola Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Así por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Coufe, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 25 de abril de 2017

A letrada da Administración de xustiza