Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Martes, 30 de maio de 2017 Páx. 26055

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 24 de maio de 2017, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fan públicas as listas definitivas, reguladas no Decreto 37/2006, do 2 de marzo, modificado polo Decreto 124/2016, do 19 de setembro, para a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia de determinados grupos e categorías.

Por Resolución do 26 de outubro de 2016 da Dirección Xeral da Función Pública, DOG nº 207, do 31 de outubro, e de conformidade co disposto no artigo 6 do Decreto 37/2006, acordouse a apertura de determinadas listas para a incorporación de novas solicitudes para a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia correspondente ao grupo III, categoría 014 (xefe/a de cociña), e o grupo V, categoría 001 (camareiro/a-limpador/a, axudante cociña, pasador/a de ferro-lavandeiro/a, costureiro/a, cortador/a, pasador/a de ferro, lavandeiro/a).

Unha vez rematado o prazo de presentación de reclamacións estas foron examinadas e resoltas na sesión da Comisión Permanente, constituída ao abeiro do artigo 4 do Decreto 37/2006, que tivo lugar o día 23 de maio de 2017, acordándose elevar ao órgano convocante as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

De conformidade co establecido no artigo 11 do Decreto 37/2006, relativo á publicidade das listas, esta dirección xeral,

RESOLVE:

Primeiro. Facer públicas as listas definitivas para o desempeño transitorio de postos reservados a persoal laboral dos grupos e categorías que se relacionan no anexo I.

Segundo. As listas poderán consultarse no portal web corporativo da Xunta de Galicia, funcionpublica.xunta.gal, seguindo a ruta <Listas de contratación> - <Consulta das listas: estado, orde e citacións pendentes> - <Consulta de estado, orde de chamamento e novas> e, tras indicar o NIF ou seleccionar unha determinada lista, <Consulta das listas de novas inclusións e actualización de méritos>.

Nas devanditas listas figura a seguinte información:

▪ Solicitantes admitidos/as na lista con indicación da puntuación definitivas resultante da aplicación do baremo establecido no artigo 9 do Decreto 37/2006.

▪ Solicitantes excluídos/as con expresión da causa de exclusión.

Terceiro. As listas entrarán en vigor a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto. As persoas solicitantes excluídas disporán do prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para solicitar a devolución das taxas por dereitos de inscrición, debendo consignar o nome e apelidos, NIF, número da conta bancaria (vinte díxitos) e localidade desta, achegando así mesmo, copia cotexada do modelo de autoliquidación da taxa.

Quinto. Contra esta resolución e de conformidade co disposto nos artigos 112 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 24 de maio de 2017

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

ANEXO
Grupos e categorías (persoal laboral)

Grupo

Categoría

Denominación

III

014

Xefe/a de cociña.

V

001

Camareiro/a-limpador/a, axudante cociña, pasador/a de ferro-lavandeiro/a, costureiro/a, cortador/a, pasador/a de ferro, lavandeiro/a.