Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Martes, 30 de maio de 2017 Páx. 26054

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral

RESOLUCIÓN do 10 de maio de 2017 pola que se dá publicidade do convenio de colaboración subscrito no primeiro cuadrimestre do ano 2017.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esta obriga,

DISPOÑO:

Artigo único

Dar publicidade ao convenio subscrito polo Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral nos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril do ano 2017 e que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 10 de maio de 2017

Adela Quinzá-Torroja García
Directora do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral

ANEXO

Convenio

Obxecto

Importe achegado polo Issga

Data de sinatura

Convenio de colaboración entre a Escola Galega de Administración Pública e o Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral para o desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación en materia de prevención de riscos laborais

A participación nas actividades da EGAP do persoal dependente do Issga, así como a colaboración e o desenvolvemento conxunto de actividades de carácter formativo, divulgador e investigador en materias de competencia das institucións asinantes; actuando de forma máis eficaz e eficiente na utilización dos medios humanos, materiais e organizativos de cada unha delas para un mellor cumprimento dos fins de ambas as dúas partes, en beneficio da cidadanía e da sociedade galega

0,00 €

4.1.2016