Advertidos erros na citada orde, publicada no Diario Oficial de Galicia número 97, do martes 23 de maio de 2017, procédese a efectuar as seguintes correccións:
Na páxina 24888, no artigo 26.3, onde di: «No caso de incumprimento, salvo que se acrediten causas alleas á vontade do beneficiario, respecto da obriga establecida no artigo 22, punto 1, letra a), de manter a actividade empresarial durante polo menos dous anos», debe dicir: «No caso de incumprimento, salvo que se acrediten causas alleas á vontade do beneficiario, respecto da obriga establecida no artigo 24, punto 1, letra a), de manter a actividade empresarial durante polo menos dous anos».