En cumprimiento do disposto no artigo 15.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno,
RESOLVO:
Ordenar a publicación, no Diario Oficial de Galicia, das subvencións indicadas no anexo, concedidas con cargo ás aplicacións orzamentarias 09.40. 322C 470.2, código de proxecto 201500561, ao abeiro da Orde do 1 de xullo de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de incentivos ás empresas de inserción laboral (EIL) e ás súas entidades promotoras, e se procede á súa convocatoria para o ano 2016 e a Orde do 1 de decembro de 2016 (Diario Oficial de Galicia núm. 233, do 7 de decembro) e a Orde do 19 de decembro de 2016 (Diario Oficial de Galicia núm. 244, do 23 de decembro), polas que se modifican as dotacións orzamentarias.
O Programa de incentivos ás empresas de inserción laboral (EIL) regulado nesta orde está financiado con fondos finalistas do Estado recibidos do Servizo Público de Emprego Estatal.
Convocatoria: Orde do 1 de xullo de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de incentivos ás empresas de inserción laboral (EIL) e ás súas entidades promotoras, e se procede á súa convocatoria para o ano 2016 (Diario Oficial de Galicia núm. 143, do 29 de xullo).
Santiago de Compostela, 22 de maio de 2017
Covadonga Toca Carús
Secretaria xeral de Emprego
ANEXO
TR 356A Incentivos ás empresas de inserción laboral (EIL) |
||
Entidade beneficiaria |
Concedido |
Aplicación orzamentaria |
Arroupa E.I.L., S.L.U. |
156.662,74 |
09.40.322C.470.2 |
Compostela Inserta E.I.L., S.L. |
5.555,83 |
09.40.322C.470.2 |
Cormo Integral, S.L.U. |
55.660,22 |
09.40.322C.470.2 |
Coroceiro E.I.L, S.L.U. |
27.219,09 |
09.40.322C.470.2 |
E.I.L. Grupo Dill, S.L. |
15.385,45 |
09.40.322C.470.2 |
Feito Pontevedra E.I.L., S.L. |
6.399,92 |
09.40.322C.470.2 |
Properdis E.I.L, S.L.U. |
17.335,50 |
09.40.322C.470.2 |
Total concedido |
284.218,75 |