Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Xoves, 8 de xuño de 2017 Páx. 27906

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ACORDO do 10 de maio de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, de construción e declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Ordes (expediente IN407A 2017/047-1).

Expediente: IN407A 2017/047-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación: reforma LMTA derivada Paraíso.

Concello: Ordes.

Características técnicas:

– LMTS a 15 kV, de 25 m, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1x240 mm2 Al, con orixe no apoio nº 49-78-15 proxectado na LMT SIG-802 e final no Novo CT Paraíso (expediente IN407A 2012/054-1).

– LMTA a 20 kV, de 540 m, condutor tipo LA-56 Al, con orixe no apoio nº 49-78-10 existente da LMT SIG-802 e final no apoio nº 49-78-15 proxectado. Substitución dos apoios de madeira e formigón actuais por outros de formigón de maior esforzo e altura.

Lexislación de aplicación:

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figuran no anexo que se acompaña a este acordo.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións no Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2-2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir do día seguinte ao da última publicación deste acordo.

Así mesmo, para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, cando as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os predios afectados sexan descoñecidos, se ignore o lugar de notificación ou ben, intentada esta, non se puidese practicar, a notificación farase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

A Coruña, 10 de maio de 2017

Isidoro Martínez Arca
Xefe Territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN407A 2017/047-1

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación: reforma LMTA derivada Paraíso.

Concello: Ordes.

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados:

Número de predio: 2.

Lugar: Carballo 59-54.

Cultivo: monte alto.

Propietaria: Elvira Martínez de la Fuente.

Afección de solo en pleno dominio: apoio nº 12 (1/2)-1 m2.

Número de predio: 3.

Lugar: Carballo 59-55.

Cultivo: monte alto.

Propietarios: herdeiros María Martínez Fuente.

Afección de solo en pleno dominio: apoio nº 12 (1/2)-1 m2.

Número de predio: 4.

Lugar: Carballo 59-678.

Cultivo: monte alto.

Propietario: José Gómez Remuiñán

Afección de solo en pleno dominio: apoio nº 13 (1/2)-1 m2.

Número de predio: 5.

Lugar: Carballo 59-41.

Cultivo: monte alto.

Propietaria: Jesusa Amparo Gómez Remuiñán.

Afección de solo en pleno dominio: apoio nº 13 (1/2)-1 m2.

Número de predio: 6.

Lugar: Carballo 59-138.

Cultivo: monte alto.

Propietarios: herdeiros Emilio Pérez Ramos.

Afección de solo por servidume de paso de enerxía eléctrica: m2 aéreos 269.0.

Número de predio: 7.

Lugar: Carballo 59-139.

Cultivo: monte alto.

Propietario: Leandro del Río Señarís.

Afección de solo por servidume de paso de enerxía eléctrica: m2 aéreos 271.0.

Número de predio: 9.

Lugar: Carballo 59-141.

Cultivo: monte alto e prado.

Propietaria: Carmen López Sánchez.

Afección de solo en pleno dominio: apoio nº 14 (1/2)-1 m2.

Afección de solo por servidume de paso de enerxía eléctrica: m2 aéreos 232.0.

Número de predio: 12.

Lugar: Paloma 59-691.

Cultivo: labradío.

Propietaria: Visitación Gómez Uzal.

Afección de solo por servidume de paso de enerxía eléctrica: m2 aéreos 45.0.

Número de predio: 13.

Lugar: Paloma 59-18.

Cultivo: prado.

Propietaria: Elena Miras Mariño.

Afección de solo en pleno dominio: apoio nº 15-2 m2.

Afección de solo por servidume de paso de enerxía eléctrica: m2 aéreos 27.0.