Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Xoves, 8 de xuño de 2017 Páx. 27878

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Vilagarcía de Arousa

EDICTO (152/2013).

Xuízo verbal 152/13.

Demandante: Baygar, S.L.

Demandado: Obras y Edificaciones Boa Vila, S.L.

Edicto: cédula de notificación.

No procedemento de referencia ditouse a sentenza cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

Neste órgano xudicial tramítase o procedemento de xuízo verbal número 152/13 seguido por instancia de Baygar, S.L. con CIF B12019659, con domicilio no lugar de Ande, s/n, Rubiáns, Vilagarcía de Arousa, representado pola procuradora María Luisa Rendo Couto, en substitución do procurador Luis Abalo Álvarez, que deixou a representación por xubilación, contra Obras y Edificaciones Boa Vila, S.L., con CIF B36299261, con domicilio descoñecido, sobre a reclamación de cantidade na cal, por resolución do 9 de outubro de 2014, sexa acordado notificar a sentenza do 29 de novembro de 2013, cuxa resolución é do teor literal seguinte:

Decido que debo estimar e estimo integramente a demanda interposta polo procurador Luis Ángel Abalo Álvarez, en nome e representación da entidade Baygar, S.L., fronte á entidade Obras y Edificaciones Boa Vila, S.L., e en consecuencia debo condenar e condeno a entidade Obras y Edificaciones Boa Vila, S.L. a que aboe á entidade Baygar, S.L. a suma de mil oitocentos sesenta e seis euros con quince céntimos (1866.15), máis os xuros conforme o disposto no fundamento xurídico cuarto.

Impóñense as custas de conformidade co establecido no fundamento xurídico quinto.

Notifíquese a presente resolución ás partes. Esta resolución é firme e contra ela non cabe interpoñer recurso ningún.

Así o acorda, manda e asina Carmen Miranda Vieites, xuíza substituta do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Vilagarcía de Arousa. E como consecuencia do ignorado paradoiro de Obras y Edificaciones Boa Vila, S.L. expídese a presente para que sirva de cédula de notificación.

Vilagarcía de Arousa, 7 de abril de 2017

O letrado da Administración de xustiza