Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Xoves, 8 de xuño de 2017 Páx. 27880

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (519/2016).

Eu, María Jesús Hernando Arenas, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 519/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia da Juan Pablo García Viñas contra Cocina Fusión Tamei, S.L., Tamei Restauración, S.L., Abeiradaria, S.L. e Fogasa, sobre ordinario, se ditou a sentenza cuxa resolución di:

Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Juan Pablo García Viñas contra a entidade Cocina Fusión Tamei, S.L. e, en consecuencia, debo condenar e condeno a entidade Cocina Fusión Tamei, S.L. a que lle aboe ao demandante a cantidade de 3.724,43 euros brutos por salarios devindicados entre xaneiro e marzo de 2016, así como a compensación económica polas vacacións non desfrutadas esa anualidade, 1.353,60 euros brutos por horas extras realizadas durante a súa relación laboral e 1.132,33 euros brutos por compensación de descansos, incrementadas no xuro do 10 % por mora e aplicable aos conceptos salariais.

Que debo desestimar e desestimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Juan Pablo García Viñas contra as entidades Tamei Restauración, S.L. e Abeiradaria, S.L., que debo absolver do solicitado na súa contra.

Coa intervención do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber o seu dereito a interpor contra ela recurso de suplicación, ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Para que lles sirva de notificación en legal forma ás empresas Cocina Fusión Tamei, S.L., Tamei Restauración, S.L. e Abeiradaria, S.L. en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselles ás destinatarias que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 18 de maio de 2017

A letrada da Administración de xustiza