Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Xoves, 8 de xuño de 2017 Páx. 27882

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (423/2016).

Eu, María Jesús Hernando Arenas, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 423/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Sergio Morales Lamas contra Adrian Chindris-Iulian e o Fogasa, sobre ordinario, ditouse sentenza cuxa resolución di:

Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Sergio Morales Lamas contra o empresario individual Adrian Chindris-Iulian e, en consecuencia, debo declarar e declaro que o contrato de traballo que os vinculaba era a tempo completo, e debo condenar e condeno o empresario individual Adrian Chindris-Iulian a que aboe ao demandante a cantidade de 5.828,53 euros brutos por salarios devindicados entre o 21.10.2015 e o 29.2.2016, dos que serán descontadas a cantidade de 3.150 euros líquidos xa percibidos, 6.103,39 euros brutos por horas extra realizadas no mesmo período e 2.208,48 euros brutos por axudas devindicadas igualmente, incrementadas no xuro do 10 % por demora e aplicable aos conceptos salariais.

Coa intervención do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber o seu dereito a interpoñer contra ela recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

E para que sirva de notificación en legal forma a Adrian Chindris-Iulian, en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 18 de maio de 2017

A letrada da Administración de xustiza