Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Venres, 9 de xuño de 2017 Páx. 28342

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Santiago de Compostela

ANUNCIO de suspensión cautelar de licenzas no ámbito da parcela EM-FE. Finca do Espiño.

O Pleno da Corporación, na súa sesión que tivo lugar o 18 de maio de 2017, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

De conformidade coa proposta do concelleiro delegado de Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda e Mobilidade, e ao abeiro do que dispoñen os artigos 47.1 da Lei 2/2016, do solo de Galicia, e 86.1 do seu regulamento (Decreto 143/2016), e co fin de estudar a reforma das determinacións do vixente Plan xeral de ordenación municipal no ámbito da parcela EM-FE (equipamento privado Finca do Espiño):

– Suspender o procedemento de outorgamento de licenzas de parcelación e edificación no ámbito da parcela EM-FE (equipamento privado Finca do Espiño).

O ámbito territorial de suspensión limítase á citada parcela, con referencia catastral 6780421NH3468B0001JI.

A suspensión non impedirá a autorización de usos e obras provisionais nos termos do artigo 89 da LSG e 204 do seu regulamento.

O acordo publicarase no Diario Oficial de Galicia e nun xornal dos de maior difusión na provincia.

A suspensión será efectiva a partir da súa publicación, e terá a duración dun ano, sen prexuízo da que resulte, de ser o caso, do acordo de aprobación inicial da reforma.

Dado o carácter normativo da suspensión, o acordo só resulta impugnable mediante a interposición de recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, dentro do prazo máximo de dous meses contado a partir da publicación.

Do presente acordo darase traslado ao Servizo de Licenzas, para o seu coñecemento e para os efectos que procedan para a tramitación dos procedementos en curso e dos que se inicien con posterioridade á publicación do acordo de suspensión.

A documentación poderá ser consultada na páxina web do Concello de Santiago http://transparencia.santiagodecompostela.gal/plans-urbanismo-obras-publicas/gl

Contra o acordo transcrito poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio.

Santiago de Compostela, 23 de maio de 2017

O alcalde
P.D. (Decreto 3997, do 16.6.2015)
Jorge Duarte Vázquez
Concelleiro delegado de Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda e Mobilidade