Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Venres, 9 de xuño de 2017 Páx. 28344

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Santiago de Compostela

ANUNCIO de suspensión cautelar de licenzas no ámbito do PERI-12. Antigo Colexio Manuel Peleteiro.

O Pleno da Corporación, na súa sesión que tivo lugar o 18 de maio de 2017, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

De conformidade coa proposta do concelleiro delegado de Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda e Mobilidade, e ao abeiro do que dispoñen os artigos 47.1 da Lei 2/2016, do solo de Galicia, e 86.1 do seu regulamento (Decreto 143/2016), e co fin de estudar a reforma das determinacións do vixente Plan xeral de ordenación municipal no ámbito do PERI-12 (Colexio Manuel Peleteiro):

– Suspender o procedemento de outorgamento de licenzas de parcelación, edificación e demolición, no ámbito do PERI-12.

O ámbito territorial de suspensión reflíctese graficamente no plano anexo e correspóndese co do PERI-12, ocupado polas antigas instalacións do Colexio Manuel Peleteiro (con fronte ás rúas de República Arxentina e de San Pedro de Mezonzo), e integrado polas seguintes parcelas catastrais:

– 7169317NH3476G0001JM.

– 7169315NH3476G0001XM.

– 7169316NH3476G0001IM.

A suspensión afectará:

1. As obras de nova edificación, así como as de rehabilitación integral que resulten asimilables ás de reconstrución total do edificio, agás as de carácter urxente.

2. As obras de reforma que supoñan aumento do volume edificado.

A suspensión non impedirá a autorización de usos e obras provisionais nos termos do artigo 89 da LSG e 204 do seu regulamento.

O acordo publicarase no Diario Oficial de Galicia e nun xornal dos de maior difusión na provincia.

A suspensión será efectiva a partires da súa publicación, e terá a duración dun ano, sen prexuízo da que resulte, de ser o caso, do acordo de aprobación inicial da reforma.

Dado o carácter normativo da suspensión, o acordo só resulta impugnable mediante a interposición de recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, dentro do prazo máximo de dous meses contado a partir da publicación.

Do presente acordo darase traslado ao Servizo de Licenzas, para o seu coñecemento e para os efectos que procedan para tramitación dos procedementos en curso e dos que se inicien con posterioridade á publicación do acordo de suspensión.

A documentación poderá ser consultada na páxina web do Concello de Santiago http://transparencia.santiagodecompostela.gal/plans-urbanismo-obras-publicas/gl

Contra o acordo transcrito poderase interpoñer directamente recurso contencioso administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio.

Santiago de Compostela, 23 de maio de 2017

O alcalde
P.D. (Decreto 3997, do 16.6.2015)
Jorge Duarte Vázquez
Concelleiro delegado de Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda e Mobilidade