BDNS (identif.): 351975.
De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).
Primeiro. Entidades beneficiarias
Poderán ser beneficiarias destas axudas para pór en marcha unha casa niño as persoas físicas e as cooperativas de traballo asociado que reúnan os seguintes requisitos:
a) Estar en posesión ou contar, cando menos, cunha persoa socia, no caso de cooperativas de traballo asociado, de calquera das titulacións que se recollen a seguir ou equivalente, ou da formación ou experiencia seguintes:
1º. Técnico/a superior en educación infantil.
2º. Grao en mestre/a de educación infantil/educación primaria.
3º. Grao en pedagoxía, psicoloxía ou educación social.
4º. Diploma que acredite ter realizado o curso de formación integral ou o curso de formación complementaria para futuros/as profesionais das casas niño impartidos pola Xunta de Galicia.
5º. Formación acreditada en áreas relacionadas coa atención á infancia e coidados infantís ou experiencia profesional acreditada neste ámbito.
b) Residir nun núcleo rural en que non exista ningún recurso de atención continuada á infancia de ata tres anos de idade, ou facelo con anterioridade á posta en marcha da experiencia piloto.
c) Contar cun inmoble nun núcleo rural en que non exista ningún recurso de atención continuada á infancia de ata tres anos de idade, ou dispoñer del con anterioridade á posta en marcha da experiencia piloto.
d) Dispoñer dun plan de actuación cos nenos/as para atender eventuais emerxencias que se poidan producir na casa niño.
e) Establecerse como empresaria/o autónoma/o ou constituír unha cooperativa de traballo asociado.
f) Acreditar unha revisión médica anual. No caso de cooperativas de traballo asociado, esta revisión médica deberá estar referida á/s persoa/s socia/s que desenvolvan o proxecto piloto.
Segundo. Obxecto
1. Esta orde ten por obxecto aprobar as bases reguladoras polas que se rexerá a concesión de axudas para a posta en marcha de experiencias piloto destinadas á atención de nenas e nenos de ata tres anos de idade, mediante o establecemento dunha casa niño, nos núcleos rurais do territorio da Comunidade Autónoma de Galicia en que non exista ningún outro recurso de atención continuada á infancia de ata tres anos de idade (código de procedemento BS403C).
Terceiro. Bases reguladoras
Orde do 13 de xuño de 2017 pola que se establecen as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para a posta en marcha de casas niño, parcialmente cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva para os anos 2017, 2018, 2019 e 2020.
Cuarto. Tipos de axuda e contías
1. As axudas para gastos de investimento consistirán nunha subvención de ata o 100 % dos gastos elixibles, cun límite máximo global por casa niño de 15.000 euros.
2. A axuda polo desenvolvemento do proxecto piloto consistirá nunha achega económica de 19.600 €/ano en forma de prima destinada a apoiar esta iniciativa emprendedora no inicio da súa andadura. Este importe minorarase proporcionalmente no ano 2017 en función dos meses efectivos de desenvolvemento.
Quinto. Importe
Ás subvencións obxecto desta convocatoria destínase un orzamento total de dous millóns catro centos dez mil euros (2.410.000 €), distribuído en catro anualidades e que se imputará ás aplicacións orzamentarias que se indican:
Aplicación |
Importe 2017 |
Importe 2018 |
Importe 2019 |
Importe 2020 |
Importe total |
12.02.312B.770.0 |
450.000 € |
----- |
----- |
450.000 € |
|
12.02.312B.470.0 |
196.000 € |
588.000 € |
588.000 € |
588.000 € |
1.960.000 € |
Total |
646.000 € |
588.000 € |
588.000 € |
588.000 € |
2.410.000 € |
2. A partida 12.02.312B.770.0 destinarase ao financiamento de gastos de investimento e estará cofinanciada no 80 % con fondos do programa operativo Feder de Galicia 2014/2020.
Sexto. Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación das solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houbese día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo finaliza o último día do mes.
Santiago de Compostela, 13 de xuño de 2017
José Manuel Rey Varela
Conselleiro de Política Social