Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Xoves, 29 de xuño de 2017 Páx. 31858

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Reforzo da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (DSP 1037/2016).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4-Reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 1037/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Yein Danny Rodas Otalvaro contra Remansede de TDT, S.L., e o Fogasa, sobre despedimento, foi ditada a resolución, cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Sentenza.

A Coruña, 8 de xuño de 2017.

Vistos por min, Patricia López Arranz, maxistrada xuíza do Xulgado do Social de reforzo da Coruña, os presentes autos de procedemento 1037/2016, seguidos ante este xulgado por instancia de Yein Danny Rodas Otalvaro, representado polo letrado Felipe Martínez Ramonde, contra Remansede de TDT, S.L. e o Fogasa, que non comparecen, procedo a ditar sentenza de conformidade cos seguintes […]

Decido que debo estimar e estimo a demanda presentada por Yein Danny Rodas Otalvaro contra Remansede de TDT, S.L. e declaro improcedente o despedimento do traballador e, ante a imposibilidade de readmisión, declaro extinguida a súa relación laboral coa empresa demandada, con efectos da data da presente resolución, e condeno a empresa a estar e pasar por esta declaración e a aboar ao demandante unha indemnización de 10.480,72 euros e salarios de trámite polo importe de 12.321,59 euros.

Con intervención procesual do Fogasa.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber o seu dereito para interpor contra ela recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza, que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así o pronuncio, mando e asino por esta miña sentenza.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada pola maxistrada xuíza que a subscribe no día da súa data, do cal eu, letrada da Administración de xustiza, dou fe.»

E para que sirva de notificación en legal forma a Remansede de TDT, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 8 de xuño de 2017

A letrada da Administración de xustiza