Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Xoves, 29 de xuño de 2017 Páx. 31850

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo

EDICTO (97/2016-A).

Sarai Paniagua Acera, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo, certifica que no presente procedemento se ditou a seguinte sentenza:

Sentenza nº 238

En Vigo, 10 de maio de 2017

María del Carmen Salvador Mateos, maxistrada xuíza, titular do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo (Xulgado de Familia) viu os autos seguidos neste xulgado baixo número 97/2016 sobre garda e custodia e alimentos respecto de fillo menor de idade, a instancia de María Sonia Carballido Rouco, representada polo procurador dos tribunais Francisco Javier Toucedo Rey e con asistencia letrada de Julio Maceira González, contra Carlos José Sánchez de las Matas Pena, declarado en rebeldía procesual, e no que interveu o ministerio fiscal, sobre a base dos seguintes:

Antecedentes de feito

Primeiro. Procedente da oficina de repartición tivo entrada neste xulgado demanda sobre garda, custodia e alimentos respecto de fillo menor de idade, subscrita polo procurador dos tribunais Francisco Javier Toucedo Rey, obrando na representación arriba indicada, contra o demandado que figura no encabezamento, en que, tras alegar os feitos e fundamentos de dereito que considerou de aplicación e que constan no escrito de demanda, rematou suplicando ao xulgado que ditase sentenza nos termos indicados no suplico da demanda.

Segundo. Admitida a trámite a demanda, deuse traslado desta ao demandado e ao Ministerio Fiscal para que, no prazo de vinte días, puidesen comparecer en autos e contestar a demanda.

O Ministerio Fiscal presentou escrito de contestación á demanda en que alegou os feitos e fundamentos de dereito que tivo por convenientes.

Sen comparecer a parte demandada, declarouse en rebeldía procesual, e convocáronse as partes e o Ministerio Fiscal á celebración da correspondente vista, a cal tivo lugar o día 9 de maio de 2017.

Terceiro. No acto da vista, a parte demandante e o Ministerio Fiscal ratificaron os seus respectivos escritos, solicitando pola súa orde a práctica dos medios de proba que tiveron por convenientes; admitida e declarada pertinente a que se considerou oportuna, practicouse co resultado que consta en autos e formuladas polas partes as súas conclusións, se deu por rematada a vista e quedaron as actuacións conclusas para ditar sentenza.

Cuarto. Na tramitación deste xuízo observáronse os termos e prescricións legais.

Fundamentos de dereito

Primeiro. Dispón o artigo 770 da Lei de axuizamento civil, na súa regra sexta, que nos procesos que versen exclusivamente sobre garda e custodia de fillos menores ou sobre alimentos reclamados en nome dos fillos menores, para a adopción de medidas preventivas que sexan adecuadas aos devanditos procesos se seguirán os trámites establecidos na lei para a adopción de medidas previas, simultáneas ou definitivas nos procesos de nulidade, separación ou divorcio.

Polo tanto, cando se trata de resolver cuestións relativas á patria potestade, garda e custodia de fillos, réxime de visitas, pensión de alimentos ou cuestións relativas ás relacións paterno filiais a propia lei prevé a remisión ao procedemento previsto no artigo 770 da LAC, para aqueles casos en que non haxa acordo entre os solicitantes das medidas.

Segundo. A garda e custodia da filla menor atribúese á Sra. Carballido Rouco, medida esta que non foi discutida no procedemento dada a situación de rebeldía do demandado, e que, ademais, parece responder á situación que de feito se mantén desde o cesamento da convivencia que, segundo afirmou a demandante, se produciu hai uns nove anos.

Terceiro. Da declaración da Sra. Carballido parece evidenciarse que a menor mantivo nos últimos anos un contacto moi esporádico co seu proxenitor, que reside en Canarias; ese contacto limitouse a unha chamada ao ano e a menor coincidiu nun par de ocasións co seu proxenitor en Cádiz, cando a menor vai pasar uns días á casa dos seus avós paternos.

Á vista desas circunstancias e descoñecéndose as circunstancias do demandado, non parece prudente establecer un réxime de comunicación da menor co seu proxenitor, sen prexuízo dos acordos puntuais aos que poidan chegar os proxenitores á hora de regular esa comunicación ou do que proceda acordar no caso de que o demandado solicite formalmente ter un maior contacto coa súa filla.

Cuarto. Á hora de determinar a contribución que o Sr. Sánchez de las Matas debe realizar en concepto de alimentos para a súa filla haberá que ter en conta os seus ingresos, as necesidades do menor e os propios ingresos da proxenitora.

Da información obtida a través da aplicación informática do xulgado, evidénciase que o demandado actualmente e desde o ano 2010 traballa para a empresa Seguridade Integral Canaria, S.A., como pon de relevo o informe de vida laboral. Segundo os datos existentes na Axencia Tributaria, os ingresos brutos do Sr. Sánchez de las Matas do exercicio 2015 ascenderon a 17.896,25 euros anuais cunha retención de 1.884,21 euros e uns gastos deducibles de 1.136 euros.

Descoñécense as demais circunstancias persoais ou económicas.

En canto á situación económica da Sra. Carballido, esta declarou que traballa como camareira e os seus ingresos ascenden a uns 860 euros netos mensuais, segundo as nóminas que achegou. Reside coa súa filla nunha vivenda con parte da súa familia pola que non paga renda.

En canto aos gastos do menor, non se acreditaron gastos especiais, polo que ha de presumirse que son os propios dun menor da súa idade. Estuda nun centro público e, segundo declarou a proxenitora, a menor realiza actividades de baloncesto (cun custo duns 42 euros a tempada) e natación (uns 40 euros ao mes).

Á vista de todas estas circunstancias, esta xulgadora estima prudente establecer a pensión de alimentos na contía de 220 euros ao mes, e que deberá aboarse nos termos que se indicarán na resolución desta resolución.

A pensión enténdese debida desde a data da interposición da demanda, isto é, xaneiro de 2016.

Ambos os dous proxenitores satisfarán por metade os gastos extraordinarios que xere a menor, entre os que se encontran os médicos non cubertos pola Seguridade Social, non tendo esta consideración os libros de texto, material escolar, uniforme, transporte e comedor escolar e matrícula escolar nin actividades extraescolares.

Quinto. Atendida a natureza da pretensión, non se fai especial pronunciamento en canto ás custas do presente xuízo.

Sexto. Vistos os preceptos citados e demais de xeral e pertinente aplicación

Resolvo

Na demanda interposta polo procurador dos tribunais Sr. Toucedo Rey, en nome e representación de María Sonia Carballido Rouco, contra Carlos José Sánchez de las Matas Pena, declarado en situación de rebeldía procesual, e en que interveu o Ministerio Fiscal, estimo esta e fago os seguintes pronunciamentos:

Primeiro. A garda e custodia da filla menor atribúese á Sra. Carballido Rouco, sendo a patria potestade compartida por ambos os dous proxenitores.

Segundo. O Sr. Sánchez de las Matas Pena aboará a cantidade de 220 euros mensuais en concepto de alimentos para a súa filla, que ingresará dentro dos cinco primeiros días de cada mes na conta corrente que designe a nai para o efecto dentro, e que se actualizará anualmente conforme a variación que experimente o índice de prezos de consumo que publique o Instituto Nacional de Estatística, pensión que se entende debida desde xaneiro de 2016.

Terceiro. Ambos os dous proxenitores satisfarán por metade os gastos extraordinarios que xere a menor, entre os que se encontran os médicos non cubertos pola Seguridade Social, non tendo esta consideración os libros de texto, material escolar, uniforme, transporte e comedor escolar e matrícula escolar nin actividades extraescolares.

Non se fai especial pronunciamento en canto ás custas.

Modo de impugnación: recurso de apelación no prazo de vinte días, desde a notificación desta resolución, ante a Audiencia Provincial.

O devandito recurso carecerá de efectos suspensivos, sen que en ningún caso proceda actuar en sentido contrario ao resolto (artigo 456.2 LEC).

Conforme á disposición adicional décimo quinta da LOPX, para a admisión do recurso deberase acreditar ter constituído, na conta de depósitos e consignacións deste órgano, un depósito de 50 euros, salvo que o recorrente sexa beneficiario de xustiza gratuíta, o Ministerio Fiscal, o Estado, comunidade autónoma, entidade local ou organismo autónomo dependente.

O depósito deberá constituílo ingresando a citada cantidade no Banco Santander na conta deste expediente 3632 0000 00 0097 16 indicando, no campo “concepto” a indicación “Recurso” seguida do código “02 Civil-Apelación”. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír, tras a conta referida, separados por un espazo a indicación “recurso” seguida do código “02 Civil-Apelación”.

No caso de que deba realizar outros pagamentos na mesma conta, deberá verificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase indicando, neste caso, no campo observacións a data da resolución impugnada co formato dd/mm/aaaa.

Así, por esta a miña sentenza da que se expedirá testemuño para a súa unión aos autos, pronúncioo, mando e asino.

E para que conste e para a súa notificación a Carlos José Sánchez de las Matas Pena, en paradoiro descoñecido, expido e asino o presente edicto.

Vigo, 9 de xuño de 2017

A letrada da Administración de xustiza