BDNS (identif.): 353166.
De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index):
Primeiro. Persoas beneficiarias
Estudantes que remataron brillantemente os seus estudos universitarios conducentes a unha titulación oficial de grao no curso académico 2015/16 nas universidades do Sistema universitario de Galicia.
Segundo. Obxecto
Convocar, en réxime de concorrencia competitiva, os premios fin de carreira da Comunidade Autónoma para os/as estudantes do Sistema universitario de Galicia que remataron os seus estudos universitarios conducentes a unha titulación oficial de grao no curso académico 2015/16.
Terceiro. Bases reguladoras
Publícanse conxuntamente coa convocatoria.
Cuarto. Orzamento e contía dos premios
O importe global previsto na orde é de 222.000,00 €.
Cada premio terá unha dotación máxima de 3.000 € e un diploma acreditativo.
Quinto. Prazo de presentación de solicitudes
Será dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación.
Santiago de Compostela, 19 de xuño de 2017
Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria