Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Mércores, 5 de xullo de 2017 Páx. 32688

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (107/2017).

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais número 107/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Luis Vidal Romero contra a empresa Pollos Albariza, S.L., sobre reclamación de cantidade, se ditou decreto con data do 7 de xuño de 2017, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Parte dispositiva.

Acordo:

a) Declarar o executado Pollos Albariza, S.L. en situación de insolvencia total por importe de 3.225,60 euros en concepto de principal, máis 634,51 euros en concepto de xuros de demora, máis 386,01 euros que se orzan para xuros e custas da execución, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reabrir a execución, se no sucesivo se coñecen novos bens do executado.

c) Inscribilo no rexistro correspondente.

d) Levar o orixinal ao libro de decretos e deixar testemuño nas presentes actuacións.

Notifíquese ás partes e a Pollos Albariza, S.L. por medio de edictos no Diario Oficial de Galicia e fágaselles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da Lei de xurisdición social, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións intentadas neles sen efecto serán válidas ata que non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similar, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión, que se deberá interpor ante o presente órgano xudicial no prazo de tres días hábiles. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá consignar a cantidade de 25 euros, en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións deste Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela aberta en Banco Santander, conta número 5076 0000 64 0107 17. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria, deberase ingresar na conta número 0049 3569 920005001274, e no campo “Concepto” deberá indicar o número de conta “5076 0000 64 0107 17”. Se efectúa diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, incluso se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase e indicar no campo de observacións a data da resolución impugnada, utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

A letrada da Administración de xustiza».

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial.

E para que sirva de notificación a Pollos Albariza, S.L., expídese este edicto.

Santiago de Compostela, 7 de xuño de 2017

A letrada da Administración de xustiza