Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Mércores, 5 de xullo de 2017 Páx. 32690

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (192/2017).

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento monitorio 192/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Martínez Touceda, se ditou a seguinte resolución:

Recibida a anterior solicitude de reclamación de débeda por José Martínez Touceda contra Ambunova Servicios Sanitarios, S.L.U., en reclamación de 1.782,61 euros, de conformidade co previsto no artigo 101 da Lei reguladora da xurisdición social, acordo:

Requirir a parte debedora, Ambunova Servicios Sanitarios, S.L.U., para que no prazo de dez días lle pague ao traballador, acreditándoo perante o xulgado, a cantidade de 1.782,61 euros ou compareza perante el alegando sucintamente en escrito de oposición as razóns polas cales, ao seu entender, non debe, en todo ou en parte, a cantidade reclamada, con apercibimento de que, de non pagar nin comparecer alegando as razóns da negativa ao pagamento, se despachará execución contra el.

Para que sirva de notificación en legal forma a Ambunova Servicios Sanitarios, S.L.U., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 15 de xuño de 2017

A letrada da Administración de xustiza