BDNS (Identif.): 351491.
De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo pode consultarse na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index):
Primeiro. Entidades beneficiarias
As entidades físicas ou as comunidades de propietarios, sempre que a actuación subvencionable se realice en vivendas ou edificios de vivenda colectiva e nas súas edificacións anexas da súa titularidade, sitos na Comunidade Autónoma de Galicia.
Segundo. Obxecto
Fomentar a renovación de cubertas con tella cerámica acadando melloras significativas na demanda enerxética dos edificios cos conseguintes aforros en termos económicos.
Terceiro. Bases reguladoras
Establécense nesta mesma orde de convocatoria.
Cuarto. Contía
A dotación orzamentaria é de 856.884,76 €.
O custo subvencionable máximo será de 55 € por m2 de cuberta. A contía da subvención será do 40 % dos custos totais subvencionables (IVE incluído, cando tal imposto sexa subvencionable).
Quinto. Prazo de presentación de solicitudes
O prazo para cubrir e validar as solicitudes será de tres meses desde o día seguinte ao da publicación desta orde no DOG, agás que se produza o suposto de esgotamento de crédito.
Santiago de Compostela, 19 de xuño de 2017.
Francisco José Conde López
Conselleiro de Economía, Emprego e Industria