Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Martes, 18 de xullo de 2017 Páx. 34619

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 117/2017).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento execución de títulos xudiciais 117/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Julián Ramos Zapata contra O Camiño 1, S.C., Eva María Lajos Carou e Rocío Campaña Laíño, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispostitiva é do teor literal seguinte:

«Decreto.

Letrada da Administración de xustiza María Teresa Vázquez Abades

Santiago de Compostela, 27 de xuño de 2017.

Parte dispositiva.

Acordo:

a) Declarar os executados O Camiño 1, S.C., Eva María Lajos Carou e Rocío Campaña Laíño, en situación de insolvencia parcial por importe de 1.814,61 euros en concepto de principal (honorarios letrado) máis outros 181,50 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, de ser o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reabrir a execución se no sucesivo se coñecen novos bens do executado.

c) Unha vez que sexa firme a presente resolución, inscribila no rexistro correspondente.

Notifíquese ás partes e fágaselles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións intentadas neles sen efecto serán válidas ata que non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similar, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación. Contra esta resolución cabe recurso directo de revisión, que se deberá interpor ante quen dita a resolución no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, con expresión da infracción cometida a xuízo do recorrente (artigo 188 da LXS).

O recorrente que non teña a condición de traballador ou beneficiario de réxime público da Seguridade Social deberá facer un depósito para recorrer de 25 euros, na conta nº 0049 3569 9200 0500 1274, no Banco Santander, S.A., e indicar no campo concepto “recurso” seguida do código “31 Social-Revisión de resolucións letrado da Administración de xustiza”. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo coa indicación “recurso” seguida do “31 Social-Revisión de resolucións letrado da Administración de xustiza”. Se efectúa diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un depósito por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, indicando no campo de observacións a data da resolución impugnada utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento en todo caso o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

A letrada da Administración de xustiza».

E para que sirva de notificación en legal forma a O Camiño 1, S.C., Eva María Lajos Carou e Rocío Campaña Laíño, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 27 de xuño de 2017

A letrada da Administración de xustiza