Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Martes, 18 de xullo de 2017 Páx. 34621

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (343/2015).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que mediante resolución ditada no día da data, no proceso seguido por instancia de José Antonio Segade Pulleiro contra Movilidad y Aparcamientos, S.L. e ACVIL Aparcamientos, S.L., en reclamación por ordinario, rexistrado co número de procedemento ordinario 343/2015, se acordou, en cumprimento do que dispón o artigo 59 da LXS, citar a Movilidad y Aparcamientos, S.L. y ACVIL Aparcamientos, S.L., en paradoiro ignorado, co fin de que compareza o día 26.9.2017, ás 10.45 horas, na planta baixa, sala 1 do edificio da rúa Berlín, para a realización dos actos de conciliación e, se é o caso, xuízo. Poden comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada e deberán acudir con todos os medios de proba de que intenten valerse, coa advertencia de que é única convocatoria e de que os devanditos actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

O seu interrogatorio como demandado.

Para tal efecto indícaselles que, se non comparecen, se poderán dar por certos os feitos da demanda en que tiveren intervido persoalmente e lle resultaren en todo ou en parte prexudiciais (artigo 91.2 da LXS).

Requíreselles para que acheguen ao acto do xuízo os seguintes documentos:

Os indicados pola parte demandante no seu escrito de demanda, cuxa copia lle foi entregada xunto coa notificación do 4.2.2016.

Advírtense os destinatarios de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

En caso de que pretendan comparecer ao acto do xuízo asistidas de avogado ou representadas tecnicamente por graduado social colexiado, ou representadas por procurador, porán esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou do tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para o xuízo, co obxecto de que, trasladada tal intención ao demandante, poida estar este representado tecnicamente por graduado social colexiado ou por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de valerse no acto de xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado.

E para que lle sirva de citación a Movilidad y Aparcamientos, S.L. e a ACVIL Aparcamientos, S.L., expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e a colocación no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Santiago de Compostela, 28 de xuño de 2017

A letrada da Administración de xustiza