Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Luns, 24 de xullo de 2017 Páx. 35313

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social

EXTRACTO da Orde do 18 de xullo de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras de subvencións para o investimento en centros de inclusión e emerxencia social e de programas que desenvolverán as corporacións locais para a inclusión social da poboación xitana, inmigrante e outras persoas en risco de exclusión, e se procede á súa convocatoria para os exercicios 2017/18 cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e Fondo Social Europeo 2014-2020.

BDNS (identif.): 356974.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións:

(http//www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index):

Primeiro. Entidades beneficiarias

As corporacións locais de ámbito municipal galegas que desexen implantar ou desenvolver algunha das actuacións mencionadas na orde. Enténdense incluídas as mancomunidades de concellos, e agrupacións de concellos baixo calquera fórmula, incluída a de fusión municipal.

As corporacións locais solicitantes deberán cumprir os seguintes requisitos:

a) Estaren inscritas no Rexistro de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais regulado polo Decreto 254/2011, do 23 de decembro, polo que se regula o réxime de rexistro, autorización, acreditación e inspección dos servizos sociais en Galicia.

b) Aquelas corporacións locais solicitantes de subvencións para un programa en favor da poboación inmigrante deberán acreditar a emisión de informes de arraigamento social e vivenda adecuada, que a Lei orgánica 4/2000, do 11 de xaneiro, sobre dereitos e liberdades dos estranxeiros en España e a súa integración social, e o Real decreto 557/2011, do 20 de abril, polo que se aproba o Regulamento que a desenvolve, establecen no ámbito da Comunidade Autónoma galega, así como unha porcentaxe mínima de poboación inmigrante empadroada segundo as seguintes regras:

1º. Concellos: superar o 2,5 % de poboación inmigrante e un mínimo de 170 persoas inmigrantes empadroadas no concello. No caso de non cumprir a porcentaxe anterior deberán ter polo menos 1.000 persoas estranxeiras empadroadas no municipio.

2º. Consorcios locais, mancomunidades e agrupacións de concellos: superar o 2,5 % de poboación inmigrante o 50 % dos concellos que integran a entidade supralocal e ter unha media de 200 persoas inmigrantes empadroadas.

c) As corporacións locais solicitantes da subvención para un programa dirixido á inclusión social de persoas en situación ou risco de exclusión social non poderán dispoñer para o seu termo municipal doutros dispositivos de natureza pública distintos dos propios dirixidos ao desenvolvemento dun programa cuxo contido sexa a prestación do servizo de apoio á inclusión sociolaboral.

Segundo. Finalidade

Establecemento e regulación de subvencións ás corporacións locais en réxime de concorrencia competitiva dirixidas á construción, reforma, adaptación e equipamento de centros de inclusión e emerxencia social e unidades funcionalmente vinculadas, así como ao desenvolvemento de programas polos servizos sociais de titularidade municipal que teñan por finalidade a inclusión sociolaboral de colectivos de elevada vulnerabilidade á exclusión social e laboral. Para os efectos desta orde, terán a consideración de colectivos de elevada vulnerabilidade aqueles que cumpran o establecido no artigo 3 da Lei 10/2013, do 27 de novembro, de inclusión social de Galicia, e particularmente persoas pertencentes a colectivos con dificultades de integración social como a comunidade xitana e a poboación inmigrante residente en Galicia.

Terceiro. Bases reguladoras

Orde do 18 de xullo de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras de subvencións para o investimento en centros de inclusión e emerxencia social e de programas que desenvolverán as corporacións locais para a inclusión social da poboación xitana, inmigrante e outras persoas en risco de exclusión, e se procede á súa convocatoria para os exercicios 2017/18 cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e Fondo Social Europeo 2014-2020.

Cuarto. Importe

Importe total: cinco millóns cincocentos cincuenta e sete mil seis euros con noventa e dous céntimos (5.557.006,92 €), coa seguinte distribución:

Programas dirixidos á inclusión social da comunidade xitana: 1.147.038,88.

2017

2018

Total

671.274,61

475.764,27

1.147.038,88

Programas dirixidos á inclusión social da poboación inmigrante: 1.037.426,85.

2017

2018

Total

553.294,32

484.132,53

1.037.426,85

Programas dirixidos á inclusión social de persoas en situación ou risco de exclusión social: 1.341.367,38.

2017

2018

Total

785.000,00

556.367,38

1.341.367,38

Programas complementarios de educación e apoio familiar dirixidos á inclusión social dos menores a cargo 1.358.454,86 €.

2017

2018

Total

795.000,00

563.454,86

1.358.454,86

Investimento en centros de inclusión e emerxencia social: 672.718,94 €.

2017

2018

Total

418.093,94

254.625,00

672.718,94

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

Un mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes de vencemento, non houbese día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes. Os sábados e festivos considéranse inhábiles para todos os efectos.

Santiago de Compostela, 18 de xullo de 2017

José Manuel Rey Varela
Conselleiro de Política Social