Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Luns, 21 de agosto de 2017 Páx. 40008

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Tributaria de Galicia

ANUNCIO do 12 de xullo de 2017, da Zona de Recadación de Vigo, polo que se dá a coñecer a celebración da poxa pública dos bens/dereitos que se describen.

O día 4 de outubro de 2017, ás 10.30 horas, nos locais da Zona de Recadación de Vigo (sita na rúa Areal, nº 62, local 3, de Vigo) celebrarase a poxa pública dos bens/dereitos que se describen a continuación:

Lote

Descrición

Valor

Cargas

Tipo 1ª

Tramos

1

Predio: 40410.

Concello: Ponteareas.

Referencia catastral: 1193022NG4609S0001B.

Natureza do predio: urbano-casa.

Localización:

Vía pública: rúa Amado Garra.

Número: s/n.

Código postal: 36860.

Superficie: 218 metros cadrados.

Superficie construída: 210 metros cadrados.

Estremas:

Norte: Daniel Novoa Suárez.

Sur: edificio número 6 da rúa Daniel Ojea.

Leste: edificio número 6 da rúa Daniel Ojea.

Oeste: rúa Luis Aguiar e comunidade de propietarios.

Casa, composta de planta semisoto de superficie de cento catro metros cadrados construídos e planta baixa de superficie de cento seis metros cadrados construídos e terreo unido a saíntes e alprende que todo unido forma un só predio de superficie de douscentos dezaoito metros cadrados sito na rúa Amado Garra da parroquia e Vila de Ponteareas.

Nome do titular: Pedro Miguel Carrera Goncalves.

NIF: 35575030X.

100 % do pleno dominio.

Título: herdanza.

Inscrición 1ª, tomo 1319, libro 411, folio 151.

Rexistro da Propiedade de Ponteareas.

108.900,00 €

Non constan

108.900,00 €

1.000,00 €

2

Predio de Vigo nº: 52948.

Urbano, antes rústico, a labradío e canaval, hoxe destinado a edificación, nomeado Campo de Ganoy ou da Presa, nesta cidade e concello de Vigo, que mide na actualidade (despois dunha segregación de catrocentos sesenta e seis metros cadrados contida na escritura autorizada polo notario Luciano Canoa Galiana de vinte e catro de abril de mil novecentos oitenta e cinco baixo o número 1715

59.104,50 €

Non constan.

Afeccións fiscais:

afecta por cinco anos a complementaria que, de ser o caso, puidera proceder, segundo

59.104,50 €

1.000,00 €

de orde do protocolo do seu compañeiro de residencia Alberto Casal Ribas, e outra de cento corenta e catro metros cincuenta decímetros cadrados contida na escritura autorizada polo notario Gerardo García Boente Sánchez de vinte e seis de xaneiro de mil novecentos oitenta e oito baixo o número 139 de orde do seu protocolo) a superficie de mil cento sesenta e sete metros cincuenta decímetros cadrados.

Estrema: norte, con terreos de Daniel Alonso González, antes de Don José Ribas; sur, de herdeiros de Francisco Ribas, hoxe da compañía mercantil Anca, S.L.; leste, con valado e rego en medio que separa doutro predio dos irmáns Ribas González; e oeste, de Eduardo Vázquez Gómez, Manuel Fernández Abella, Antonio Ribas Fernández e a compañía mercantil Frapejus, S.A.

Inscrita no Rexistro da Propiedade nº 1 de Vigo, tomo 1049, folio 119, predio 52948.

Titularidades:

Ribas González, María Teresa - 35811790P.

Tomo 1096, Libro 1096, Folio 150, alta 8.

Participación: 25,000000 % do pleno dominio.

Título: en virtude de mandamento do Xulgado de Primeira Instancia número dez de Vigo, no que se seguiu procedemento xudicial declarativo ordinario número 70/11 sendo a parte demandante Inversiones Playa Mar, S.L., e Basilio Martínez Serodio, e como demandados Alberto Casal Rivas e María Teresa Ribas González; e por sentenza ditada o vinte e catro de xaneiro de dous mil doce, por Ana Araceli Múñoz Martín, maxistrada xuíza do citado xulgado, que deveu a firme o dezanove de abril de dous mil doce, adxudicouse o citado predio a María Teresa Ribas González, con carácter privativo a citada cuarta parte indivisa deste predio, segundo resulta de mandamento do citado xulgado expedido o un de xuño de dous mil quince por Luis Diego Espino Hernández, secretario do dito xulgado e que o doce de xuño de dous mil quince produciu a inscrición 8ª do predio.

Sociedad de Gestión de Activos Procedentes de - A86602158.

Tomo 1096 libro 1096 folio 149 alta 6.

Participación: 75,000000 % do pleno dominio.

Título: adquirida por transmisión de activos.

Na inscrición 2ª consta que, na actualidade, logo dunha segregación de 144,50 metros cadrados, que non tubo acceso ao Rexistro, contida na escritura outorgada o 26 de xaneiro de 1988 ante o notario de Vigo Gerardo García Boente Sánchez, nº 139 do protocolo, a superficie de 1.167,50 metros cadrados.

Segundo documento privado suscrito o 15 de decembro de 1997 María Teresa Ribas González, dona con carácter privativo dunha cuarta parte indivisa do dito predio, véndeo a Basilio Martínez Serodio.

Segundo sentenza do Xulgado de Primera Instancia

nota do 20 de decembro de 2013, á marxe da inscrición 6ª do predio 52948.

Afecta por cinco anos a complementariedade que, de ser o caso, puidera proceder, segundo nota do 13 de febreiro de 2014, á marxe da inscrición 7ª do predio 52948.

Afecta por cinco anos á liquidación que puidera proceder, segundo nota do 12 de xuño de 2015 á marxe da inscrición 8ª do predio 52948.

número 10 de Vigo (nº 00014/2012) condena a María Teresa Ribas González (vendedora) a outorgar as escrituras de elevación a público das vendas realizadas ao debedor.

Segundo escritura outorgada o 13 de abril de 2016 ante o notario de Vigo, Fernando Olmedo Castañeda, número 790 do protocolo, María Teresa Ribas González e Basilio Martínez Serodio elevan a público o documento citado con anterioridade.

A anotación de embargo practicouse sobre o 25 % do pleno dominio titularidade de Basilio Martínez Serodio.

Rexistro da Propiedade nº 5 de Vigo.

3

Predio de Vigo nº: 64504/3

Urbano. Dous. Soto primeiro, ou menos profundo do edificio sinalado cos números 6 e 8 á avenida de Galicia, da cidade de Vigo. Destínase a garaxe-aparcadoiro e rochos, no que se sitúan un aseo, vestíbulo e ocos de escaleira e ascensor, que son elementos comúns, cunha superficie total construída de catrocentos trinta e dous metros con noventa e cinco decímetros cadrados, aproximadamente. Ten o seu acceso para vehículos desde a avenida de Galicia, mediante rampla que nace na entrada existente no vértice suroeste da planta baixa e, para peóns, a través do núcleo vertical de comunicación composto por escaleiras e ascensor.

Estrema: oeste ou fronte, a avenida de Galicia; leste ou fondo, herdeiros de Miguel Lago; sur ou dereita, vindo da avenida de Galicia, herdeiros de Manuel Lago; e norte ou esquerda, rúa Subida a Ponte. A participación de catro cincuenta e catro avas partes indivisas do dito local soto primeiro, concrétase no uso da praza de garaxe número dezasete, que mide a superficie útil de nove metros con noventa decímetros cadrados, aproximadamente, e estrema: fronte, en liña de 2,20 metros, zona común de acceso e manobra; fondo, en liña de 2,20 metros, muro de peche do edificio, dereita, en liña de 4,50 metros, praza de garaxe número dezaseis; e esquerda, en liña de 4,50 metros, praza de garaxe número dezaoito. Cota de participación de todo o soto: 8,13 por cento.

Nome titular: Tapias González, Francisco

NIF: 36138500A

Inscrición: tomo 2263, libro 1172, folio 119, predio 64504/3, alta 2.

100,000000 % (totalidade) do pleno dominio da dita participación de catro cincuenta e catro avas partes indivisas, por título de adxudicación por legado.

Formalizada en escritura autorizada en Vigo, polo notario José Manuel Piñeiro Prieto, nº de protocolo 825, con data 8 de xuño de 2009.

Rexistro da Propiedade nº 2 de Vigo.

15.600,00 €

Non constan

15.600,00 €

500,00 €

4

Predio de Vigo nº: 64504/6

Urbano. Dous. Soto primeiro, ou menos profundo do edificio sinalado cos números 6 e 8 da avenida

3.100,00 €

Non constan

3.100,00 €

500,00 €

de Galicia, da cidade de Vigo. Destínase a garaxe-aparcadoiro e rochos, no que se sitúan un aseo, vestíbulo e ocos de escaleira e ascensor, que son elementos comúns, cunha superficie total construída de catrocentos trinta e dous metros con noventa e cinco decímetros cadrados, aproximadamente.

Ten o seu acceso para vehículos desde a avenida de Galicia, mediante rampla que nace na entrada existente no vértice suroeste da planta baixa e, para peóns, a través do núcleo vertical de comunicación composto por escaleiras e ascensor.

Estrema: oeste ou fronte, a avenida de Galicia; leste ou fondo, herdeiros de Manuel Lago; sur ou dereita; vindo a avenida de Galicia, herdeiros de Manuel Lago; e norte ou esquerda, rúa Subida a Ponte.

A participación dunha cincuenta e catro ava parte indivisa do dito local soto primeiro, concrétase no rocho 1º E, que mide a superficie de tres metros con dez decímetros cadrados, aproximadamente. Estrema: fronte, zona común de acceso; fondo, muro de peche do edificio; dereita, cuarto rocho 3º B; e esquerda, cuarto rocho 3º D. Cota de participación de todo o soto: oito enteiros trece centésimas por cento.

Nome titular: Tapias González, Francisco.

NIF: 36138500A.

Inscrición: tomo 2263, libro 1172, folio 122, predio 64504/6, alta 2.

100,000000 % (totalidade) do pleno dominio da dita participación dunha cincuenta e catro ava parte indivisa, por título de adxudicación por legado.

Formalizada en escritura autorizada en Vigo, polo notario José Manuel Piñeiro Prieto, nº de protocolo 825, con data 8 de xuño de 2009.

Rexistro da Propiedade nº 2 de Vigo.

De conformidade co disposto no artigo 101 do Real decreto 939/2005, do 29 de xullo, polo que se aproba o Regulamento xeral de recadación, faise constar:

a) Están á disposición dos interesados na Zona de Recadación de Vigo, onde poden ser examinados ata o día anterior ao da poxa, os expedientes de constrinximento nos que constan os títulos de propiedade dos bens ou dereitos poxados e o estado das súas cargas e gravames, cos que se haberán de conformar, sen ter dereito a exixir outros.

b) Cando se trate de bens ou dereitos inscribibles nos rexistros públicos, os licitadores non poderán exixir outros títulos de propiedade que os achegados no expediente; que, de non estar inscritos os bens ou dereitos no rexistro, o documento público de venda é título mediante o que pode efectuarse a inmatriculación nos termos previstos na lexislación hipotecaria, e que, nos demais casos nos que sexa preciso, haberán de proceder, se lles interesa, como dispón o título VI da Lei hipotecaria para levar a cabo a concordancia entre o rexistro e a realidade xurídica.

c) As cargas e gravames que subsistisen ao crédito dos executantes continuarán subsistindo, entendéndose que o rematante os acepta e queda subrogado nas súas responsabilidades, sen destinarse á súa extinción o prezo do remate.

d) No tipo da poxa non se inclúen os impostos indirectos que graven a transmisión dos bens ou dereitos.

e) Obriga de constituír ante a mesa da poxa, con anterioridade a súa celebración, un depósito do 20 % do tipo da poxa. De forma motivada poderá reducirse este depósito ata un mínimo do 10 por cento. Se os adxudicatarios non satisfán o prezo do remate, o dito depósito aplicarase á cancelación da débeda, sen prexuízo das responsabilidades nas que incorrerán polos prexuízos que orixine a falta de pago do prezo do remate.

O depósito constituirase mediante cheque que cumpra os requisitos establecidos no artigo 35.1 do Regulamento xeral de recadación ou por calquera outro medio que se habilite para o efecto.

f) A poxa suspenderase en calquera momento anterior á adxudicación de bens ou dereitos se se fai o pago da contía establecida no artigo 169.1 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria.

g) O adxudicatario entregará, no acto da adxudicación ou dentro dos 15 días seguintes, a diferenza entre o depósito constituído e o prezo da adxudicación.

h) Admitiranse ofertas en sobre pechado. Neste caso a mesa de poxa substituirá os licitadores, puxando por eles na forma prevista para o efecto.

i) Logo da celebración da primeira licitación, a mesa poderá acordar a celebración dunha segunda licitación, previa deliberación da súa conveniencia. Neste caso admitiranse poxas que cubran o novo tipo, que será o 75 por cento do tipo da poxa na primeira licitación.

j) De conformidade co disposto nos artigos 104.7 e 107 do Regulamento xeral de recadación, se quedasen bens sen adxudicar, iniciarase o trámite de adxudicación directa polo prazo que se estime oportuno co límite de seis meses, podéndose presentar ofertas en sobre pechado a partir dese momento á mesa da poxa.

Vigo, 12 de xullo de 2017

Javier Sánchez García
Recadador de zona de Vigo