Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Xoves, 31 de agosto de 2017 Páx. 41072

III. Outras disposicións

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ORDE do 22 de agosto de 2017 pola que se convocan subvencións para o financiamento de programas de formación dirixidos prioritariamente a persoas traballadoras ocupadas, en materia de formación de oferta, e se establecen as bases reguladoras para a súa concesión (código de procedemento TR302A).

A formación profesional para o emprego conforma un dos elementos máis salientables das políticas activas de emprego como medida de mellora da empregabilidade das persoas desempregadas dentro da Estratexia europea de emprego e de acordo co Plan nacional de acción para o emprego. As iniciativas de formación profesional para o emprego diríxense á adquisición, mellora e actualización permanente das competencias e cualificacións profesionais, favorecendo a formación ao longo de toda a vida da poboación activa e conxugando as necesidades das persoas, das empresas, dos territorios e dos sectores produtivos.

Neste marco, a oferta formativa para traballadores ocupados ten por obxecto ofrecerlles unha formación que atenda aos requirimentos de produtividade e competitividade das empresas, ás necesidades de adaptación aos cambios no sistema produtivo e ás posibilidades de promoción profesional e desenvolvemento persoal dos traballadores, de forma que os capacite para o desempeño cualificado das distintas profesións e lles permita mellorar a súa empregabilidade.

A Lei 30/2015, do 9 de setembro, pola que se regula o sistema de formación profesional para o emprego no ámbito laboral, estableceu un marco normativo que trata de consolidar no sistema produtivo unha cultura de formación profesional e así favorecer a creación de emprego estable e de calidade. Esta lei ten como obxectivos a garantía do exercicio do dereito á formación das persoas traballadoras, ocupadas e desempregadas, en particular, dos máis vulnerables; a contribución efectiva da formación á competitividade das empresas; o fortalecemento da negociación colectiva na adecuación da oferta formativa aos requirimentos do sistema produtivo, así como a eficiencia e transparencia na xestión dos recursos públicos.

Entre as iniciativas de formación para o emprego que regula a antedita lei considérase a oferta formativa das administracións competentes para persoas traballadoras ocupadas, que se concreta no ámbito territorial de Galicia por medio desta convocatoria de subvencións.

Esta oferta formativa atende ás necesidades non cubertas pola formación programada polas empresas mediante programas de formación que inclúen accións formativas que respondan a necesidades de carácter tanto sectorial como transversal. Na oferta tamén poderán participar persoas desempregadas, ademais das persoas traballadoras ocupadas, dentro dos límites que se sinalan nas bases reguladoras.

O Real decreto 694/2017, do 3 de xullo, polo que se desenvolve a Lei 30/2015, do 9 de setembro, pola que se regula o sistema de formación profesional para o emprego no ámbito laboral, completa este marco regulador, aínda que non esgota o desenvolvemento regulamentario da devandita lei.

Este real decreto na súa disposición transitoria primeira regula o réxime transitorio dos procedementos e establece, no seu punto 1, que os procedementos de concesión de subvencións en materia de formación profesional para o emprego que se inicien a partir da súa entrada en vigor e con anterioridade á entrada en vigor da normativa que o desenvolva rexeranse, no que non estea regulado pola Lei 30/2015, do 9 de setembro, e no propio decreto, pola normativa que lles resulte de aplicación.

O devandito real decreto prevé o desenvolvemento polas administracións públicas competentes duna oferta formativa para persoas traballadoras, ocupadas, que atenda aos requirimentos de produtividade e competitividade das empresas, ás necesidades de adaptación aos cambios operados no posto de traballo e ás aspiracións de promoción profesional e desenvolvemento persoal das persoas traballadoras, de forma que as capacite para o desempeño cualificado das distintas profesións e a mellora da súa empregabilidade.

Como instrumentos de desenvolvemento da oferta formativa establécense tres tipos de programas de formación: sectoriais, transversais e de cualificación e recoñecemento profesional. O referido marco normativo prevé o financiamento destes programas mediante a aplicación do réxime de concesión de subvencións, cuxa execución se realizará mediante a convocatoria do órgano competente de cada comunidade autónoma conforme as bases reguladoras que se establezan mediante orde do titular do Ministerio de Emprego e Seguridade Social.

Non obstante, tendo en conta o previsto na citada disposición transitoria, mentres non se establezan as bases reguladoras previstas no artigo 8 do referido real decreto, resulta de aplicación a Orde TAS/718/2008, do 7 de marzo. Esta orde pola que se desenvolveu o derrogado Real decreto 395/2007, do 23 de marzo, en materia de formación de oferta, establece as bases reguladoras para a concesión de subvencións públicas destinadas ao seu financiamento.

O Real decreto 34/2008, do 18 de xaneiro, polo que se regulan os certificados de profesionalidade, inclúe aspectos relativos á impartición e avaliación das ofertas de formación profesional para o emprego correspondentes aos novos certificados de profesionalidade.

A Orde ESS/1897/2013, do 10 de outubro, desenvolve o Real decreto 34/2008, do 18 de xaneiro, polo que se regulan os certificados de profesionalidade e os reais decretos polos que se establecen certificados de profesionalidade ditados na súa aplicación.

A Comunidade Autónoma de Galicia asumiu as funcións e servizos transferidos pola Administración do Estado en materia de formación profesional ocupacional mediante o Decreto 69/1993, do 10 de marzo. O Decreto 175/2015, do 3 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía, Emprego e Industria, atribúe á Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral competencias relativas, entre outras materias, á formación profesional para o emprego.

O Parlamento de Galicia aprobou o 11 de maio de 2016 o Plan estratéxico de Galicia 2015-2020, que fixa como eixe 1 a «Empregabilidade e crecemento intelixente». Nel recóllese un modelo integral de desenvolvemento coa finalidade de superar a situación laboral previa á crise e a creación de postos de traballo sustentables.

Neste eixe recóllese como prioridade de actuación o aumento da empregabilidade e produtividade das persoas traballadoras de Galicia a través da formación e innovación constante, que, pola súa vez, marca como un dos seus obxectivos estratéxicos ou prioritarios o da mellora da calidade da formación profesional para o emprego, e como un dos eixes que agrupa os obxectivos estruturais, o da formación e o das oportunidades de emprego.

No caso do eixe da formación, prevese, entre outros obxectivos estruturais:

2.1. Incrementar o esforzo formativo na formación profesional para o emprego: incrementar a taxa de cobertura, o número de horas de formación por alumno/a e facilitar a accesibilidade á formación de persoas desempregadas e ocupadas.

2.2. Promover un mellor axuste da formación profesional para o emprego ás necesidades do mercado de traballo: revisión e adecuación da formación profesional para o emprego establecéndose unha oferta que teña en conta as peculiaridades do mercado laboral en eidos concretos.

2.3. Promover a formación acreditable oficialmente: adecuación da formación profesional para o emprego establecéndose unha oferta con especial prioridade á formación conducente a certificados de profesionalidade.

2.4. Promover a formación en alternancia: promover a formación en alternancia co emprego e a experiencia laboral.

2.5. Avanzar e consolidar a avaliación e recoñecemento das competencias profesionais.

2.6. Promover unha oferta formativa dirixida especialmente aos colectivos con maiores dificultades de inserción no mercado laboral.

2.7. Mellorar os sistemas de seguimento e avaliación da calidade da formación profesional para o emprego.

Pola súa parte, na Axenda da Competitividade «Galicia Industria 4.0», aprobada polo Consello da Xunta o 13 de maio de 2015, prevese a formación das persoas como un dos compoñentes necesarios do programa de reforzo das persoas e das organizacións, así como a necesidade de que o sistema formativo se oriente ás necesidades da industria, de maneira que cómpre que se impartan accións formativas vinculadas coa Industria 4.0. Doutra banda, no informe sobre a Axenda 20 para o Emprego, abordado no Consello de Goberno da Xunta de Galicia do 3 de marzo de 2016, incluíuse o reto 2 (Formación e capacitación como pancas de cambio).

De acordo con todo o anterior, a presente convocatoria recolle a experiencia obtida na xestión das subvencións dos plans de formación de ocupados convocadas pola Xunta de Galicia e actualiza os seus contidos de acordo coas novas necesidades e as novidades normativas derivadas da entrada en vigor da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Igualmente, adapta os seus contidos ao actual marco regulador da formación para o emprego establecido pola Lei 30/2015 e polo Real decreto 694/2017, realizando as modificacións precisas con respecto a anteriores convocatorias de plans de formación para persoas traballadoras ocupadas.

Con cargo a esta convocatoria financiaranse programas de formación sectoriais para satisfacer as necesidades de formación específica dun sector determinado, así como a reciclaxe e recualificación de traballadores procedentes de sectores en situación de crise e programas de formación transversais, integrados por accións formativas dirixidas á obtención de competencias transversais a varios sectores da actividade económica para favorecer a empregabilidade e mobilidade intersectorial das persoas traballadoras.

Financiaranse igualmente programas de formación transversais dirixidos a persoas traballadoras ou socias da empresas da economía social, que acheguen actividade económica e programas de formación transversais dirixidos a persoas traballadoras autónomas.

Por último, financiaranse programas de formación para a cualificación e o recoñecemento profesional co obxecto de favorecer que as persoas traballadoras avancen e completen a súa cualificación profesional, promovendo unha oferta de formación modular para a obtención de certificados de profesionalidade.

Consonte o establecido no artigo 5.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, a concesión de axudas e subvencións axustarase aos principios de publicidade, transparencia, concorrencia, obxectividade, igualdade e non discriminación. Resultará de aplicación a regulación contida na devandita lei e no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o seu regulamento, así como o establecido na Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

Consecuentemente con todo o anterior, logo de consultar o Consello Galego de Relacións Laborais e a Comisión Galega de Formación Profesional Continua, en exercicio das facultades que me confire o artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia,

DISPOÑO:

CAPÍTULO I

Disposicións xerais

Artigo 1. Obxecto e ámbito de aplicación

Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras e as condicións polas que se rexerá, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, a convocatoria pública de subvencións para o financiamento de programas de formación dirixidos prioritariamente a persoas traballadoras ocupadas e a súa execución, correspondentes aos exercicios de 2017 e 2018, xestionadas pola Consellería de Economía, Emprego e Industria (procedemento TR302A).

Artigo 2. Finalidade e principios

1. As subvencións teñen como finalidade financiar os programas de formación dirixidos prioritariamente a persoas traballadoras ocupadas, que ofrezan unha formación que atenda aos requirimentos de produtividade e competitividade das empresas, ás necesidades de adaptación aos cambios operados no posto de traballo e ás aspiracións de promoción profesional e desenvolvemento persoal das persoas traballadoras, de forma que as capacite para o desenvolvemento cualificado das distintas profesións e lles permita mellorar a súa empregabilidade.

2. A concesión das subvencións realizarase en réxime de concorrencia competitiva nos termos establecidos no artigo 19.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, respectando os principios de obxectividade, igualdade, transparencia e publicidade.

Artigo 3. Programas de formación

1. Poderán subvencionarse os seguintes programas de formación:

a) Os programas de formación sectoriais que estean dirixidos a cada un dos sectores que figuran no anexo II.

Cada un destes programas deberá estar composto por accións formativas dirixidas a persoas traballadoras, co fin de desenvolver accións formativas de interese xeral para un determinado sector e para satisfacer as súas necesidades de formación específica. As accións específicas destes programas tamén poderán dirixirse a reciclaxe e recualificación de traballadores procedentes de sectores en situación de crise.

b) Os programas de formación transversais integrados por accións formativas dirixidas á obtención de competencias transversais a varios sectores da actividade económica que deben ser obxecto de atención prioritaria para dar resposta ás tendencias identificadas e favorecer a empregabilidade e mobilidade intersectorial das persoas traballadoras.

Así mesmo, estes programas poderán incluír accións formativas dirixidas á obtención das competencias clave para o acceso aos certificados de profesionalidade.

c) Os programas de formación transversais dirixidos a persoas traballadoras ou socias das empresas da economía social, sempre que acheguen actividade económica.

d) Os programas de formación transversais dirixidos a persoas traballadoras autónomas.

e) Os programas de formación para a cualificación e o recoñecemento profesional, integrados por unha oferta específica de formación modular para a obtención de certificados de profesionalidade. Nestes programas o contido específico dunha acción formativa corresponderase cun módulo formativo completo.

2. Cada un dos programas requirirá unha solicitude independente e cada centro ou entidade non poderá solicitar máis de catro programas de formación sectoriais, un programa de formación transversal e un programa de formación para a cualificación e recoñecemento profesional.

3. As accións formativas que poden incorporarse a estes programas de formación son as indicadas, para cada un deles, na relación publicada na web da Consellería de Economía, Emprego e Industria. Cada un dos programas de formación deberá conter un mínimo de cinco accións formativas.

Artigo 4. Financiamento

1. Ás subvencións obxecto desta convocatoria destínase un crédito por importe total de 22.500.000 €, distribuído en dúas anualidades, que se imputarán ás aplicacións orzamentarias seguintes, co código de proxecto 201300493:

Aplicación orzamentaria

Anualidade 2017

Anualidade 2018

Importe total

09.41.323B.471.0

9.500.000,00 €

4.750.000,00 €

14.250.000,00 €

09.41.323B.481.0

5.500.000,00 €

2.750.000,00 €

8.250.000,00 €

Total

15.000.000,00 €

7.500.000,00 €

22.500.000,00 €

2. Os anteditos créditos poderán ser obxecto de modificacións como consecuencia da asignación ou da redistribución de fondos para o financiamento dos programas de formación para o emprego, coas limitacións que estableza a Conferencia Sectorial de Asuntos Laborais nos supostos e nas condicións previstas nos artigos 30 e 31 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento de subvencións de Galicia.

3. A distribución inicial do financiamento entre os distintos tipos de programas de formación previstos é a seguinte:

a) Programas de formación sectoriais 9.000.000,00 euros, consonte a distribución inicial sinalada no anexo II.

b) Programas de formación transversais, dirixidos prioritariamente a persoas traballadoras ocupadas: 4.500.000,00 euros.

c) Programas de formación transversais dirixidos a persoas traballadoras ou socias das empresas da economía social: 1.000.000,00 euros.

d) Programas de formación transversais dirixidos a persoas traballadoras autónomas: 3.500.000,00 euros.

e) Programa de formación para a cualificación e recoñecemento profesional en que se imparta formación parcial acumulable asociada á obtención de certificados de profesionalidade: 4.500.000,00 euros.

Artigo 5. Entidades beneficiarias: requisitos e acreditación

1. Poderán ser beneficiarios das subvencións reguladas nesta orde os centros e as entidades de formación privadas, acreditadas e/ou inscritas pola Administración pública competente, para impartir formación profesional para o emprego no ámbito laboral en Galicia nas especialidades formativas obxecto da formación.

2. Igualmente poderán ser beneficiarios os centros e entidades de formación que presentasen a declaración responsable sobre o cumprimento dos requisitos exixidos para a súa inscrición no rexistro para impartir especialidades formativas non dirixidas á obtención de certificados de profesionalidade, consonte o disposto no artigo 15 da Lei 30/2015, do 9 de setembro, pola que se regula o sistema de formación profesional para o emprego no ámbito laboral.

3. Para os programas de formación para a cualificación e recoñecemento profesional, así como para calquera tipo de programa en que se imparta formación parcial acumulable asociada á obtención de certificados de profesionalidade, as entidades de formación deberán estar acreditadas con anterioridade á data de publicación da presente convocatoria para aqueles certificados de profesionalidade que constitúan o obxecto da solicitude de subvención. En todo caso, as instalacións que presente a entidade, na solicitude, para levar a cabo a execución do programa non se poderán modificar durante o seu desenvolvemento.

Así mesmo, as entidades deberán cumprir por cada certificado de profesionalidade, polo menos, os requisitos establecidos nos reais decretos reguladores de cada certificado de profesionalidade na impartición de formación correspondente á mesma familia profesional.

4. Non poderán obter a condición de beneficiarias as entidades en que concorra algunha das circunstancias recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

A xustificación polas entidades solicitantes de non estar incursos en ningunha das anteditas circunstancias realizarase mediante unha declaración responsable que deberá incluír no modelo de solicitude que se contén no anexo I, cuxo contido deberá respectar o que establece o artigo 69 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, así como referirse á capacidade suficiente, en termos económicos, técnicos, de recursos humanos, materiais e organizativos, para asumir a xestión das actividades formativas que solicita.

5. Non se autorizarán cambios de titularidade de centros e entidades no tempo que transcorra entre a presentación da solicitude da subvención e a finalización das actividades formativas subvencionadas.

CAPÍTULO II

Contido dos programas de formación

Artigo 6. Accións formativas

1. Para os efectos desta norma enténdese por acción formativa a dirixida á adquisición e mellora das competencias e cualificacións profesionais das persoas traballadoras. Pódese estruturar en varios módulos formativos con obxectivos, contidos e duración propios.

A acción formativa está constituída polo contido específico e os módulos transversais. Unha acción formativa poderá impartirse a un ou varios grupos, segundo o número de veces que se repita a dita acción.

2. As accións formativas que poden incorporarse aos programas de formación son as indicadas, para cada un deles, na relación publicada na web da Consellería de Economía, Emprego e Industria coa duración, contidos e requisitos de impartición establecidos e referenciados nel, así como nos reais decretos de aprobación dos certificados de profesionalidade respecto das accións formativas dirixidas á súa obtención.

3. A participación da persoa traballadora en accións formativas de formación para o emprego non será superior a 8 horas diarias e 25 semanais, calquera que sexa a modalidade de impartición.

Artigo 7. Modalidades de impartición

1. As modalidades de impartición poderán ser presenciais ou mixtas. Non obstante, os contidos específicos vinculados a certificados de profesionalidade impartiranse na modalidade presencial.

2. Cando a formación se desenvolva parcialmente mediante teleformación, esta modalidade de impartición deberá realizarse a través dunha plataforma virtual de aprendizaxe que posibilite a interactividade do alumnado, titores e recursos situados en distinto lugar e que asegure a xestión dos contidos, un proceso de aprendizaxe sistematizado para os participantes, o seu seguimento continuo e en tempo real, así como a avaliación de todo o proceso.

A impartición deberá contar cunha metodoloxía apropiada para esta modalidade, complementada con asistencia titorial, e deberá cumprir os requisitos de accesibilidade e deseño universal. As persoas responsables da titorización-formación que impartan a parte de teleformación deberán acreditar unha formación de 30 horas, como mínimo, ou 150 horas de experiencia nesta modalidade e na utilización das tecnoloxías da información e comunicación.

En cada acción formativa que se imparta, en modalidade mixta, o número de horas de teleformación será como máximo o 75 % das horas da acción formativa. Nesta porcentaxe incluirase o número de horas de docencia e de titorías correspondentes a teleformación.

Na modalidade mixta, a teleformación entenderase aplicada cando o proceso de aprendizaxe das accións formativas se desenvolva a través de tecnoloxías de información e comunicación.

3. As accións formativas presenciais ou mixtas organizaranse en grupos cun mínimo de 8 participantes e cun máximo de 25 participantes, agás o previsto no artigo 8 desta orde.

Non obstante, naquelas accións formativas en que participen como docentes profesionais de alto prestixio e que por motivos de economía sexa conveniente agrupar o alumnado en grupos máis numerosos, poderá superarse o número máximo logo de autorización expresa da persoa titular da Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral.

En cada acción formativa o número de alumnos iniciados non poderá ser superior ao número de alumnos orzado.

4. En todas as modalidades de impartición se deberán incluír as evidencias necesarias para comprobar que o alumnado recibe a formación impartida.

En todas as modalidades se programará un control por módulo formativo. Na formación mixta deberán realizarse os controis exixidos para cada unha das modalidades que a compoñan. No mesmo control non se poderán avaliar contidos correspondentes a módulos distintos. En particular, na teleformación, incluída na modalidade mixta, programarase un control periódico de aprendizaxe cada 15 horas de formación ou fracción, entendendo como fracción cada unidade inferior ou igual a 15 horas. O número de controis de aprendizaxe programados das horas de teleformación debe ser coincidente cos presentados telematicamente.

5. En todo caso, na solicitude deberá especificarse expresamente a modalidade pola que optan e, se é mixta, indicarán o número de horas presenciais e o número de horas de teleformación e a porcentaxe que representan cada unha delas sobre o total.

Artigo 8. Formación asociada a certificados de profesionalidade

1. As accións formativas en que se imparta formación parcial acumulable asociada á obtención de certificados de profesionalidade poderán organizarse en grupos cun mínimo de 10 participantes e co número máximo de participantes para os que foi acreditado o centro onde se imparta, ata un máximo de 15.

2. Segundo o artigo 30 da Orde ESS/1897/2013, do 10 de outubro, pola que se desenvolve o Real decreto 34/2008, do 18 de xaneiro, polo que se regulan os certificados de profesionalidade e os reais decretos polos que se establecen certificados de profesionalidade ditados na súa aplicación, cada módulo formativo do certificado de profesionalidade poderá ser impartido, como máximo, por dous formadores.

3. Nas accións formativas de especialidades vencelladas a novos certificados de profesionalidade, as persoas que teñan xa cursado con aproveitamento algún módulo formativo dos que integran a especialidade que estean cursando non poderán volver realizalo, sempre que esa formación sexa acreditable para os efectos da obtención dos certificados de profesionalidade.

4. A avaliación da formación nas accións formativas en que se imparta formación parcial acumulable asociada á obtención de certificados de profesionalidade realizarase coas singularidades previstas neste artigo e na Orde ESS/1897/2013.

5. As persoas que impartan as accións formativas levarán a cabo unha avaliación sistemática e continua do alumnado, que será realizada por módulos formativos e, se é o caso, por unidades formativas, co obxecto de comprobar os resultados de aprendizaxe e, en consecuencia, a adquisición das competencias profesionais.

6. A avaliación basearase nunha planificación previa que levará consigo tanto unha avaliación durante o proceso de aprendizaxe como unha avaliación ao final de cada módulo, tomando como referentes as capacidades e criterios de avaliación establecidos nel.

7. Os métodos e instrumentos de avaliación, os sistemas de cualificación e superación de módulos formativos e a documentación do proceso de avaliación serán os establecidos no título III da Orde ESS/1897/2013.

8. Os formadores e formadoras reflectirán documentalmente os resultados obtidos polo alumnado na avaliación de cada un dos módulos formativos e, se é o caso, unidades formativas do certificado, no cal se incluirá o desempeño do alumnado nos distintos instrumentos de avaliación aplicados, coas correccións e puntuacións obtidas neles.

9. Os formadores e formadoras elaborarán unha acta de avaliación en que quedará constancia dos resultados obtidos polo alumnado. A acta, que estará asinada pola persoa que impartiu a formación e pola persoa responsable do centro ou entidade en que a acción formativa se impartise, incluirá a identificación dos alumnos e alumnas co nome, apelidos, DNI e resultados en cada un dos módulos ou, se é o caso, unidades formativas, en termos de apto ou non apto.

10. O seguimento e avaliación do alumnado no módulo de formación práctica en centros de traballo será realizado conxuntamente polos titores designados polo centro de formación e pola empresa, e reflectirase documentalmente para os efectos da certificación da formación.

Artigo 9. Módulo formativo transversal

1. Para dar cumprimento ao establecido no artigo 26 do Decreto lexislativo 2/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma en materia de igualdade, na totalidade das actividades formativas de formación profesional para o emprego ou de inserción laboral activa financiadas pola Consellería de Economía, Emprego e Industria introducirase un módulo formativo transversal sobre igualdade de oportunidades entre mulleres e homes e sobre corresponsabilidade familiar e doméstica.

2. Nas accións formativas cuxo contido específico sexa de duración menor ou igual a cincuenta horas introducirase o módulo de 5 horas (FCOXXX11) e nas accións formativas cuxo contido específico sexa de duración superior a cincuenta horas, introducirase o módulo de dez horas (FCOXXX15).

3. O alumnado deberá realizar o dito módulo agás que acredite documentalmente estar en posesión dun diploma oficial que acredite formación en materia de igualdade, de duración igual ou superior ás horas que debe realizar, ou teña xa cursado algún destes módulos da Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral. En calquera dos casos non poderá realizalo de novo.

4. O módulo transversal impartirase ao final da acción formativa. A persoa titular da Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral poderá autorizar a modificación da orde de impartición, debido a circunstancias excepcionais debidamente xustificadas.

5. A documentación de referencia do devandito módulo poderase consultar en:

http://emprego.ceei.xunta.gal/modulos-transversais

Artigo 10. Módulos de formación práctica

1. As prácticas incluídas no programa formativo poderán desenvolverse, de acordo cos requisitos do programa e respectando a súa duración, en empresas ou en entidades públicas. Poderanse realizar en calquera especialidade e a súa externalización terá carácter voluntario para os centros e entidades impartidoras e obrigatorio para o alumnado, no caso de que o centro opte pola súa realización.

No suposto do módulo de prácticas profesionais non laborais correspondentes aos novos certificados de profesionalidade, será obrigatoria a impartición en centros de traballo.

2. Con dez días hábiles de antelación á data prevista para a realización das prácticas, o centro impartidor presentará a correspondente comunicación á Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral, debendo xuntar a seguinte documentación:

– Documento acreditativo do responsable da empresa ou organismo público con que se conveniou para a realización das prácticas en que se faga constar a súa autorización para realizalas.

– Sistema de titorías para o seu seguimento e avaliación.

– Datas, lugar de realización, horario e duración.

– Documento que acredite a vixencia do seguro de accidentes do alumnado que cubra os riscos da actividade formativa. Deberá incluír os riscos do traxecto ao lugar de realización das prácticas e contraerase estritamente durante o período de duración das prácticas.

– Documento que acredite a contratación por parte do centro ou entidade impartidora dunha póliza de responsabilidade civil para facer fronte aos riscos que para os bens e as persoas poidan derivar da realización das prácticas en empresas. Non se admitirán pólizas con franquías.

– Licenza municipal de apertura da actividade de que se trate, ou, na súa falta, declaración responsable do seu representante legal en que se faga constar a idoneidade dos locais de impartición onde se van desenvolver as prácticas no caso de empresas, ou calquera outro documento acreditativo da idoneidade dos locais para a realización das prácticas, no caso de centros públicos.

– Xustificación de que a empresa en que se realizarán as prácticas cumpre coa normativa de prevención de riscos laborais.

3. A entidade beneficiaria deberá introducir no SIFO os datos relativos ao alumnado que desenvolva o módulo de prácticas.

4. As empresas onde teñan lugar as prácticas deberán reunir os requisitos establecidos no programa da especialidade da que se van realizar as prácticas.

5. O módulo de formación práctica non implica relación laboral coa empresa nin supón compensación económica aos participantes pola súa formación práctica, salvo no previsto sobre bolsas e axudas se se trata de persoas desempregadas.

6. No caso de persoas traballadoras ocupadas, cando o módulo de formación práctica en centros de traballo poida realizarse na mesma empresa da persoa traballadora e non teña relación co posto de traballo que desempeña, non formará parte do horario laboral, salvo que se estableza no ámbito da negociación colectiva.

7. Os centros e entidades deberán imputar os gastos por este concepto como custos directos ao orzamento da actividade formativa en que estean incluídas.

8. A duración das prácticas non pode exceder en ningún caso a duración da parte práctica que se fixa no programa formativo e non poderán rematar con posterioridade á finalización da actividade formativa.

9. Antes do comezo das prácticas a entidade beneficiaria da subvención porá en coñecemento da Inspección de traballo unha relación do alumnado que vai realizar as prácticas, e o nome/s da/s empresa/as en que realizarán as prácticas, localidades, datas e horario de realización.

10. As empresas en que se realicen as prácticas comunicarán aos representantes legais dos traballadores na empresa unha relación do alumnado que vai realizar as prácticas, as datas e horario de realización.

11. Unha vez comunicadas as prácticas, os centros e entidades deberán comunicar ao órgano competente calquera incidencia que se produza no seu desenvolvemento.

Artigo 11 Módulos de formación práctica nas accións formativas vinculadas á obtención dos certificados de profesionalidade

1. En todos os programas de formación a entidade beneficiaria deberá facilitar a realización do módulo de formación práctica a aqueles participantes que no momento da impartición da formación completen a totalidade dos módulos dun certificado de profesionalidade e non estean exentos da realización do módulo de formación práctica, sempre que o dito módulo estea incluído no programa de formación.

Cando se oferte un certificado de profesionalidade completo, incluirase obrigatoriamente o módulo de formación práctica no centro de traballo, asociado ao último módulo formativo.

2. A exención do módulo de formación práctica no centro de traballo realizarase nas condicións e cos requisitos establecidos no artigo 5.bis do Real decreto 34/2008, do 18 de xaneiro, polo que se regulan os certificados de profesionalidade. As horas correspondentes á realización das prácticas dos participantes exentos non serán financiables.

3. A impartición do módulo de formación práctica en centros de traballo nas accións formativas vinculadas á obtención dos certificados de profesionalidade axustarase aos requisitos previstos no anterior artigo 10, ao establecido na Orde ESS/1897/2013 e ao estipulado no Real decreto regulador de cada certificado de profesionalidade.

4. O alumnado só poderá realizar o modulo de prácticas unha vez superados o resto dos módulos formativos do certificado de profesionalidade. O módulo de formación práctica en centros de traballo deberá iniciarse nun prazo non superior a catro meses naturais desde a finalización do último módulo formativo. Para determinados certificados de profesionalidade que, pola súa natureza, presenten dificultades para o cumprimento do antedito prazo poderá solicitarse á Administración competente unha autorización para a súa ampliación. Deberá estar, en todo caso, finalizado o 30 de setembro de 2018.

5. O titor deste módulo será o designado polo centro de formación entre os formadores ou titores-formadores que impartirán os módulos formativos do certificado de profesionalidade correspondente.

6. O titor do módulo de formación práctica en centros de traballo será responsable de acordar co titor designado pola empresa o programa formativo deste módulo.

Para establecer o programa formativo consideraranse as capacidades, criterios de avaliación e contidos establecidos para este módulo no certificado de profesionalidade. O dito programa debe incluír criterios para a avaliación, observables e medibles, e recoller, polo menos, a información que se indica no anexo VIII da Orde ESS/1897/2013.

7. O alumnado que supere o módulo de prácticas recibirá unha certificación asinada polo titor do centro, o titor designado pola empresa e o responsable da empresa, segundo o modelo que figura no anexo IX da Orde ESS/1897/2013.

CAPÍTULO III

Importe da subvención

Artigo 12. Determinación do importe da subvención

1. O importe da subvención para a execución de programas de formación determinarase tendo en conta:

a) O conxunto das subvencións solicitadas.

b) A avaliación técnica obtida polo respectivo programa de formación segundo os criterios recollidos nesta convocatoria.

c) Os módulos económicos máximos previstos neste artigo.

2. Os módulos económicos aplicables son os que figuran no ficheiro de especialidades formativas publicado na web da Consellería de Economía, Emprego e Industria, para cada unha delas, e non poderán superar os máximos determinados pola Orde TAS/718/2008, do 7 de marzo, pola que se desenvolve o Real decreto 395/2007, do 23 de marzo, polo que se regula o subsistema de formación profesional para o emprego, en materia de formación de oferta e na Orde ESS/1897/2013.

O importe das accións formativas concretarase no produto de horas polo número de persoas alumnas e polo importe do módulo que lle correspondan á especialidade.

3. Non obstante, para aquelas actividades formativas que carezan de módulos económicos aprobados e publicados no referido ficheiro de especialidades formativas, os módulos económicos máximos (custo por participante e hora de formación) aplicables para efectos de liquidación das subvencións concedidas para o financiamento dos programas serán os que a continuación se establecen en función da modalidade de impartición e nivel da formación:

Modalidade

Nivel de formación

Básico

Medio-superior

Presencial

6 euros

8 euros

Mixta

Aplicaranse, como máximo, os módulos anteriores en función das horas de formación presencial.

En canto ás horas de teleformación, o módulo aplicable será de 5 euros máximo por hora.

Excepcionalmente, a persoa titular da Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral poderá autorizar un incremento de ata un 50 % do módulo económico superior da modalidade presencial de formación, en función da singularidade de determinadas accións formativas que, pola súa especialidade e características técnicas precisen un financiamento superior.

Na modalidade de impartición presencial, o módulo de «nivel básico» aplicarase cando se trate de impartir formación en materias transversais ou xenéricas, que capaciten para desenvolver competencias e cualificacións básicas.

O módulo de «nivel medio-superior» aplicarase cando a formación incorpore materias que impliquen especialización e/ou capacite para desenvolver competencias de programación e/ou dirección.

4. O módulo de prácticas non laborais en empresas das accións formativas conducentes á obtención de novos certificados de profesionalidade financiarase con 2,11 euros por alumno/a e hora de prácticas, efectivamente titorizadas, que se destinará ao financiamento dos custos da actividade da titorización das prácticas. Excluiranse deste cómputo as horas correspondentes ás prácticas non realizadas polos participantes exentos.

5. A valoración económica dos módulos transversais será a mesma dos módulos da acción formativa no que se inclúan.

Artigo 13. Custos subvencionables

1. Só serán subvencionables os custos reais, efectivamente realizados e pagados no período de execución que estean xustificados mediante facturas ou documentos contables de valor probatorio equivalente, que respondan á natureza da actividade subvencionada e que resulten estritamente necesarios.

Unicamente resultarán subvencionables os custos directos e asociados das accións formativas que se reflicten nos seguintes artigos desta orde, comprendidos entre o número 14 e o número 25.

2. Os custos subvencionables agrúpanse segundo a seguinte clasificación:

I. Custos directos da acción formativa.

A. Custos directos de docencia.

1. Impartición.

2. Preparación e titorías.

B. Custos directos de amortización.

C. Custos directos de medios didácticos.

D. Custos directos de alugamento e arrendamento financeiro.

E. Custos directos de seguros.

F. Custos directos de publicidade.

G. Incremento de custos directos para adaptación das accións formativas.

II. Custos asociados á actividade formativa.

H. Custos de persoal de apoio asociados á actividade formativa.

I. Custos financeiros asociados á actividade formativa.

J. Outros custos asociados á actividade formativa.

III. Outros custos subvencionables.

K. Avaliación e control.

L. Conta xustificativa auditada.

3. A suma dos custos asociados á actividade formativa non poderá superar o 10 % do custo total da actividade formativa subvencionable realizada e xustificada.

4. Non resultarán subvencionables os custos que incumpran o previsto nesta orde e na restante normativa que resulta de aplicación. En particular, non serán financiables os seguintes custos:

a) Os que non sexan reais, non fosen efectivamente realizados e pagados.

b) Os que non estean xustificados debidamente.

c) Os que superen o valor de mercado.

d) Os realizados ou pagados antes da data de notificación da resolución ou acordo de concesión da subvención ou despois da finalización do prazo de xustificación, sen prexuízo do disposto sobre os xustificantes de gastos anteriores ou posteriores á acción formativa que lle sexan aplicables ao período de execución da actividade subvencionada.

e) Os gastos das contratacións cando estas estivesen prohibidas ou non se realizasen cos requisitos exixibles, en especial sempre que exista vinculación entre perceptor e o pagador e os custos superen o valor de mercado.

f) Os impostos indirectos cando sexan susceptibles de recuperación ou compensación.

g) Os xuros debedores de débedas bancarias.

h) Os xuros, recargas, sancións administrativas e penais.

i) En contías de exceso, os custos indirectos ou asociados que superen os límites previstos na presente orde, conforme corresponda, dos gastos da actividade formativa subvencionada.

j) Os custos de administración e dirección cando se refiran exclusivamente a tarefas de xestión da subvención.

5. Nos conceptos de custos de docencia (impartición, preparación e titorías), de adaptación das accións formativas, de persoal de apoio e de avaliación e control, o límite máximo de imputación de custos de persoal será, con carácter xeral de 42 euros por hora imputable e, excepcionalmente, logo de autorización da Administración actuante, poderá chegar a 80 euros por hora imputable se existe unha xustificación en relación coa especialidade ou especificidade do curso ou a calidade do persoal docente e logo de autorización da Administración actuante.

Este límite aplicarase tanto ao persoal contratado por conta allea como ás persoas docentes contratadas que traballen por conta propia.

Artigo 14. Custos directos de docencia da acción formativa (A)

1. No concepto de custos directos de docencia da acción formativa imputaranse as retribucións das persoas formadoras, internas e externas, que poderán incluír salarios, parte proporcional das pagas extras en relación co tempo de traballo efectivo, seguros sociais, axudas de custo e gastos de locomoción e, en xeral, todos os custos imputables no exercicio das actividades que se sinalan no artigo 15 desta orde.

Unha porcentaxe mínima do custo subvencionado para cada acción formativa deberá empregarse exclusivamente en custos de docencia, de xeito que, de non acadarse esa porcentaxe, aboarase unicamente a cantidade xustificada. A porcentaxe mínima de custo docente dependerá do número de alumnos e será a que resulte da seguinte fórmula: 4.200/(8 * número de alumnos). En ningún caso a porcentaxe mínima do custo docente superará o 35 % do custo subvencionado malia que, por aplicación da fórmula, resultase un porcentaxe superior.

2. A remuneración mensual habitual percibida polo persoal propio da entidade beneficiaria non poderá ser incrementada durante o período de execución da acción formativa, agás que, por norma ou modificación do convenio colectivo, así se estableza. En todo caso, non serán admisibles aqueles custos salariais que supoñan unha maior retribución, en función da execución da subvención.

Non serán subvencionables os complementos ou pluses salariais que non estean expresamente previstos na lexislación laboral, nos convenios colectivos que resulten de aplicación ou no contrato da persoa traballadora.

No suposto de baixas por incapacidade temporal e maternidades non se poderán imputar as retribucións dos formadores correspondente ao tempo que permaneza de baixa. Tampouco serán subvencionables as vacacións pagadas pero non desfrutadas.

3. Todos os custos de docencia deberán presentarse debidamente desagregados, identificados e acompañados do cálculo da imputación realizada, a partir do custo/hora aplicado e o número de horas dedicadas á acción formativa correspondente. En ningún caso estes custos poderán ser superiores ao prezo de mercado.

4. No caso do persoal interno, a entidade beneficiaria deberá crear, documentar e custodiar un sistema con valor probatorio suficiente para acreditar as horas dedicadas por cada persoa diariamente a estes labores de preparación e titorías e as tarefas realizadas, así como o seu custo. O sistema deberá contar con partes diarios de traballo asinados polas persoas traballadoras.

Artigo 15. Actividades de docencia: subconceptos de imputación

1. No subconcepto de impartición (A1) imputaranse os custos das actividades docentes de impartición e de titorización-formación en teleformación. Neste subconcepto incluiranse, igualmente, os custos da actividade de titorización do módulo de formación práctica en centros de traballo.

Unicamente se incluirán neste subconcepto os gastos relativos ao persoal docente incluído no documento de inicio da acción formativa e, se é o caso, posteriores modificacións, inseridas na aplicación informática SIFO e ao persoal que titorice as prácticas debidamente comunicado.

2. No subconcepto de preparación e titorías (A2) incluiranse os custos de preparación de clases, avaliación de alumnado e titorías que sexan necesarias para o reforzo dos contidos formativos ou para o módulo de formación práctica, imputadas polo persoal docente da actividade formativa.

As actividades de preparación de clases, titorías para o reforzo formativo e avaliación dos contidos formativos aos alumnos só poderán ser executadas polo docentes incluídos no documento comunicación de inicio da acción formativa, ou nas súas modificacións. Cada docente preparará as clases, realizará as titorías e avaliará os contidos formativos aos alumnos en relación con aqueles módulos que teña autorizado impartir.

As titorías para o reforzo dos contidos formativos deberán realizarse na mesma xornada da acción formativa, previo ao seu inicio ou a continuación desta, sempre no mesmo horario da acción formativa de mañá ou tarde.

3. O número de horas imputadas polas actividades incluídas no subconcepto de preparación e titorías (A2) non poderá superar 20 % do total de horas programadas para a docencia da acción subvencionada.

4. Na parte de teleformación da modalidade mixta, as horas de dedicación das persoas responsables da titorización-formación serán imputadas no subconcepto de impartición (A1) e unicamente se incluirá no subconcepto de preparación e titorías (A2) os custos de preparación e avaliación.

5. Os custos de coordinación da acción formativa ou do programa de formación incluiranse nos custos de persoal de apoio asociados á actividade formativa, previstos no artigo 22 desta orde.

Artigo 16. Custos directos de amortización (B)

1. Gastos de amortización de equipamentos didácticos e plataformas de teleformación, aulas, talleres e demais superficies calculados con criterios de amortización aceptados nas normas de contabilidade. Estes gastos deberán presentarse debidamente desagregados por acción formativa e imputaranse polo número de participantes no caso de uso individual dos equipos ou plataformas.

A imputación de custos relativos a plataformas de teleformación admitiranse unicamente nos supostos de accións formativas que se impartan na modalidade mixta e referidas exclusivamente ás horas de teleformación, xa que a súa utilización se configura como un requirimento indispensable para a impartición da formación nesta modalidade.

Non se admitirá, en ningún caso, a imputación de custos de licenzas das referidas plataformas nas accións formativas que se impartan na modalidade presencial.

2. No suposto de que se imputen gastos de amortización de plataformas de teleformación deberanse achegar as claves de acceso á correspondente plataforma antes do inicio da acción formativa.

3. A cifra máxima dos custos previstos neste artigo non poderá superar o 10 % da subvención concedida para a acción formativa. Os gastos de amortización deberán corresponderse con bens amortizables rexistrados na contabilidade da entidade beneficiaria da subvención.

4. Os gastos de amortización subvencionados deberán ser proporcionais ás superficies e elementos estritamente necesarios para a execución da actividade subvencionada e ao período de execución desta.

5. Non se imputarán gastos de amortización de bens adquiridos con subvencións ou axudas públicas.

6. A amortización realizarase seguindo as normas de contabilidade xeralmente aceptadas, para tales efectos será admisible a aplicación do método de amortización segundo as táboas oficialmente establecidas polo Real decreto 1777/2004, do 30 de xullo, polo que se aproba o Regulamento do imposto de sociedades.

A Dirección Xeral poderá exixir a xustificación das amortizacións, así como unha planificación da vida útil do ben.

Artigo 17. Custos directos de medios didácticos (C)

1. Gastos de medios didácticos e/ou adquisición de materiais didácticos, así como os gastos en bens consumibles, efectivamente utilizados na realización das accións formativas, incluíndo o material de protección e seguridade. Incluiranse aquí os gastos derivados das visitas didácticas. Non se admitirá imputación de gastos derivados das visitas non comunicadas ou comunicadas fóra do prazo sinalado nesta convocatoria.

2. A elixibilidade dos gastos de alugamento ou amortización de licenzas de plataformas de formación/plataformas en liña/plataformas virtuais, etc., axustarase aos mesmos criterios establecidos para o alugamento ou amortización de plataformas e, en consecuencia, admitiranse unicamente nos supostos de accións formativas que se impartan na modalidade mixta e referidas exclusivamente ás horas de teleformación, xa que a súa utilización se configura como un requirimento indispensable para a impartición da formación nesta modalidade.

3. De acordo co disposto anteriormente, non se admitirá en ningún caso a imputación de custos de licenzas das referidas plataformas nas accións formativas que se impartan na modalidade presencial.

4. Inclúense nesta epígrafe os textos e materiais dun só uso, así como os materiais de traballo funxibles utilizados durante as actividades de formación.

5. Estes gastos deberán presentarse debidamente desagregados por acción formativa e imputaranse polo número de participantes que inicien a actividade no caso de utilización individual.

Artigo 18. Custos directos de alugamento e arrendamento financeiro (D)

1. Os gastos de alugamento e arrendamento financeiro, excluídos os seus xuros. Estes gastos deberán presentarse debidamente desagregados por acción formativa e imputaranse polo período de duración da acción.

Están comprendidos nestes gastos todos aqueles que deban imputarse ou teñan a súa orixe na actividade da acción formativa por alugamento ou arrendamento financeiro, tanto de instalacións como de maquinaria e equipamentos, excluídos os seus xuros.

Estes gastos deberán ser proporcionais ás superficies e elementos estritamente necesarios para a execución da actividade subvencionada e ao período de execución desta.

2. A imputación de alugamentos entre os conceptos de instalacións e maquinaria non poderá superar o 10 % da subvención concedida para a impartición da acción formativa.

3. A imputación de gastos relativos ao alugamento de plataformas de teleformación admitirase unicamente nos supostos de accións formativas que se impartan na modalidade mixta e referidas exclusivamente ás horas de teleformación.

De acordo co disposto anteriormente, non se admitirá, en ningún caso, a imputación de custos de plataformas de teleformación nas accións formativas que se impartan baixo a modalidade presencial.

4. No caso de que os gastos orixinados polo alugamento de instalacións e equipamentos se imputen a unha acción formativa ao 100 % ou se repartan integramente entre varias accións formativas das concedidas á entidade, deberá achegarse cálculo detallado da imputación realizada, incluíndo a correspondente ás zonas comúns no caso de instalacións.

5. No caso de arrendamento financeiro (leasing ou renting) será subvencionable a parte da cota mensual, excluídos os custos financeiros.

6. No caso dos contratos de arrendamento que non conteñan unha opción de compra e cuxa duración sexa inferior ao período de vida útil do activo a que se refire o contrato, o arrendatario deberá poder demostrar que o arrendamento non financeiro era o método máis rendible para obter o uso dos bens. Se os custos fosen máis baixos de terse utilizado un método alternativo, os custos adicionais deduciranse do gasto subvencionable.

7. O custo imputable do alugamento de equipamentos didácticos deberá ser proporcional á utilización efectiva na actividade formativa.

8. No caso de formación conducente á obtención de certificados de profesionalidade, non se admitirán custos relativos a equipamentos didácticos que non sexan exixibles de acordo co disposto nos reais decretos que os regulan.

Este criterio de imputación aplicarase tanto aos custos de equipamento como aos custos de instalacións e espazos.

Artigo 19. Custos directos de seguros (E)

1. Os gastos de seguro de accidentes dos participantes e, de ser o caso, importe da póliza de responsabilidade civil para facer fronte aos riscos que para os bens e as persoas poidan derivar da realización de actividades relacionadas coa acción formativa, incluídas as prácticas.

2. O seguro deberá ter a seguinte cobertura mínima que deberá ser especificada na póliza:

– No caso de morte: 60.000 €.

– No caso de invalidez permanente: 60.000 €.

– Asistencia médico farmacéutica: durante un ano a partir do sinistro.

3. Estes gastos deberán presentarse desagregados por acción formativa e a súa imputación farase polo número de participantes.

4. Consideraranse válidas aquelas pólizas que se contraten para un conxunto de acción formativas, ou pola totalidade do programa, sempre que se acaden as coberturas mínimas estipuladas.

En todo caso, deberá estar especificado o número de programa formativo.

Artigo 20. Custos directos de publicidade (F)

1. Os gastos de publicidade para a organización e difusión das accións formativas. Inclúense nesta epígrafe os gastos de publicidade derivados da difusión e promoción das accións formativas por medios que utilicen distintos sistemas de comunicación, polas actividades e servizos realizados.

2. O financiamento pola Xunta de Galicia e polo Ministerio de Emprego e Seguridade Social deberá constar na publicidade para que este custo sexa imputable.

As especificacións técnicas para o logo do Ministerio de Emprego e Seguridade Social serán as previstas no anexo IV da Orde ESS/2570/2015, do 30 de novembro, polo que se distribúen territorialmente para o exercicio económico 2015, para a súa xestión polas comunidades autónomas con competencias asumidas, subvencións do ámbito laboral financias con cargo aos orzamentos xerais do Estado.

3. Estes gastos deberán presentarse desagregados por acción formativa.

Artigo 21. Incremento de custos directos para adaptación das acción formativas (G)

1. No caso de accións formativas que teñan un mínimo dunha persoa alumna con certificación de discapacidade e a entidade impartidora o solicite expresamente, poderase incrementar o importe da subvención inicialmente aprobado, sempre que se xustifique axeitadamente e que se destine exclusivamente á contratación do apoio necesario para a adecuada participación na acción formativa das anteditas persoa/as alumna/as, nos seguintes conceptos:

a) Para persoal de apoio, até un máximo de 13 € por hora lectiva.

b) Para a adaptación curricular ou do material didáctico necesario, pola contía do gasto xustificado na correspondente memoria explicativa.

2. A memoria explicativa das necesidades que hai que cubrir deberá presentarse unha vez realizada a selección de alumnos e no prazo máximo de 15 días desde a incorporación á acción formativa da persoa con discapacidade.

3. No caso do persoal interno, a entidade beneficiaria deberá crear, documentar e custodiar un sistema con valor probatorio suficiente para acreditar as horas dedicadas por cada persoa diariamente a estes labores de apoio e as tarefas realizadas, así como o seu custo. O sistema deberá contar con partes diarios de traballo asinados polas persoas traballadoras.

4. Para o aboamento deste importe ditarase unha resolución complementaria co importe total dos gastos autorizados por estes conceptos.

Artigo 22. Custos de persoal de apoio asociados á actividade formativa (H)

1. Os custos de persoal de apoio interno necesarios para a xestión e execución da actividade formativa.

2. Inclúense neste concepto os gastos de persoal directivo e administrativo estritamente necesarios para a preparación, xestión e execución da acción formativa, tales como os gastos de selección de alumnado.

3. A entidade beneficiaria deberá crear, documentar e custodiar un sistema con valor probatorio suficiente para acreditar as horas dedicadas por cada persoa diariamente a estes labores de apoio e as tarefas realizadas, así como o seu custo. O sistema deberá contar con partes diarios de traballo asinados polas persoas traballadoras.

Artigo 23. Custos financeiros asociados á actividade formativa (I)

1. Os gastos financeiros directamente relacionados coa actividade subvencionada e que resulten indispensables para a súa axeitada preparación ou execución. Non serán subvencionables os xuros debedores das contas bancarias.

2. Neste concepto poderanse incluír os seguintes gastos:

a) Gastos de apertura dunha conta bancaria e o seu mantemento.

b) Gastos de asesoramento legal, notaría, asesoramento técnico ou financeiro que estean ligados á preparación e execución da actividade formativa.

c) Aval bancario.

Artigo 24. Outros custos asociados á actividade formativa (J)

1. Inclúense neste artigo: luz, auga, calefacción, mensaxaría, correo, limpeza, vixilancia, teléfono, comunicacións, mantemento das instalacións e equipamentos formativos, edición e impresión do material de ensinanza, tradución do material de ensinanza e outros custos, non especificados anteriormente, asociados á execución da actividade formativa.

2. Estes custos deberá imputalos a entidade beneficiaria da actividade subvencionada na parte que razoablemente corresponda de acordo con principios e normas de contabilidade xeralmente admitidas e, en todo caso, na medida en que tales custos correspondan ao período en que efectivamente se realiza a actividade. Neste caso enténdese como actividade subvencionada a totalidade do programa formativo. A actividade subvencionada abranguerá todas as fases necesarias para o desenvolvemento e xustificación do programa de formación.

Artigo 25. Outros custos subvencionables (K, L)

1. Os custos de avaliación e control da calidade da formación (K), sen que en ningún caso podan superarse no total do programa formativo as porcentaxes do custo xustificado subvencionable indicados a continuación, nin as contías que se sinalan como máximas:

– Subvencións iguais ou inferiores a 50.000 euros: ata o 5 %.

– Subvencións de 50.001 euros ata 150.000 euros: ata o 5 %, cun máximo de 6.000 euros.

– Subvencións de 150.001 euros a 250.000 euros: ata o 5 % cun máximo de 9.000 euros.

– Subvencións de 250.001 euros a 500.000 euros: ata o 5 % cun máximo de 15.000 euros.

– Subvencións superiores a 500.000 euros: ata o 5 % cun máximo de 25.000 euros.

2. Inclúense os custos internos e externos de persoal derivados da realización das accións de avaliación e control da calidade da formación previstas no artigo 58 desta orde. As funcións de control de calidade da docencia poderán ser desempeñadas por persoal non docente.

No caso do persoal interno, a entidade beneficiaria deberá crear, documentar e custodiar un sistema con valor probatorio suficiente para acreditar as horas dedicadas por cada persoa diariamente a estes labores de avaliación e control da calidade da formación e as tarefas realizadas, así como o seu custo. O sistema deberá contar con partes diarios de traballo asinados polas persoas traballadoras.

3. Os custos derivados da realización da conta xustificativa con informe asinado por un auditor rexistrado (L).

CAPÍTULO IV

Iniciación, instrución e resolución do procedemento

Artigo 26. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será de 1 mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Artigo 27. Solicitudes

1. A presentación das solicitudes realizarase unicamente por medios electrónicos a través do formulario electrónico normalizado dispoñible na aplicación SIFO accesible a través da sede electrónica da Xunta de Galicia no enderezo https://sede.xunta.gal ou no enderezo directo https://emprego.xunta.es/sifo-solicitudes, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e no artigo 24.2 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.

Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

2. Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia.

3. A solicitude deberá presentarse acompañada da documentación xeral e técnica, sinalada nos artigos 29 e 30 desta orde.

4. A documentación complementaria que deba achegarse presentarase electronicamente, mediante a presentación do documento orixinal de se tratar dun documento dixital ou da imaxe electrónica do documento orixinal de se tratar dun documento en papel. Neste último caso, a imaxe electrónica adaptarase ao previsto do Real decreto 4/2010, do 8 de xaneiro, polo que se regula o Esquema Nacional de Interoperabilidade no ámbito da Administración electrónica e na Resolución do 19 de xullo de 2011, da Secretaría de Estado para a Función Pública, pola que se aproba a Norma Técnica de Interoperabilidade de Dixitalización de Documentos.

5. As imaxes electrónicas aplicarán os formatos establecidos para ficheiros de imaxe na Norma Técnica de Interoperabilidade do Catálogo de Estándares; o nivel de resolución mínimo para imaxes electrónicas será de 200 píxeles por polgada, tanto para as imaxes obtidas en branco e negro, cor ou escala de grises; a imaxe electrónica será fiel ao documento orixe (respectará a xeometría do documento orixe en tamaños e proporcións, non conterá caracteres ou gráficos que non figurasen no documento de orixe e a súa xeración realizarase por un medio fotoeléctrico).

A Administración actuante poderá solicitar o cotexo das copias presentadas polo interesado, para o cal se poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal. Para estes efectos, a entidade interesada deberá conservar o documento orixinal por un prazo de 5 anos desde a presentación da imaxe electrónica.

As imaxes electrónicas que presenten as entidades interesadas ao procedemento administrativo terán eficacia exclusivamente no ámbito da actividade das administracións públicas.

As imaxes electrónicas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante ou representante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada segundo o disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e no artigo 22.3 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.

6. Para a presentación da documentación complementaria, así como de calquera outra que se exixa nesta orde, empregaranse unicamente os medios electrónicos a que se refire o número 1 deste artigo.

Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, a persoa interesada ou o seu representante deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro.

7. Non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos. Presumirase que esta consulta é autorizada polas persoas interesadas, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa.

Artigo 28. Declaración responsable que forma parte da solicitude

Forma parte da solicitude a declaración responsable que se contén nela e que fai constar os aspectos seguintes:

a) Que, en relación con outras axudas concedidas ou solicitadas:

– Non se solicitou nin se concedeu ningunha outra axuda para este mesmo proxecto e conceptos para os que se solicita esta subvención.

– Se se solicitaron e/ou concederon outras axudas para este mesmo proxecto e conceptos para os que se solicita esta subvención, deberán relacionarse.

b) Que todos os datos contidos na solicitude e nos documentos que se xuntan son certos.

c) Que non está incurso/a en ningunha das circunstancias previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

d) Que non está incurso/a en ningunha clase de inhabilitación para a obtención de axudas previstas nos puntos 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

e) Que está ao día no pagamento de obrigas por reintegro de subvencións, conforme o artigo 10.2.g) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e o artigo 9 do Regulamento de subvencións de Galicia, aprobado por Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.

f) Que os lugares de impartición das accións formativas serán aqueles que están inscritos ou acreditados para tal fin, nos termos do artigo 15 da Lei 30/2015, do 9 de setembro, pola que se regula o sistema de formación profesional para o emprego no ámbito laboral, e que cumpren e manterán as condicións e requisitos que exixe a normativa aplicable á correspondente especialidade formativa, expresamente, a obriga de impartir a formación nos espazos e cos medios formativos acreditados e/ou inscritos para tal fin, así como a de manter as exixencias técnico-pedagóxicas, de instalacións, equipamento e medios humanos tidas en conta para a acreditación ou inscrición da especialidade.

g) Que coñece as estipulacións da presente orde, que cumpre cos requisitos sinalados nela e que se compromete a destinar o importe da axuda ao obxecto da subvención indicada.

h) Que a entidade conta con capacidade suficiente, en termos económicos, técnicos, de recursos humanos, materiais e organizativos, para asumir na súa totalidade a execución completa do programa de formación que solicita.

Artigo 29. Documentación xeral

1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación.

a) Copia da escritura de constitución da entidade ou dos estatutos sociais da entidade debidamente legalizados.

b) Acreditación da capacidade legal suficiente para asinar a solicitude (escritura notarial de poderes ou calquera outro medio válido en dereito).

c) Acreditación de que a entidade solicitante está acreditada e/ou inscrita pola Administración pública competente, para impartir formación profesional para o emprego no ámbito laboral en Galicia nas especialidades formativas obxecto da formación.

d) Acreditación da presentación da declaración responsable prevista no artigo 5.2 desta orde, de ser o caso.

e) Programa de formación que conterá, como mínimo, a seguinte información e documentación:

– Ámbito territorial de aplicación do programa e ámbito sectorial, de ser o caso.

– Obxectivos, contidos, metodoloxía e modalidade.

– Accións formativas que se van desenvolver, con indicación da familia e área profesional que corresponda. No caso de accións formativas vinculadas ao Catálogo nacional de cualificacións profesionais deberase indicar a que certificado ou certificados de profesionalidade van dirixidos. Deberán incluír os módulos transversais, se é o caso.

– Número de alumnas e alumnos por acción formativa.

– Colectivos destinatarios, desagregados por colectivos prioritarios e categorías ou grupos profesionais.

– Custo estimado das accións formativas.

– Calendario previsto de execución que conteña os horarios de realización das actividades formativas.

– Lugar, instalación e medios previstos para impartir as accións formativas, que no caso de accións conducentes á obtención dos certificados de profesionalidade ou acreditacións parciais deles deberán cumprir os requisitos que se establecen no real decreto que regule o correspondente certificado de profesionalidade.

– No caso de incluír formación mixta, deberanse presentar as claves de acceso á correspondente plataforma web.

– Cando as especialidades formativas que se solicitan correspondan a novos certificados de profesionalidade, entendendo por novo certificado de profesionalidade, para os efectos desta orde, aqueles publicados a partir do ano 2008, as entidades deberán, ademais, achegar a seguinte documentación:

– Programa formativo elaborado pola propia entidade, tomando como base para a súa elaboración o contido do correspondente certificado de profesionalidade e segundo a estrutura dun curso normalizado de formación profesional para o emprego.

– Compromiso da subscrición do convenio ou acordo coa empresa ou empresas en que realizará o módulo de prácticas profesionais non laborais en empresas incluído no certificado de profesionalidade.

f) Ficha de cada acción formativa segundo o modelo que figura como anexo VI desta orde.

g) Acreditación documental de dispor dun sistema ou modelo de calidade, no caso de que se solicite a avaliación de acordo co previsto no artigo 34.1.c.4) desta orde.

Non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos. Presumirase que esta consulta é autorizada polas persoas interesadas, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa.

2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela na que fose realizada a emenda.

3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

4. No caso de que algún dos documentos para presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

5. Na web da Consellería de Economía, Emprego e Industria están publicados os formatos para a presentación da documentación anteriormente referida: Guión de programa de formación e Guión de acción formativa.

Non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos. Presumirase que esta consulta é autorizada polas persoas interesadas, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa.

Artigo 30. Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:

a) DNI ou NIE da persoa representante.

b) NIF da entidade solicitante.

c) Certificación de estar ao día nas obrigas tributarias coa AEAT.

d) Certificación de estar ao día de pagamento coa Seguridade Social.

e) Certificación de estar ao día de pagamento coa Consellería de Facenda.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

4. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela na que fose realizada a emenda.

Artigo 31. Autorizacións

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente datos en poder das administracións públicas. Só no caso de oposición expresa as persoas interesadas deberán achegar os documentos acreditativos correspondentes. No caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a súa presentación.

2. Coas solicitudes das persoas interesadas deberán achegarse os documentos ou informacións previstos nesta norma, salvo que estes xa estivesen en poder da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia; neste caso, as persoas interesadas poderán acollerse ao establecido no artigo 53.1.d) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa solicitante ou representante a súa presentación, ou, na súa falta, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.

3. A presentación da solicitude de concesión de subvención pola persoa xurídica interesada ou representante comportará a autorización ao órgano xestor para solicitar as certificacións que deban emitir a Axencia Estatal da Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a Axencia Tributaria de Galicia, segundo o establecido no artigo 20.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Non obstante, a persoa xurídica solicitante ou representante poderá denegar expresamente o consentimento, polo que, nese caso, deberá presentar as certificacións nos termos previstos regulamentariamente.

4. De conformidade co artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e co previsto no Decreto 132/2006, do 27 de xullo, polo que se regulan os rexistros públicos creados nos artigos 44 e 45 da Lei 7/2005, do 29 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2006, a consellería publicará na súa páxina web oficial a relación das persoas beneficiarias e o importe das axudas concedidas. Incluirá, igualmente, as referidas axudas e as sancións que, como consecuencia delas, puidesen impoñerse nos correspondentes rexistros públicos, polo que a presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos das persoas beneficiarias e a referida publicidade.

Artigo 32. Corrección da solicitude

No suposto de que a solicitude non cumpra os requisitos sinalados na convocatoria ou a documentación presentada conteña erros ou sexa insuficiente, requirirase ao solicitante para que, nun prazo de 10 días, corrixa a falta ou achegue os documentos preceptivos, con indicación de que, se así non o fixer, se considerará que desistiu da súa solicitude, logo de resolución que así o declare.

Artigo 33. Procedemento

1. O órgano instrutor do procedemento é a Subdirección Xeral de Promoción Laboral.

2. O procedemento que se seguirá na tramitación e instrución dos expedientes será o establecido no artigo 21 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, coas concrecións que se establecen nos números seguintes.

3. Recibidas as solicitudes, procederase ao estudo e á cualificación destas pola comisión de avaliación que, unha vez analizada a documentación achegada polas entidades solicitantes, emitir informe sobre os expedientes aplicando os criterios de avaliación técnica establecidos nesta orde.

4. As entidades deberán acreditar, tanto antes de se ditar a resolución de concesión como de proceder ao cobramento das subvencións, que están ao día nas súas obrigas tributarias e sociais e que non teñen pendente de pagamento ningunha débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia. Esta obriga poderá ser substituída pola declaración responsable do solicitante de estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte a Seguridade Social e de non ter pendentes de pagamento ningunha débeda coa Administración pública da comunidade autónoma, no caso das entidades que se recollen no artigo 11 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

5. Á vista dos expedientes e dos informes preceptivos que se emitan, o órgano instrutor formulará proposta de resolución.

6. A comisión de avaliación estará composta pola persoa titular da Subdirección Xeral de Promoción Laboral, que a presidirá, e serán vogais dúas persoas que sexan técnicos da Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral, unha das cales actuará como secretario ou secretaria.

7. Se, por calquera causa, cando a comisión de avaliación teña que examinar as solicitudes, algún dos seus compoñentes non poida asistir, será substituído pola persoa que, para o efecto, designe a persoa titular da Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral.

Artigo 34. Criterios de avaliación

1. A avaliación das solicitudes realizarase aplicando os seguintes criterios de avaliación:

a) Polo compromiso de participación de persoas pertencentes aos colectivos prioritarios definidos no artigo 47, ata 20 puntos.

b) Pola adecuación da oferta formativa das accións que integran o programa, ata 45 puntos, coas seguinte distribución:

b.1) Planificación de accións formativas incluídas nas táboas contidas no anexo III para cada tipo de programa, ata 30 puntos.

b.2) Inclusión de accións formativas prioritarias ata 10 puntos. Considéranse accións formativas prioritarias aquelas relacionadas coas competencias transversais de idiomas, ofimática e tecnoloxías da información e a comunicación, coñecementos financeiros, xurídicos e do funcionamento das administracións públicas que se indican no anexo IV. Así mesmo, consideraranse accións formativas prioritarias as dirixidas á obtención dos certificados de profesionalidade que se relacionan no devandito anexo IV.

b.3) Especialización da oferta formativa, ata 5 puntos.

c) Pola capacidade acreditada da entidade solicitante, ata 35 puntos, distribuídos do seguinte xeito:

c.1) Eficiencia económica do programa en función do custo-hora participante previsto, ata 10 puntos.

c.2) Alcance territorial das accións formativas, ata 10 puntos.

c.3) Medios persoais propios postos á disposición para a execución do programa, ata 5 puntos.

c.4) Implantación de sistemas de calidade acreditados, ata 5 puntos.

c.5) Compromiso da entidade na xestión das bolsas para persoas desempregadas, ata 5 puntos.

2. A aplicación dos devanditos criterios realizaraa a comisión de avaliación consonte a metodoloxía prevista no anexo V.

3. O emprego da lingua galega na realización das accións formativas utilizarase como primeiro criterio de selección no caso de empate. O compromiso do emprego da lingua galega deberá referirse á súa utilización polo persoal docente na impartición das accións formativas.

Para o caso de que persista o empate terán preferencia as solicitudes que teñan mellor puntuación de entre os criterios de avaliación técnica descritos anteriormente e na orde establecida para eles.

Artigo 35. Límites para o financiamento dos programas de formación

1. A concesión das subvencións realizarase a través da comparación das solicitudes presentadas a cada tipo de programas de formación, co fin de establecer unha prelación entre elas, de acordo cos criterios de avaliación técnica fixados nesta orde, e adxudicarase a aquelas que obtivesen maior puntuación de avaliación técnica co límite de financiamento fixado para cada tipo de programa de formación.

2. Non se financiarán programas de formación que obteñan unha puntuación inferior a 40 puntos na avaliación técnica da solicitude.

3. No caso de non esgotarse o crédito dispoñible para algún dos tipos de programas de formación, as contías excedentes distribuiranse entre o resto de programas de forma proporcional ao importe das solicitudes de cada tipo de programa que non puideron ser atendidas por falta de dispoñibilidade orzamentaria.

4. De se producir dispoñibilidades de crédito como consecuencia da asignación ou da redistribución de fondos para o financiamento dos programas de formación para o emprego, nos supostos e nas condicións previstas nos artigos 30 e 31 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento de subvencións de Galicia, ou como consecuencia de posibles minoracións, renuncias ou modificacións nas subvencións concedidas, o órgano instrutor poderá realizar novas propostas de concesión de proxectos continuando coa orde de prelación fixada pola comisión de avaliación ata esgotar o novo crédito.

Artigo 36. Resolución

1. A resolución dos expedientes de axudas corresponderalle á persoa titular da Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral, por delegación da persoa titular da consellería, e deberá ser notificada ás persoas interesadas no prazo de tres meses, e sempre dentro do exercicio 2017, contados a partir do día seguinte ao da finalización do prazo de presentación de solicitudes. Transcorrido o citado prazo sen que recaese resolución expresa, as persoas interesadas entenderán desestimada a súa solicitude.

2. As resolucións dos expedientes comunicaranse á Comisión Galega de Formación Profesional Continua.

3. Notificada a resolución definitiva polo órgano competente, a entidade proposta como beneficiaria disporá dun prazo de dez días para a súa aceptación, transcorrido o cal sen que se producise manifestación expresa se entenderá tacitamente aceptada.

No suposto de que decida renunciar á aceptación, as entidades estarán obrigadas a comunicar a súa renuncia no prazo de dous meses a través do formulario web «renuncia ao programa de formación», logo de recibiren a notificación da resolución definitiva, prazo que poderá ser ampliado mediante resolución da Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral. Nestes casos, poderán ditarse novas resolucións nos termos da disposición adicional primeira, coa finalidade de designar outra entidade beneficiaria segundo a puntuación obtida.

4. A resolución da concesión de subvención fixará expresamente a contía total concedida, a puntuación técnica obtida, así como a prohibición de subcontratación, e incorporará o correspondente programa de formación e as condicións, as obrigacións e as determinacións accesorias a que deba estar suxeita a entidade beneficiaria.

5. Ao abeiro do artigo 25 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, cando o importe da subvención na proposta de resolución sexa inferior á solicitude presentada, poderase instar do beneficiario para a reformulación da súa solicitude co fin de axustar os compromisos e as condicións á subvención outorgable.

Posteriormente, as entidades poderán facer, como máximo, dúas reconfiguracións do programa, tendo en conta que a primeira, de ser o caso, deberá facerse, como mínimo, un mes despois da notificación da resolución, e a última deberá facerse, ao máis tardar, cando falten dous meses para o remate do prazo de execución das accións formativas do programa.

6. Non se poderá realizar ningunha reconfiguración que, unha vez realizado un novo cálculo de avaliación técnica, poida diminuír a puntuación asignada ao programa de formación, por debaixo da que resultou necesaria para obter unha subvención no tipo de programa de formación de que se trate.

7. A priorización das accións formativas derivadas da reconfiguración do programa executarase até o importe concedido.

Calquera modificación desa priorización deberá ser autorizada pola persoa titular da Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral, tendo en conta que cando se solicite modificar parcialmente o número do alumnado previsto dalgunha acción formativa, xa iniciada no momento da solicitude de reconfiguración, o número do alumnado previsto nunca poderá ser inferior ao número do alumnado xa iniciado.

Artigo 37. Notificacións e trámites administrativos posteriores á tramitación de solicitudes

1. As notificacións de resolucións e actos administrativos practicaranse só por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

2. As notificacións electrónicas realizaranse mediante o Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal dispoñible a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal). Este sistema remitirá ás persoas interesadas avisos da posta á disposición das notificacións no dispositivo electrónico e/ou no enderezo de correo electrónico que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación practicada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

3. As notificacións por medios electrónicos entenderanse practicadas no momento no que se produza o acceso ao seu contido. Cando a notificación por medios electrónicos sexa de carácter obrigatorio, ou fose expresamente elixida polo interesado, entenderase rexeitada cando transcorresen dez días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

4. Se o envío da notificación electrónica non é posible por problemas técnicos, a Administración xeral e as entidades do sector público autonómico practicarán a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

5. A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados para facilitar a realización de trámites administrativos despois da presentación das solicitudes de inicio. Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados electronicamente accedendo á Carpeta do cidadán da persoa interesada.

Artigo 38. Recursos

As resolucións ditadas poñen fin á vía administrativa, e contra elas poderá interpoñerse, potestativamente, recurso de reposición ante o órgano que ditou o acto, no prazo dun mes desde a súa notificación, se o acto é expreso, ou en calquera momento a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto, se o acto non é expreso, de conformidade co que preceptúan os artigos 122 a 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou, directamente, recurso contencioso-administrativo ante o órgano xurisdicional competente, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Artigo 39. Publicidade das subvencións

1. De acordo co establecido no artigo 14, letra ñ), da Lei 9/2007, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia, as entidades beneficiarias quedan informadas da existencia do Rexistro Público de Subvencións e dos aspectos previstos no artigo 5 da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro de protección de datos de carácter persoal.

2. Así mesmo, e tal como se recolle no artigo 15.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, os órganos administrativos concedentes procederán a publicar no Diario Oficial de Galicia as subvencións concedidas, indicando a convocatoria, o programa e crédito orzamentario a que se imputan, a persoa beneficiaria, a cantidade concedida e a finalidade ou as finalidades da subvención.

3. Igualmente, publicaranse na páxina web oficial nos termos previstos no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, polo que a presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos das persoas beneficiarias e da súa publicación na citada páxina web.

4. As persoas beneficiarias das axudas concedidas incluiranse no Rexistro de Axudas, Subvencións e Convenios e mais no de Sancións, creados nos artigos 44 e 45 da Lei 7/2005, do 29 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para o ano 2006 e regulados polo Decreto 132/2006, do 27 de xullo.

Artigo 40. Datos de carácter persoal

1. De conformidade coa Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, os datos persoais recollidos na tramitación desta disposición, cuxo tratamento e publicación autoricen as persoas interesadas mediante a presentación das solicitudes, serán incluídos nun ficheiro denominado «Formación (servizo público de emprego)» cuxo obxecto é xestionar o presente procedemento, así como informar as persoas interesadas sobre o seu desenvolvemento.

2. O órgano responsable deste ficheiro é a Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Economía, Emprego e Industria, Servizo Público de Emprego de Galicia.

3. Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición poderanse exercer ante a Consellería de Economía, Emprego e Industria, Servizo Público de Emprego de Galicia, mediante o envío dunha comunicación ao seguinte enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela, A Coruña, España, ou a través dun correo electrónico a lopd.industria@xunta.gal

4. A cesión de datos de carácter persoal que, en virtude do establecido no artigo 20 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, debe efectuarse á Intervención Xeral da Administración do Estado non requirirá o consentimento do afectado. Neste ámbito non será de aplicación o disposto no artigo 21.1 da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal.

CAPÍTULO V

Execución dos programas de formación

Artigo 41. Execución

1. As beneficiarias poderán executar os programas de formación desde a data de notificación da resolución de concesión da subvención ata o 30 de setembro de 2018.

2. A execución do programa de formación realizaraa a entidade beneficiaria tendo en conta que a subvención outorgada terá o carácter de importe máximo e destinarase á realización das accións formativas obxecto do programa. En todo caso, durante a execución do programa de formación non se poderán incluír accións formativas non aprobadas, nin modificar a duración nin a modalidade delas, salvo autorización da Dirección Xeral de Orientación e Promoción laboral.

3. Consonte o previsto no artigo 19.3 do Real decreto 694/2017, do 3 de xullo, polo que se desenvolve a Lei 30/2015, do 9 de setembro, pola que se regula o sistema de formación profesional para o emprego no ámbito laboral, as entidades beneficiarias non poderán subcontratar con terceiros a execución da actividade formativa subvencionada. Para estes efectos, a contratación pola entidade beneficiaria de persoal docente para a impartición da formación non se considerará subcontratación. Por contratación de persoal docente enténdese exclusivamente a contratación de persoas físicas.

Artigo 42. Obrigas en relación coa execución da actividade formativa

1. Realizar a actividade formativa que fundamenta a concesión da subvención, de acordo coas condicións e requisitos formais e materiais que se establecen nesta orde de convocatoria, así como coas condicións de aprobación que serviron de base para determinar a avaliación técnica e a subvención que se vai conceder.

2. Aceptar as modificacións que, de ser o caso, introduza o órgano encargado da resolución dos expedientes en relación cos termos de impartición sinalados na solicitude.

3. Comunicar á Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral da Consellería de Economía, Emprego e Industria calquera circunstancia ou eventualidade que poida afectar substancialmente a execución das accións formativas programadas, no prazo de dous días hábiles desde que se teña coñecemento de que se vai producir ou dun día hábil desde que se produza.

4. Comunicar previamente á Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral a realización de viaxes ou visitas de carácter didáctico, con quince días hábiles de antelación ao día en que vaian ter lugar. A dirección xeral só poderá denegar estas actividades mediante resolución motivada, especialmente nos casos en que se propoñan máis de unha visita por módulo, cando o seu contido non supoña unha achega formativa para o alumnado ou reitere actividades xa realizadas.

5. Solicitar á Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral, con cinco días de antelación, autorización para realizar calquera modificación substancial no desenvolvemento das accións formativas, salvo en casos de forza maior, que se notificará en canto sexa posible.

Esta obriga afecta especialmente o horario, calendario e o lugar de impartición que deben estar permanente actualizados no sistema SIFO, para posibilitar a verificación e control efectivos da execución da actividade formativa.

6. Velar por que todo o alumnado dunha acción formativa reciba a mesma formación, así como o mesmo número de horas tanto teóricas como prácticas, independentemente de que a parte práctica teña lugar no propio centro ou en centros de traballo.

7. Respectar a obrigatoriedade da gratuidade para as persoas participantes das accións formativas comprendidas no programa de formación.

8. A entidade beneficiaria informará as persoas participantes en situación de desemprego das axudas e bolsas que poidan solicitar á Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral e facilitaralles os modelos de solicitude normalizada así como, se adquiriu o compromiso de remisión telemática, remitirá á citada dirección xeral nos dez primeiros días de cada mes a correspondente documentación de solicitude xunto coa xustificación de asistencia á formación.

9. En aplicación do disposto na Lei 2/2012, do 28 de marzo, de protección xeral das persoas consumidoras e usuarias, as entidades deberán dispor de follas de reclamación á disposición de todos os seus usuarios.

10. Velar por que o persoal docente reciba unha contraprestación proporcional ás horas impartidas en cada acción formativa e ao seu módulo económico.

11. Aboar mensualmente ao persoal docente a súa remuneración a través de transferencia bancaria. Non exime desta obriga o feito de que a entidade beneficiaria non percibise os anticipos previstos nesta orde.

12. Dispoñer dun sistema de control biométrico para o seguimento e control do alumnado e do persoal docente, compatible co sistema establecido polo Servizo Público de Emprego de Galicia.

13. Contratar un seguro de accidentes para o alumnado no caso das accións formativas de modalidade presencial e na parte presencial da modalidade mixta, que cubra tanto os riscos que poidan ter durante o desenvolvemento da acción formativa como os do traxecto ao lugar de impartición das clases teóricas, das prácticas e das probas presenciais.

A súa duración abranguerá o período da acción formativa, incluíndo expresamente as prácticas en empresas cando estas se realicen, sen que poida admitirse restrición nin exclusión ningunha por razón do medio de transporte utilizado. Esta obriga rexerá exclusivamente na parte presencial cando a acción formativa se desenvolva fóra da propia empresa.

A cobertura mínima deste seguro será a prevista no artigo 19 e non se admitirán pólizas con franquías.

14. Cando se realicen prácticas en empresas ou outras actividades relacionadas coa acción formativa, contratar unha póliza de responsabilidade civil para facer fronte aos riscos que poidan derivar da súa realización para os bens e as persoas. Non se admitirán pólizas con franquías.

15. Para as accións formativas de novos certificados de profesionalidade, remitir un informe individualizado de cada alumno e alumna que cualifique os progresos acadados en cada un dos módulos profesionais da acción formativa, segundo o modelo especificado no anexo VI da Orde ESS/1897/2013.

16. Para as accións formativas de novos certificados de profesionalidade, remitir acta da avaliación dos alumnos, segundo o modelo especificado no anexo VII da Orde ESS/1897/2013, así como a documentación que se requira para os procesos de seguimento e control da calidade das accións formativas, segundo o establecido nos artigos 14 e 18 do Real decreto 34/2008 e nos capítulos I e II do título III da devandita orde.

17. Incluír en toda a documentación relativa á acción formativa o logotipo da Xunta de Galicia e do Ministerio de Emprego e Seguridade Social.

18. Ademais das obrigas establecidas na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e das establecidas con carácter xeral para todos os centros e entidades de formación no artigo 7 do Decreto 106/2011, do 19 de maio, as entidades beneficiarias das axudas deberán achegar os documentos orixinais de se tratar dun documento electrónico, ou a imaxe electrónica dos documentos orixinais, de se tratar dun documento en papel, que se indican nesta orde e nos prazos sinalados, tendo en conta que os datos da xestión da acción formativa deberán introducirse en liña a través da aplicación informática SIFO que a Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral porá a disposición dos centros.

Para que este proceso en liña poida realizarse, os centros e entidades deberán dispor de saída a internet a través dunha liña RDSI, ADSL ou outra de calidade equivalente ou superior.

Artigo 43. Documentación de xestión das actividades formativas

1. A beneficiaria requirirá de cada alumna ou alumno, no momento da súa incorporación, a seguinte documentación:

a) Copia do DNI.

b) Ficha individual en que acredite a súa pertenza a algún dos colectivos prioritarios que se recollen no artigo 47, de ser o caso.

c) Acreditación da súa condición de persoa ocupada ou desempregada.

d) Acreditación do cumprimento dos requisitos de acceso do alumnado que establezan os programas formativos ou, no seu caso, o real decreto que regule os correspondentes certificados de profesionalidade.

e) Acreditación documental de estar exento da obriga de realizar o módulo formativo sobre igualdade de oportunidades entre mulleres e homes e sobre corresponsabilidade familiar e doméstica, de ser o caso.

f) Documentación acreditativa para a exención do módulo de prácticas profesionais non laborais, se é o caso.

g) Documentos de información ao alumnado da subvención, debidamente asinados.

2. A beneficiaria arquivará separadamente por cada acción formativa a documentación sinalada no anterior número 1, así como o programa completo da acción formativa temporizado por módulos, as fichas de inicio, os modelos de solicitude de inscrición recibidos, a acta ou actas de selección, de ser o caso, e os controis de aprendizaxe.

3. O centro que imparta accións formativas correspondentes a certificados de profesionalidade deberá dispoñer dos documentos que figuran nos puntos 6 e 8 do artigo 22 da Orde ESS/1897/2013. Así mesmo, deberán incorporar ditos documentos á aplicación informática SIFO.

Artigo 44. Remisión de información e documentación de xestión das actividades formativas

1. Os datos da xestión da acción formativa deberán introducirse en liña a través da aplicación informática SIFO que a Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral porá á disposición dos centros. As entidades beneficiarias deberán achegar o documento orixinal de se tratar dun documento electrónico ou a imaxe electrónica do documento orixinal, de se tratar dun documento en papel, nos prazos sinalados.

2. A beneficiaria remitirá á Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral a través da aplicación informática e como mínimo cinco días naturais antes do inicio da acción formativa:

a) Con carácter xeral:

– A planificación temporal: as datas de inicio e remate e o horario de impartición (das clases para a parte presencial e da docencia, e das titorías para a parte de teleformación), especificando na modalidade mixta a data de inicio de cada unha das partes. Débese indicar, así mesmo, a previsión das visitas didácticas ao longo da acción formativa.

– O programa completo, agás naquelas especialidades que teñen programación modular.

– O enderezo completo do lugar de impartición e teléfono de contacto.

– Relación nominal do alumnado que teña asinado a autorización para a utilización dos seus datos persoais para o control e seguimento da acción formativa, no marco da normativa de protección de datos e que conteña a declaración responsable da persoa traballadora de que os documentos que achega son auténticos. Na relación deberá especificarse o número do DNI e o número de afiliación á Seguridade Social. Unicamente poderán iniciar a acción formativa as persoas traballadoras cuxas autorizacións fosen remitidas á Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral.

– A identificación da persoa coordinadora ou responsable da acción formativa.

– A relación nominal de docentes especificando os seus DNI.

– A acreditación da formación e/ou experiencia profesional das persoas docentes.

– As persoas docentes encargadas da impartición do módulo de formación sobre igualdade de oportunidades entre mulleres e homes e corresponsabilidade familiar e doméstica deberán acreditar 150 horas de formación en materia de xénero ou de experiencia profesional ou docente en materia de xénero.

– Os instrumentos da avaliación válidos e fiables, cun sistema de corrección e puntuación obxectivos.

– A identificación do persoal de preparación de clases, titorías para o reforzo formativo, impartición da docencia e avaliación dos contidos formativos dos alumnos.

– A identificación do persoal que asuma as tarefas de administración e dirección estritamente necesarias para a preparación, xestión e execución da acción formativa.

– O seguro de accidentes das persoas participantes.

– As claves de acceso á correspondente plataforma, se é o caso.

– A documentación en que se reflicta a metodoloxía utilizada para o cálculo e imputación dos gastos e a porcentaxe que se imputa, cando se trate dunha imputación parcial de gastos directos ou dunha imputación de gastos comúns a varias actividades.

b) No caso de accións formativas vinculadas a certificados de profesionalidade achegarase, ademais:

– A planificación didáctica, elaborada segundo o anexo III da Orde ESS/1897/2013.

– A programación didáctica de cada módulo formativo e, se é o caso, unidades formativas, utilizada como guía de aprendizaxe e avaliación, elaborada segundo o anexo IV da Orde ESS/1897/2013.

– A planificación da avaliación, cumprimentada de acordo co anexo V da Orde ESS/1897/2013.

– A formación metodolóxica dos docentes que van impartir a acción formativa e relación dos módulos que impartirá cada un deles, así como acreditación do cumprimento dos requisitos establecidos para cada módulo formativo no real decreto que regula o correspondente certificado de profesionalidade. Cada módulo poderá ser impartido, como máximo, por dúas persoas formadoras.

– O convenio ou acordo subscrito coa empresa ou empresas en que realizará o módulo de prácticas profesionais non laborais en empresas incluída no certificado de profesionalidade.

3. Durante o desenvolvemento das accións formativas a beneficiaria remitirá á Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral a través da aplicación informática, os seguintes documentos:

a) O día de inicio de cada acción formativa:

– Certificación xustificativa do comezo da acción formativa e, de ser o caso, das modificacións producidas respecto dos datos sinalados no punto anterior.

b) Nos 10 días lectivos seguintes ao inicio da acción formativa:

– As datas de inicio e remate da acción formativa, así como o horario de impartición.

– O enderezo completo do lugar de impartición.

– Copia do DNI dos/as alumnos/as.

– A solicitude de anticipo, de ser o caso.

c) Mensualmente:

– Partes diarios de asistencia asinados polos alumnos e o docente no modelo xerado pola aplicación SIFO.

– Comunicación de incidencias.

4. Ao finalizar cada grupo a entidade beneficiaria deberá completar a información relativa a finalización e remitirá á Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral a través da aplicación informática, os seguintes documentos:

a) No caso de accións formativas da modalidade mixta: os controis de teleformación (no mesmo prazo que os partes de asistencia presencial), comunicando os seguintes datos referidos a cada control de aprendizaxe:

– Programa de formación, acción formativa e grupo.

– Código que permita identificar a proba e os resultados conseguidos polo/a participante. Estes datos deben ser almacenados polo sistema de teleformación empregado para a execución da acción formativa.

– Indicativo de se a persoa participante realizou a proba. En caso afirmativo cubrirase a data e hora en que foi desenvolvido o control, o tempo empregado para o desenvolvemento do control de aprendizaxe e o resultado obtido, con indicación da cualificación como superado ou non superado.

b) Documento das titorías en que se indiquen os alumnos titorizados, duración, horario, módulo formativo reforzado e sinatura do alumno e do titor.

c) Os centros que impartan accións formativas correspondentes a certificados de profesionalidade deberán remitir o informe de avaliación individualizado e a acta de avaliación, debidamente asinados por todos os docentes do módulo formativo e polo responsable do centro de formación. A devandita dirección xeral será a responsable da custodia da documentación presentada e da emisión do certificado de profesionalidade.

5. A non comunicación nos prazos establecidos implicará que o correspondente grupo de formación se considerará non realizado para efectos da liquidación económica da subvención, salvo que a non comunicación en prazo se deba a causas imprevistas, debidamente xustificadas e comunicadas no momento en que se produzan.

Nos mesmos termos, a asistencia de alumnado non comunicado a un grupo dunha acción formativa suporá que o grupo afectado se considerará como non realizado.

6. A beneficiaria deberá expoñer no taboleiro de anuncios do centro o programa completo da acción formativa temporizado por módulos, os dereitos e deberes do alumnado e da entidade beneficiaria, así como a relación dos e das docentes, e o horario. No anuncio farase referencia expresa aos organismos cofinanciadores da acción formativa.

Artigo 45. Persoas destinatarias da formación

1. Serán destinatarios dos programas de formación sectoriais previstos no artigo 3.1.a), as persoas traballadoras do sector produtivo concreto a que se dirixe a formación, así como aquelas persoas traballadoras procedentes de sectores en situación de crise, neste último caso para a súa recualificación e reciclaxe.

Poderán solicitar a participación nos devanditos programas de formación sectoriais as persoas pertencentes aos seguintes colectivos:

a) As persoas traballadoras asalariadas que prestan os seus servizos en empresas ou en entidades públicas non incluídas no ámbito de aplicación dos acordos de formación nas administracións públicas e cotizan á Seguridade Social en concepto de formación profesional.

b) As persoas traballadoras fixas descontinuas nos períodos de non ocupación.

c) As persoas traballadoras que accedan a situación de desemprego cando se encontren en período formativo.

d) As persoas traballadoras afectadas por medidas temporais de suspensión de contrato por causas económicas, técnicas, organizativas ou de produción, nos seus períodos de suspensión de emprego.

e) As persoas socias traballadoras e de traballo das cooperativas, sociedades laborais e entidades da economía social e outras persoas socias das devanditas entidades sempre que acheguen actividade económica.

f) As persoas traballadoras incluídas no réxime especial, de autónomos, do mar e outros de Seguridade Social que non coticen pola continxencia de formación profesional.

g) As persoas desempregadas nos termos previstos nos artigos 46 e 50 desta orde.

2. Poderán solicitar a participación nas accións formativas dos programas de formación transversais previstos no artigo 3.1.b) desta orde as persoas pertencentes aos seguintes colectivos:

a) As persoas traballadoras asalariadas que prestan os seus servizos en empresas ou en entidades públicas non incluídas no ámbito de aplicación dos acordos de formación nas administracións públicas e cotizan á Seguridade Social en concepto de formación profesional.

b) As persoas traballadoras fixas descontinuas nos períodos de non ocupación.

c) As persoas traballadoras que accedan a situación de desemprego cando se encontren en período formativo.

d) As persoas traballadoras afectadas por medidas temporais de suspensión de contrato por causas económicas, técnicas, organizativas ou de produción, nos seus períodos de suspensión de emprego.

e) As persoas socias traballadoras e de traballo das cooperativas, sociedades laborais e entidades da economía social e outras persoas socias das devanditas entidades sempre que acheguen actividade económica.

f) As persoas traballadoras incluídas no réxime especial, de autónomos, do mar e outros de Seguridade Social que non coticen pola continxencia de formación profesional.

g) As persoas desempregadas nos termos previstos nos artigos 46 e 50 desta orde.

h) O persoal ao servizo das administracións públicas cun límite máximo do 10 % do total de participacións en cada programa.

3. As persoas socias traballadoras e de traballo das cooperativas, sociedades laborais e entidades da economía social poderán solicitar a súa participación nos programas de formación transversais dirixidos a persoas traballadoras e socias de economía social, previstos no artigo 3.1.c) desta orde. Igualmente, poderán participar nestes programas outras persoas socias das devanditas entidades sempre que acheguen actividade económica.

4. As persoas traballadoras incluídas no réxime especial, de autónomos, do mar e outros de Seguridade Social que non coticen pola continxencia de formación profesional poderán solicitar a súa participación nos programas de formación transversais dirixidos a persoas traballadoras autónomas, previstos no artigo 3.1.d) desta orde.

5. Poderán solicitar a participación nas accións formativas dos programas de formación para a cualificación e recoñecemento profesional previstos no artigo 3.1.e) desta orde as persoas pertencentes aos seguintes colectivos:

a) As persoas traballadoras asalariadas que prestan os seus servizos en empresas ou en entidades públicas non incluídas no ámbito de aplicación dos acordos de formación nas administracións públicas e cotizan á Seguridade Social en concepto de formación profesional.

b) As persoas traballadoras fixas descontinuas nos períodos de non ocupación.

c) As persoas traballadoras que accedan á situación de desemprego cando se encontren en período formativo.

d) As persoas traballadoras afectadas por medidas temporais de suspensión de contrato por causas económicas, técnicas, organizativas ou de produción, nos seus períodos de suspensión de emprego.

e) As persoas desempregadas nos termos previstos nos artigos 46 e 50 desta orde.

6. O persoal pertencente ás entidades beneficiarias poderá participar nas accións formativas que aquela xestione ata un límite do 10 por cento do total de participantes sen superar, en ningún caso, o límite do 10 por cento do total de traballadores do seu cadro de persoal.

7. A participación nas accións formativas dos programas de formación solicitarase ante as entidades beneficiarias e será requisito necesario que o centro de traballo, ou o domicilio fiscal no caso dos autónomos, se atope na Comunidade Autónoma de Galicia.

8. Nos programas de formación deberán participar persoas desempregadas consonte o previsto nos artigos 46 e 50 desta orde.

9. Cada persoa non poderá realizar máis de 250 horas de formación no total dos programas de formación subvencionados ao abeiro desta orde, agás que participe nunha única acción formativa de duración superior ou que se trate de accións de formación en competencias clave ou conducentes á obtención dun único certificado de profesionalidade.

Artigo 46. Participación de persoas desempregadas

1. En todos os programas de formación deberán participar persoas traballadoras desempregadas inscritas como demandantes de emprego nunha oficina de emprego de Galicia, cun límite máximo do 30 % e cun mínimo do 20 % do total de participantes de cada programa. O número total de horas de participación das persoas traballadoras desempregadas non poderá superar o 30 % das horas totais do programa de formación.

Non obstante, non será precisa a inscrición como demandante de emprego cando unha norma específica así o determine e, en particular, no suposto de persoas mozas inscritas no Ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil.

2. As persoas traballadoras desempregadas poderán ser beneficiarias das bolsas e axudas para persoas traballadoras desempregadas que participen en accións formativas de formación profesional para o emprego. Considerarase que a persoa participante está ocupada ou desempregada en función da situación laboral que teña o día en que inicie a acción formativa.

Artigo 47. Colectivos prioritarios

1. Coa finalidade de garantir o acceso dos traballadores e das traballadoras con maior dificultade de inserción ou de mantemento no mercado de traballo, deberán ter prioridade para participar no programa formativo as persoas traballadoras ocupadas pertencentes aos seguintes colectivos:

a) As persoas traballadoras de pequenas e medianas empresas.

b) As mulleres.

c) As persoas afectadas e as vítimas do terrorismo e da violencia de xénero.

d) As persoas maiores de 45 anos.

e) As persoas traballadoras con baixa cualificación.

f) As persoas con discapacidade.

g) As persoas traballadoras con contrato a tempo parcial.

h) As persoas traballadoras con contrato temporal.

2. Terán a consideración de pequenas e medianas empresas (pemes) as que empreguen a menos de 250 persoas, cun volume de negocio anual que non exceda de 50 millóns de euros ou cun balance xeral anual que non exceda de 43 millóns de euros e que cumpran o criterio de independencia. Consideraranse empresas independentes aquelas en que o 25 por cento ou máis do seu capital ou dos seus dereitos de voto non pertenzan a outra empresa ou, conxuntamente, a varias empresas que non respondan á definición de peme.

3. Consideraranse persoas traballadoras de baixa cualificación aquelas persoas que no momento do inicio da acción formativa estean incluídas nun dos seguintes grupos de cotización: 06, 07, 09, 10. No caso de tratarse de persoas desempregadas ou de persoas traballadoras autónomas, consideraranse aquelas que non estean en posesión dun carné profesional, certificado de profesionalidade de nivel 2 ou 3, título de formación profesional ou dunha titulación universitaria.

4. Se a taxa xeral de ocupación feminina no ámbito territorial de aplicación do programa formativo é inferior ao 50 % e a demanda de participación de mulleres o permite, a taxa de participación de mulleres no programa deberá ser ou ben superior ao 50 % ou superior en 5 puntos porcentuais á taxa xeral de ocupación feminina.

Artigo 48. Selección de alumnado

1. A selección do alumnado participante ocupado nas accións formativas será realizada pola entidade beneficiaria entre as persoas traballadoras que soliciten a súa participación en cada acción formativa. As solicitudes de participación custodiaranas as entidades beneficiarias das subvencións e estarán á disposición dos órganos de control.

2. A selección das persoas traballadoras que van participar no programa de formación realizarase atendendo ás prioridades do programa de formación e a criterios de igualdade e de obxectividade e, en todo caso, tendo en conta a seguinte orde de prelación:

Primeiro. Persoas traballadoras ocupadas pertencentes aos colectivos prioritarios sinalados no artigo 47.

Segundo. Persoas traballadoras ocupadas pertencentes a colectivos non prioritarios.

Terceiro. Persoas traballadoras desempregadas.

3. No caso de formación conducente á obtención dun certificado de profesionalidade ou de acreditacións parciais, corresponderalle á entidade beneficiaria comprobar os requisitos de acceso do alumnado aos módulos formativos que se determinen nos correspondentes certificados de profesionalidade.

4. Segundo o previsto no artigo 6 do Real decreto 34/2008, no caso de ter cursado un módulo formativo por unidades formativas, para que o devandito módulo formativo teña validez é preciso ter superadas todas as unidades formativas definidas para o módulo e sempre que o participante teña cursado, de forma consecutiva, polo menos unha unidade formativa por ano.

5. Cando inicien a formación persoas que non cumpren os requisitos exixibles procederase á anulación destas na acción formativa correspondente.

6. As persoas que realizasen unha acción formativa e teñan dereito a diploma non poderán volver realizar a mesma acción formativa. No caso de detectarse esta circunstancia, deberán ser dados de baixa.

Artigo 49. Convocatorias públicas para a selección de alumnado

Dentro das actividades de difusión e promoción das accións formativas previstas no artigo 20 desta orde, as entidades beneficiarias poderán realizar convocatoria pública, como mínimo, nun dos xornais de maior tiraxe da comunidade autónoma. Estes anuncios deberán cumprir cos seguintes requisitos:

a) Todas as convocatorias públicas para a selección de alumnado que se fagan mediante anuncio en prensa deberán publicarse en domingo. Excepcionalmente, estes anuncios poderán publicarse en día distinto a domingo, logo de autorización da Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral.

b) Os anuncios cubriranse en modelo normalizado, no cal necesariamente deberá facerse constar o financiamento da acción por parte da Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral da Consellería de Economía, Emprego e Industria, debendo figurar neles o logotipo da Xunta de Galicia e do Ministerio de Emprego e Seguridade Social. Especificarase, claramente, como mínimo: a institución ou centro ofertante, as vacantes existentes, a acción formativa de que se trata, o perfil requirido do alumnado, o enderezo e teléfono do lugar de realización das probas de selección, así como a data e a hora.

c) O custo dos anuncios que non se adapten aos requisitos establecidos nesta orde, ou a calquera outros que se puidesen establecer pola Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral, non será aboado con cargo ás axudas previstas.

Artigo 50. Selección de persoas desempregadas

1. As persoas desempregadas participantes serán propostas polo Servizo Público de Emprego, a través do seguinte procedemento:

a) Con 15 días hábiles de antelación á realización da proba de selección, as entidades beneficiarias solicitaranlle directamente á oficina de emprego que corresponda, mediante o impreso normalizado establecido para o efecto, unha lista de persoas desempregadas que se adecúen ao perfil requirido para a realización de cada acción formativa, en función dos requisitos de acceso a ela.

b) A oficina de emprego, mediante sondaxe entre as persoas traballadoras en situación de desemprego que se sinalan no artigo 46.1 desta orde, seleccionará dúas persoas por praza vacante en cada grupo da acción formativa e convocará, mediante calquera medio que acredite a súa recepción de conformidade coa Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ás persoas demandantes preseleccionadas para que asistan á proba de selección que deberá realizar o centro ou entidade de formación. Esta proba de selección deberá ser visada previamente pola oficina de emprego. O centro ou entidade de formación non debe predeterminar o colectivo a que vai dirixido a acción formativa, limitarase a identificar os requisitos de acceso do alumnado.

c) Remitida a lista ao centro ou entidade solicitante, esta procederá á selección do alumnado preseleccionado mediante a realización das probas que xulgue pertinentes, de conformidade cos criterios predeterminados na solicitude, que deberán poñerse en coñecemento das persoas candidatas antes da súa realización. Tamén poderán participar nas ditas probas aquelas persoas traballadoras ocupadas que tivesen solicitado a súa participación na acción formativa ante a entidade. Da selección redactarase a correspondente acta no modelo normalizado establecido para o efecto.

Na realización das probas poderá estar presente un representante da Consellería de Economía, Emprego e Industria.

A acta de selección, cuberta en todas as epígrafes do modelo normalizado, remitirase á oficina de emprego, xunto coa documentación que acredite o cumprimento dos criterios de acceso, nos supostos de especialidades correspondentes a novos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3, non será posible iniciar a acción formativa ata que a antedita oficina dea o visto e prace á selección realizada.

d) As persoas demandantes propostas pola oficina de emprego só poderán ser rexeitadas para a realización da acción formativa cando concorran causas que así o determinen e sexan fidedignamente xustificadas polo centro ou entidade e neste sentido se aprecie pola oficina de emprego propoñente. Se se detecta o inicio dun grupo dunha acción formativa sen que a selección do alumnado fose autorizada pola oficina de emprego, este será cancelado.

e) Se non se cobren as prazas, a entidade poderá seleccionar directamente as persoas desempregadas ou realizar a correspondente convocatoria pública mediante anuncio nun dos xornais de maior tiraxe da comunidade autónoma, que deberá cumprir os requisitos indicados no artigo 49.

Cando a entidade beneficiaria realice a selección deberá remitir á oficina de emprego a acta de selección para que esta formación conste na demanda da persoa alumna.

f) Ao inicio da acción formativa, as entidades beneficiarias comunicarán á Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral, a través da aplicación informática, a relación de persoas desempregadas participantes co obxecto de que, se procede, se suspenda a demanda a través do procedemento previsto entre o Servizo Público de Emprego Estatal cos servizos públicos de emprego das comunidades autónomas.

2. Con carácter xeral na selección de persoas desempregadas outorgaráselles prioridade ás que conten con baixo nivel de cualificación.

Artigo 51. Incorporacións e suspensión

1. As entidades beneficiarias poderán incorporar alumnado dentro do primeiro cuarto de duración da acción formativa. Para estes efectos, poderase incluír como suplentes na relación de participantes ata un 20 por cento máis dos previstos, que poderán cubrir posibles baixas ao inicio da acción formativa e estarán identificados na comunicación de maneira diferenciada.

2. De se tratar de accións formativas vinculadas a certificados de profesionalidade unicamente se poderá incorporar alumnado durante os primeiros 5 días lectivos desde o inicio da acción formativa, sempre que non se superase o primeiro cuarto.

Superados os primeiros 5 días, só poderán incorporarse á acción formativa aquelas persoas alumnas que teñan pendentes un ou varios módulos formativos para finalizar a súa formación. A súa incorporación só poderá realizarse dentro dos cinco primeiros días do módulo/s formativo/s que teña pendente/s, sempre que non se superase o primeiro cuarto deste módulo. A persoa responsable da súa impartición deberá comprobar, mediante as probas e/ou a xustificación documental pertinente, o nivel da persoa alumna.

Naqueles casos en que se impartan módulos formativos integrantes do certificado de profesionalidade do que parte do alumnado estea exenta na súa realización, os cinco primeiros días lectivos serán referidos aos cinco primeiros días dos módulos formativos en que participe a totalidade do alumnado.

3. Se durante a impartición dunha acción formativa o alumnado baixa do 50 % do número programado, sen que se poidan dar novas altas, a entidade beneficiaria poderá solicitar á Consellería de Economía, Emprego e Industria a súa suspensión.

No caso de suspensión, a entidade terá dereito a unha indemnización, que será proposta pola comisión de avaliación e aprobada pola persoa titular da Consellería de Economía, Emprego e Industria, calculada de acordo co principio de proporcionalidade, que nunca será superior aos gastos efectivamente xustificados.

Artigo 52. Dereitos e deberes do alumnado

1. A formación será gratuíta en todo caso para todo o alumnado das accións formativas incluídas nesta orde.

2. O alumnado que estea desempregado terá dereito a percibir as axudas ou bolsas que estableza a Consellería de Economía, Emprego e Industria.

3. Dentro da programación de formación profesional para o emprego financiada con fondos públicos, o alumnado que estea desempregado e que resulte seleccionado para unha acción formativa non poderá asistir en ningún caso a outro simultaneamente. Tampouco poderá causar baixa nunha acción formativa para acceder a outra, salvo autorización expresa da Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral, por causas excepcionais debidamente xustificadas.

4. Os alumnos e alumnas terán a obriga de asistir e de seguir con aproveitamento as accións formativas, asinar os controis de asistencia, rexistrar a súa entrada e saída á acción formativa no sistema de control biométrico e facilitar a documentación que lles sexa solicitada polo centro ou entidade impartidora, segundo o artigo 43, dentro dos 10 primeiros días lectivos.

Nos cursos de especialidades formativas correspondentes a novos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 terán a obriga de presentar copia da documentación acreditativa dos requisitos de acceso para poder participar no curso. Se é o caso, tamén deben presentar a documentación acreditativa para a exención do módulo de prácticas profesionais non laborais.

5. Na modalidade presencial, no caso de que as faltas de asistencia dalgún alumno ou alumna superen o 25 % das horas lectivas, deberá ser dado/a de baixa na acción formativa. Na modalidade mixta o alumnado deberá ser dado de baixa na acción formativa cando as faltas de asistencia superen o 25 % das horas lectivas presenciais ou non realicen o 75 % das avaliacións correspondentes ás horas de teleformación.

6. Para ter dereito a diploma o alumnado deberá cumprir os seguintes requisitos tendo en conta a orde de impartición que figura no artigo 9 desta orde:

a) Modalidade presencial: asistir e superar con aproveitamento o 75 % da acción formativa (excluídas as horas do módulo de igualdade) e o 75 % das horas do módulo de igualdade, agás que estea exento da súa realización.

b) Modalidade mixta: ademais de cumprirse os criterios anteriores en relación coas horas presenciais, deberá superar con aproveitamento o 75 % dos controis programados das horas impartidas por teleformación (excluídos os do módulo de igualdade) e o 75 % dos controis do módulo de igualdade, agás que se estea exento da súa realización. No caso de que o número de sesións presenciais sexa menor de catro, a porcentaxe de asistencia obrigada reducirase para permitir unha única falta de asistencia (66 % se hai tres sesións ou 50 % se hai dúas). En calquera caso, nunha acción formativa mixta o alumnado deberá asistir polo menos a unha sesión presencial.

Artigo 53. Expedición de diplomas

1. A Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral determinará o modelo do diploma e nel deberá constar:

a) Nome, apelidos e DNI da alumna ou alumno.

b) Denominación da acción formativa.

c) Horas de impartición con especificación das horas presenciais ou de teleformación, se é o caso.

d) Lugar e datas de realización

e) Programa da acción formativa extractado por módulos.

f) Logotipo da Xunta de Galicia e do Ministerio de Emprego e Seguridade Social.

g) Módulo de igualdade, agás que estea exento.

2. O alumnado que non teña dereito a diploma recibirá, se o solicita, unha certificación polas horas e módulos que realizase.

3. Cando a formación que se vai impartir conduza á obtención dun certificado de profesionalidade ou de acreditacións parciais, teranse en conta os módulos formativos e requisitos que se determinen nos correspondentes certificados, aprobados en desenvolvemento da Lei orgánica 5/2002, do 19 de xuño.

Esta formación certificarase nos termos establecidos na citada lei, na súa normativa de desenvolvemento e no artigo 7 do Real decreto 694/2017, sempre que se cumpran estritamente os requisitos de alumnado, profesorado, instalacións e avaliación recollidos nos reais decretos que regulan as correspondentes certificacións. Teranse en conta os artigos 27 e 28 do capitulo IV da Orde ESS/1897/2013.

Artigo 54. Subcontratación

1. En ningún caso, as entidades beneficiarias poderán subcontratar con terceiros a execución da actividade formativa subvencionada, polo que deberán de dispoñer dos espazos, instalacións e recursos requiridos nos programas formativos.

2. Non se considerará subcontratación, para estes efectos, a contratación de persoal docente para a impartición da formación sempre que se realice baixo as seguintes formas:

a) Contratación realizada directamente pola entidade beneficiaria de docente por conta allea.

b) Contratación realizada directamente pola entidade beneficiaria de profesionais docentes ou docentes que sexan traballadores por conta propia.

Por contratación de persoal docente enténdese exclusivamente a contratación de persoas físicas.

3. As aulas, talleres e demais superficies das entidades de formación deberán ser os incluídos na acreditación e/ou inscrición da entidade no rexistro que as habilita para impartir formación profesional para o emprego no ámbito laboral en Galicia. No caso de que se trate dun contrato de arrendamento con carácter permanente, non se considerará subcontratación.

O incumprimento do previsto no parágrafo anterior determinará que se considere improcedente e non se admita a imputación do custo que resulte afectado.

4. Non se poderá contratar con terceiros a xestión, execución ou apoio, programación e coordinación do programa formativo.

5. A actividade de avaliación e control non se considera actividade formativa para estes efectos, polo que se pode encomendar a súa realización a terceiros.

Artigo 55. Xustificación do valor de mercado

1. Cando o importe do custo subvencionado supere as contías previstas no texto refundido da Lei de contratos do sector público, aprobado polo Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, para o contrato menor, o beneficiario deberá solicitar, como mínimo, tres ofertas de diferentes provedores, non vinculados entre si, con carácter previo á contratación do compromiso para obra, prestación do servizo ou entrega do ben, salvo que polas súas características non exista non mercado suficiente número de entidades que as realicen, presten ou subministren. Este aspecto deberá ser suficientemente xustificado polo beneficiario. A suficiencia da xustificación achegada será valorada pola Administración actuante.

Para o cálculo do custo subvencionado, indicado no parágrafo anterior, considerarase como unha única contratación a entrega de bens ou prestación de servizos realizada polo mesmo provedor para a execución das actividades subvencionadas incluídas no mesmo programa formativo. Considerarase igualmente como unha única contratación a entrega de bens ou prestación de servizos realizada por distintos provedores cando resulte posible a súa contratación conxunta cun único provedor.

Non se admitirá o fraccionamento dun contrato co obxecto de eludir o cumprimento do disposto no punto precedente.

A elección entre as ofertas presentadas, que deberá achegarse na xustificación ou, se é o caso, na solicitude da subvención, realizarase conforme criterios de economía e eficacia, e debe xustificarse expresamente nunha memoria a elección cando non se escolla a oferta economicamente máis vantaxosa.

2. En ningún caso o custo de adquisición dos gastos subvencionables poderá ser superior ao valor de mercado.

A Administración poderá comprobar o custo e valor de mercado das actividades subvencionadas a través de prezos de mercado, valores establecidos en taxacións oficiais ou referencias legais, ditames de peritos da Administración ou, en xeral, por calquera medio de proba admitido en dereito.

A constatación da existencia dun sobrecusto por parte da Administración dará lugar á dedución da parte proporcional do custo da actividade subvencionada.

3. As beneficiarias deberán achegar as tres ofertas, xunto cunha declaración responsable da beneficiaria da subvención de non estar vinculada con entidades ou persoas provedoras.

Artigo 56. Contratación con empresas vinculadas

1. Entenderase por persoas e empresas vinculadas aquelas que se atopen nalgunha das situacións previstas no artigo 68.2 do Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e no artigo 43.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. En ningún caso poderá contratarse a prestación ou adquisición de servizos ou subministracións necesarios para a execución da actividade subvencionada cunha persoa ou entidade vinculada co beneficiario, salvo que concorran as seguintes circunstancias:

1ª. Que a contratación se realice de acordo coas condicións normais de mercado.

2ª. Que se obteña a autorización previa da Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral.

3. As entidades beneficiarias serán responsables de que na execución da actividade subvencionada contratada sexan respectados os límites establecidos na normativa reguladora da subvención en canto a natureza e contía dos custos subvencionables. O contratista estará suxeito ao deber de colaboración para permitir a axeitada verificación do cumprimento dos ditos límites.

4. A carga de proba de que a contratación se realiza en condicións normais de mercado corresponderá ao beneficiario. Resultará de aplicación o previsto no artigo 55, con independencia da contía da contratación, e a Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral determinará a suficiencia ou insuficiencia da xustificación presentada.

5. O incumprimento da obriga de solicitar e obter a autorización da Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral con carácter previo á contratación con empresas vinculadas comportará a perda do dereito á percepción da subvención, en relación cos custos derivados da prestación ou adquisición dos servizos ou subministracións contratados e non autorizados.

Artigo 57. Control e seguimento das accións formativas

1. Para verificar o cumprimento do disposto nesta orde, a Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral, as xefaturas territoriais da consellería ou a empresa contratada para o efecto aplicarán o sistema de seguimento e control que consideren conveniente e que incluirá un número de visitas a cada acción formativa proporcional á súa duración, cun mínimo de dúas.

As actuacións, ademais da realización de visitas ás accións formativas aprobadas, poderán consistir na realización de enquisas ao alumnado e docentes, información respecto do progreso da acción e do seu grao de execución en cada momento, así como actuacións de control da elixibilidade dos custos imputados a cada acción formativa.

2. Cando se trate de accións formativas vinculadas a certificados de profesionalidade, nas distintas actuacións de seguimento e control comprobarase que o centro dispón de:

a) Instalacións e equipamentos adecuados, axustándose ao establecido ao respecto nos reais decretos polos que se regula cada un dos certificados de profesionalidade e se manteñen en boas condicións para a súa utilización.

b) Documentos que acrediten que as persoas que imparten a formación, a titorización-formación e o alumnado reúnen os requisitos establecidos para impartir a formación e acceder a esta, respectivamente.

c) Planificación didáctica, formalizada segundo o anexo III da Orde ESS/1897/2013.

d) Programación didáctica de cada módulo formativo e, de ser o caso, unidades formativas, utilizada como guía de aprendizaxe e avaliación, formalizada segundo o anexo IV da Orde ESS/1897/2013.

e) Planificación da avaliación, formalizada de acordo co anexo V da Orde ESS/1897/2013.

f) Instrumentos de avaliación válidos e fiables, cun sistema de corrección e puntuación obxectivo.

g) Documento que reflicta os resultados obtidos polos alumnos en cada instrumento da avaliación aplicado e en cada módulo formativo, segundo o modelo do anexo VI da Orde ESS/1897/2013.

h) Acta da avaliación cos resultados obtidos polos alumnos en cada instrumento de avaliación aplicado e en cada módulo formativo, segundo o modelo do anexo VII da Orde ESS/1897/2013.

i) Programa formativo do módulo de formación práctica en centros de traballo, segundo o modelo incluído no anexo VIII da Orde ESS/1897/2013, do 10 de outubro.

3. Cando nunha acción formativa se detecte a existencia de irregularidades ou deficiencias que non poidan ser emendadas no prazo concedido para o efecto e que incidan negativamente na súa calidade docente, procederase á súa cancelación por resolución motivada do órgano competente para a súa concesión.

Artigo 58. Avaliación da calidade das accións formativas

1. En cumprimento do establecido no artigo 33.5 da Orde TAS/718/2008, as entidades responsables de executar os programas de formación de oferta realizarán unha avaliación e control da calidade da formación que executen.

2. As entidades beneficiarias deberán facer un seguimento continuo que permita a identificación de áreas de mellora e a elaboración de programas de mellora, detectando debilidades que poidan ser emendadas dentro do período de realización da acción formativa. Quedarán reflectidas as actuacións levadas a cabo para tal fin na memoria final.

As actuacións realizaranse sobre unha mostra representativa que cubrirá, polo menos, o cinco por cento dos grupos a que se imparta a formación. Esta mostra cubrirá as accións do programa de formación tanto as priorizadas no ámbito correspondente como as transversais, así como as modalidades de impartición presentes no programa.

3. Entre as actuacións que se desenvolvan poderán incluírse as seguintes:

a) Actuacións de control:

– Verificación en tempo real do correcto desenvolvemento da formación en aspectos tales como locais, profesorado, horario, adecuación ao programa, entre outros.

– Constatación da satisfacción dos participantes a través de control telefónico aleatorio.

– Comprobación documental do cumprimento por parte dos centros de formación das súas obrigas en relación co programa de formación: control de asistencia, gratuidade da formación, publicidade da Consellería de Economía, Emprego e Industria, verificación documental dos gastos do programa, entre outros aspectos.

– Visitas de control interno ás oficinas onde se organiza ou xestiona o programa de formación respecto do cumprimento dos trámites e comunicacións que hai que realizar fronte ao órgano concedente.

– Calquera outra actuación complementaria das anteriores a través de requirimentos, envío de circulares ou outros medios.

b) Actuacións de avaliación.

Poderanse realizar aquelas actuacións de avaliación que as entidades beneficiarias consideren axeitadas para garantir a eficacia, eficiencia e calidade dos seus programas de formación.

As actuacións de avaliación dependerán, en gran medida, dos obxectivos e criterios elixidos polas entidades beneficiarias.

c) Memoria de avaliación e control.

Presentarase un informe de resultados que conterá a descrición das actuacións realizadas no ámbito da avaliación e control e a relación dos recursos materiais, técnicos e humanos que resulten necesarios para o desenvolvemento destas actuacións.

4. As actuacións realizadas en materia de avaliación polas entidades deberán comunicarse á Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral no momento en que se efectúen, e darase traslado de copia da documentación e dos resultados obtidos a través dun informe no cal queden reflectidas, así como da verificación das condicións de impartición da acción formativa e das actuacións de mellora que se realizasen a raíz dos resultados das accións de avaliación e control.

5. Deberanse incluír no informe de resultados as principais conclusións e recomendacións obtidas das actuacións de avaliación e control realizadas.

6. De acordo co previsto no artigo 2 da Resolución do 27 de abril de 2009, do Servizo Público de Emprego Estatal, pola que se publican os cuestionarios de avaliación de calidade das acción formativas para o emprego, as entidades beneficiarias colaborarán co citado organismo, entre outras actividades, na distribución e posta á disposición das persoas participantes do cuestionario de avaliación de calidade das accións formativas.

Unha vez cuberto o cuestionario polas persoas participantes, as entidades beneficiarias procederán a súa custodia e gravación.

CAPÍTULO VI

Pagamento e xustificación

Artigo 59. Pagamento e liquidación das subvencións

1. Ata o 25 por 100 do total do importe concedido para o programa de formación, en concepto de anticipo con carácter previo ao comezo da actividade formativa, nos termos do número 8 do artigo 6 da Lei 30/2015, do 9 de setembro, pola que se regula o sistema de formación profesional para o emprego no ámbito laboral, pode ser solicitado pola entidade beneficiaria no prazo máximo dun mes de antelación ao comezo da actividade formativa e sempre despois de que reciba a notificación da resolución.

2. Logo de solicitude da entidade beneficiaria procederase ao pagamento dun segundo anticipo de ata o 35 por cento adicional, unha vez acreditado o inicio da actividade formativa. Entenderase por inicio da actividade formativa o comezo da execución do primeiro grupo da primeira acción formativa do programa.

3. Conforme o previsto no artigo 65.4 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, as entidades locais e institucións sen fins de lucro están exoneradas de constituír garantía para a realización dos anticipos.

As entidades con ánimo de lucro deberán constituír garantía a favor da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia, mediante seguro de caución prestado por entidade aseguradora ou mediante aval solidario da entidade de crédito ou sociedade de garantía recíproca, segundo establece o artigo 67 da mesma norma xurídica.

4. Se é o caso, os anticipos serán solicitados mediante o formulario web «Solicitude de anticipo».

5. En ningún caso poderán realizarse pagamentos anticipados ás persoas beneficiarias nos supostos previstos no número 6, parágrafo terceiro, do artigo 31 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

6. O resto do importe concedido farase efectivo unha vez finalizado o programa formativo subvencionado e xustificados os gastos realmente efectuados. Para o cálculo do importe que se aboe terase en consideración a xustificación presentada.

7. Non poderá realizarse o pagamento da subvención en canto o beneficiario non se atope ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social e non teña pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma ou non estea ao día no pagamento de obrigas por reintegro de subvencións, de acordo co disposto no artigo 9 do Decreto 11/2009 polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia.

Artigo 60. Prazo de xustificación

1. A xustificación dos gastos subvencionables deberá realizarse dentro do prazo dun mes desde o remate da última acción formativa do programa de formación.

A xustificación dos gastos anteriores ao 1 de decembro de 2017 deberá realizarse antes do 15 de decembro de 2017 e a do resto dos gastos deberá realizarse antes do 30 de outubro de 2018.

2. Os custos das accións formativas poderán imputarse desde 1 mes antes do inicio do programa. Entenderase que o programa se iniciou na data do inicio da primeira acción formativa.

Serán admisibles os gastos estritamente necesarios para a realización das accións formativas, efectivamente realizados e pagados ata a data de finalización do prazo de xustificación determinado no anterior número 1 deste artigo.

Non obstante, os gastos de auditoría, auga, luz ou análogos, poderán ser admisibles aínda que a data do xustificante de gasto sexa anterior ou posterior en máis dun mes ao período de execución da acción formativa, no caso que se acredite documentalmente que as subministracións ou servizos facturados foron recibidos dentro do período de execución da acción formativa e utilizados para ela.

3. Transcorrido o prazo establecido para a xustificación sen que se presentase ante a Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral, esta requirirá o beneficiario para que no prazo improrrogable de dez días a presente. A falta de presentación da xustificación en prazo comportará a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención, a exixencia de reintegro e demais responsabilidades establecidas na Lei de subvencións de Galicia e no texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto (BOE núm. 189, do 8 de agosto).

A devandita dirección xeral poderá outorgar unha ampliación do prazo establecido para a presentación da xustificación, que non poderá exceder a metade deste e sempre que non se prexudiquen dereitos de terceiros.

Artigo 61. Documentación xustificativa

1. As entidades beneficiarias deberán enviar á Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral a xustificación dos custos inherentes ao programa formativo a través da seguinte documentación, que deberá presentarse por cada acción formativa selada e asinada:

a) Solicitude de liquidación final.

b) Relación de nóminas e facturas.

c) As facturas, nóminas e xustificantes de pagamento de todos os gastos imputables á acción formativa segundo as indicacións sobre documentación dos artigos número 65 a 77.

d) Certificación dos gastos.

e) Declaración complementaria do conxunto de todas as axudas solicitadas (aprobadas, concedidas ou pendentes de resolución) para a mesma acción formativa, das distintas administracións públicas competentes ou de calquera dos seus organismos, entes ou sociedades.

2. A entidade beneficiaria deberá, así mesmo, cubrir e remitir nos impresos normalizados e conforme as instrucións que se establezan para o efecto naquelas os seguintes documentos:

a) A certificación de finalización do programa, con especificación de cada acción formativa realizada da que se comunicase o seu inicio no momento oportuno.

b) A documentación xustificativa que acredite, como mínimo, os custos relativos ás accións formativas subvencionadas.

c) Xustificante de ter ingresado o importe correspondente á diferenza entre a cantidade xustificada e a recibida en concepto de anticipo, é dicir, cando o anticipo sexa superior á cantidade xustificada.

d) A documentación relativa ás actuacións de avaliación e control da calidade da formación. Nese caso enviarase coa xustificación o informe final ou memoria cos resultados, que pode enviarse en soporte informático.

e) As entidades beneficiarias deberán acreditar, con independencia da súa contía e antes de proceder ao cobramento das subvencións, que están ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social e que non teñen pendente de pagamento ningunha débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.

Esta obriga poderá ser substituída pola declaración responsable do solicitante de estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da comunidade autónoma, no caso das entidades que se recollen no artigo 11 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

f) Documentación xustificativa relativa aos controis de aprendizaxe.

3. Os documentos xustificativos presentaranse en orixinal, de se tratar dun documento electrónico, ou a imaxe electrónica do documento orixinal, de se tratar dun documento en papel, conforme o previsto no artigo 27 da presente orde.

4. Cando non se presentase a documentación xustificativa a que se refiren os puntos anteriores ou a documentación presentada fose insuficiente para considerar correctamente xustificada a subvención concedida, requirirase a entidade beneficiaria nos termos previstos no número 3 do artigo 60 para que corrixa as insuficiencias observadas.

Examinada a documentación xuntada para a corrección das insuficiencias detectadas, ou transcorrido o dito prazo sen que se presentasen, procederase á liquidación final a partir dos xustificantes de gastos elixibles que consten no expediente.

5. Revisada a xustificación efectuada polas entidades beneficiarias e sempre que esta se axuste ao disposto nesta orde, o Servizo de Xestión Administrativa da Promoción Laboral da Dirección Xeral de Orientación e Promoción laboral, emitirá certificación para poder facer efectiva a correspondente liquidación da subvención concedida.

Artigo 62. Instrucións de xustificación de custos e liquidación

1. Os datos de xestión da acción formativa deberanse introducir en liña a través da aplicación informática que a Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral poñerá á disposición das entidades beneficiarias.

2. A entidade beneficiaria deberá xustificar os custos en que incorrese na execución das accións formativas obxecto do programa e o gasto xustificado será o efectivamente pagado.

3. Os custos xustificaranse con facturas e demais documentos de valor probatorio co detalle suficiente para acreditar a correcta aplicación dos fondos. Os ditos documentos deberán cumprir os requisitos establecidos no Real decreto 1619/2012, do 30 de novembro, polo que se aproba o Regulamento que regula as obrigas de facturación.

A beneficiaria deberá achegar, igualmente, extractos do libro maior en que se reflictan todas as operacións contables realizadas para a execución da acción formativa e declaración responsable das empresas con que teñan vinculación.

4. Cando, de acordo coas normas de contabilidade xeralmente aceptadas, se admita a xustificación de custos mediante notas de cargo, estas deberán acompañarse dos documentos xustificativos que soportan o gasto ou as súas imputacións.

As notas de cargo deberán estar emitidas para cada entidade beneficiaria, corresponder a custos reais da entidade emisora e deberán reunir, polo menos, os seguintes requisitos formais:

– Número e, se é o caso, serie.

– Nome e apelidos ou denominación social completa, número de identificación fiscal e enderezo tanto do expedidor como do receptor.

– Lugar e data da súa expedición.

– Concepto detallado da prestación.

5. Os recibos deberán ser emitidos por persoas físicas e admitiranse unicamente cando o servizo prestado non sexa habitual nin continuado no tempo. Deberán reunir, como mínimo, os requisitos formais indicados para as notas de cargo, así como a sinatura do receptor.

6. Cando as actividades formativas fosen financiadas, ademais de coa subvención, con fondos propios ou outras subvencións ou recursos, deberá acreditarse na xustificación o importe, procedencia e aplicación de tales fondos ás actividades subvencionadas.

7. O control da Consellería de Economía, Emprego e Industria, como órgano concedente, esténdese á comprobación de que a entidade beneficiaria tivo en conta as previsións do artigo 29.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 63. Xustificación dos custos directos de impartición de docencia (A1)

1. A xustificación do pagamento das retribucións ao persoal docente e ao titor do módulo de formación práctica en centros de traballo deberá facerse, en todo caso, mediante apuntamento bancario e teranse en conta as seguintes indicacións:

2. No caso de docente contratado por conta allea, deberase achegar:

– Nómina do persoal docente.

– Documento bancario que acredite a transferencia da nómina aboada.

– Boletíns de cotización á Seguridade Social: recibo de liquidacións de cotizacións e modelo TC2 ou equivalente, e os documentos bancarios que acrediten o seu pagamento.

– Resolución de alta no réxime xeral da Seguridade Social.

– Modelo 190 (retencións e ingresos á conta do IRPF e xustificantes do seu pagamento (modelo 111), correspondentes aos trimestres durante os cales se desenvolveu a acción formativa), unha vez que se dispoña deles.

– Xustificante bancario do ingreso do modelo 111 do IRPF.

– Informe de datos de cotización (IDC), correspondentes ao período de desenvolvemento da acción formativa.

– No caso de que a imputación á acción formativa sexa do 100 %: contrato laboral do persoal docente en que constará o seu obxecto, especificando a acción formativa de que se trate.

– No caso de que a imputación á acción formativa sexa menor do 100 %: contrato laboral.

– Anexo ao contrato, asinado polas dúas partes, que recolla o seu obxecto, especificando a acción formativa de que se trate, así como a súa duración.

Se a contratación non foi efectuada para a realización exclusiva da acción formativa, deberá xustificarse a imputación total da nómina.

A cantidade que se imputará á acción formativa será proporcional ao número de horas efectivamente impartidas polo formador. Se non se atopa diferenciada na nómina e nesta se inclúen outros conceptos retributivos, achegarase cálculo xustificativo da imputación efectuada segundo o criterio de horas da acción formativa impartidas en relación co total de horas traballadas (segundo o tipo de contrato e o TC2).

O custo bruto por hora que se imputará calcularase coa seguinte fórmula:

– Masa salarial de docente/número de horas anuais segundo convenio=custo hora docente.

– Na masa salarial inclúense a retribución bruta anual (incluída pro rata de pagas extra) máis o custo de Seguridade Social a cargo da entidade.

Custo que se imputará: número de horas impartidas × custo/hora de docente.

3. No caso de docente contratado por contrato mercantil, deberase achegar:

– Contrato realizado en que figure o seu obxecto (impartición da acción formativa de que se trate) e a súa duración.

– Factura correspondente á acción formativa como xustificante de gasto, en que se inclúa a denominación da acción formativa, a actividade realizada, o número de horas impartidas, o custo por hora e modalidade, a retención efectuada polo profesional e o importe total correspondente.

– Xustificante de pagamento.

4. No caso de docente que conste como socio ou socia da entidade beneficiaria, deberase achegar:

– Factura que recolla a denominación da acción formativa, número de horas impartidas, custo por horas e modalidade e importe que se percibirá.

– Xustificante de pagamento da factura.

– Alta de socio ou socia no IAE.

– Recibo de liquidación de cotización ao réxime especial de traballadores autónomos do período de execución da acción formativa.

– En caso de cotizar no réxime xeral da Seguridade Social, deberá presentar as nóminas percibidas no período formativo e os documentos da Seguridade Social (recibo de liquidacións de cotizacións e TC2) do antedito período, así como os seus correspondentes xustificantes de pagamento.

5. Os soportes xustificativos de impartición deben conter, polo menos, os seguintes datos:

– Denominación da acción formativa.

– Descrición do servizo prestado.

– Número de grupos facturados.

– Datas de inicio e finalización de cada grupo.

– Número de horas da acción formativa facturadas.

– O número de persoas participantes por grupo, que só será obrigatorio se a facturación se realiza en horas/persoa participante ou é individualizada.

En relación coas accións formativas dirixidas a grupos cuxa impartición por grupo non sexa homoxénea, sexan ou non impartidas por centros multimedia, poderase requirir un certificado orixinal expedido polo provedor co detalle de horas totais de formación recibidas por cada persoa participante.

Cando se trate de facturación de formación mixta, os soportes xustificativos deberán indicar o detalle de horas de cada tipo de formación e unha descrición emitida polo provedor sobre as características da plataforma empregada para a realización da teleformación.

6. Os custos deberán presentarse debidamente detallados por concepto e imputaranse por horas de actividade.

Artigo 64. Xustificación dos custos directos de preparación e titorías (A2)

1. Os criterios de xustificación desta epígrafe seguirán as mesmas directrices establecidas para o persoal docente no artigo 63, reflectindo de maneira separada nos xustificantes de gasto os custos derivados dos diferentes conceptos imputables.

2. No caso de que se trate de persoal interno da entidade beneficiaria ou contratado para a formación, deberán remitir, ademais, certificado asinado polo representante legal da beneficiaria en que conste, por cada un dos conceptos (a1 e a2) de cada traballador imputado: o cargo que ocupa, a actividade desenvolvida para o programa de formación, as datas de dedicación a este e o número de horas empregadas, cunha descrición da actividade concreta realizada ou criterios de imputación de custos.

O devandito certificado acompañarase dunha declaración asinada por cada unha das persoas traballadoras incluídas nel, que especifique os días de dedicación, identifique as horas empregadas e describa as tarefas realizadas en cada unha delas.

Artigo 65. Xustificación dos custos directos de amortización (B)

1. Para a xustificación dos custos de amortización de equipamentos didácticos e plataformas de teleformación, aulas, talleres e demais superficies, deberase achegar:

– Factura de adquisición dos elementos amortizables ou o seu correspondente apuntamento contable.

– Xustificante de pagamento.

– Estado do cálculo efectuado para determinar o custo imputable.

– Presentación do modelo de «Cadro de amortización» que figura como anexo III da Resolución do 18 de novembro de 2008, do Servizo Público de Emprego Estatal, pola que se regula a xustificación de gastos derivados da realización de accións de formación profesional para o emprego, en materia de formación de oferta, dirixidas prioritariamente a persoas traballadoras desempregadas.

– Claves de acceso á correspondente plataforma, se é o caso.

– Declaración da entidade conforme non imputan gastos de amortización no mesmo período temporal que noutras posibles subvencións

2. Os custos de amortización de equipamentos didácticos, plataformas de teleformación, aulas, talleres e demais superficies utilizadas no desenvolvemento da formación débense detallar por acción ou por acción/grupo e elemento amortizable, con indicación da referencia asignada a cada documento na aplicación telemática.

Os custos de amortización das aulas, talleres e demais superficies utilizadas no desenvolvemento do programa de formación deberán presentarse debidamente detallados por acción formativa e concepto, imputaranse polo período de utilización e deberán ser proporcionais ás superficies e elementos estritamente necesarios para a execución de cada unha das accións formativas e polo período de execución destas. Deberase achegar plano con indicación das superficies dos espazos obxecto de amortización e con detalle das utilizadas en cada acción formativa.

Artigo 66. Xustificación dos custos directos de medios didácticos (C)

1. Para xustificar os custos de medios didácticos, materiais didácticos e bens consumibles, deberase achegar:

– Facturas en que se identifique a acción formativa e/ou programa de formación, así como o número de unidades e o prezo por unidade, acompañadas dos seu correspondente xustificante de pagamento.

– Xustificante de recepción detallado e asinado polo alumnado do material dun só uso que lle fose entregado de xeito individualizado e cuxo custo sexa imputado. No caso de materiais de traballo funxibles, a Dirección Xeral poderá exixir que se achegue memoria xustificativa en que se detallen as actividades desenvolvidas e a súa relación cos consumos imputados.

– Xustificante de recepción detallado e asinado polo alumnado do material didáctico, material de protección ou seguridade que lle entregase; cando sexa precisa a reposición de tales materiais, deberán achegar tantos xustificantes de recepción como foran asinados.

2. Os soportes xustificativos dos gastos de medios didácticos, material didáctico e bens consumibles deberán detallar o material e o número de unidades adquiridas.

No caso de que a acción formativa se imparta baixo a modalidade mixta, o soporte xustificativo deberá detallar cada un dos conceptos incluídos nos servizos prestados a través da plataforma de teleformación.

Os gastos de adquisición de material didáctico ou de material consumible utilizado na preparación dos medios didácticos ou no desenvolvemento da acción formativa presentaranse debidamente detallados por acción formativa ou por acción, grupo e concepto, e imputaranse polo número de persoas participantes deste, no caso de uso individual dos equipamentos ou plataformas; noutro caso, imputaranse por horas de utilización.

Artigo 67. Xustificación dos custos directos de alugamento e arrendamento financeiro (D)

1. Para xustificar os custos de alugamento e arrendamento financeiro deberase achegar:

– As facturas correspondentes e o contrato de arrendamento ou de arrendamento financeiro, que deberán vir desagregados por acción formativa e imputaranse, tratándose de equipamentos didácticos, por horas de utilización, e tratándose de aulas, talleres ou outras superficies, polo período de duración da acción e de xeito proporcional aos espazos e elementos estritamente necesarios para a execución da actividade subvencionada.

Nas facturas deberán constar as condicións, período devindicado, concepto, prezo unitario e datas a que se refire.

– No caso das plataformas de teleformación, o contrato debe especificar a titularidade de propiedade do contratado e as características da dita plataforma.

2. A documentación acreditativa dos custos de equipamentos didácticos, plataformas de teleformación, aulas, talleres e demais superficies utilizadas no desenvolvemento da formación deberá estar detallada por acción formativa ou grupo e indicar a descrición do servizo prestado ou elemento alugado, o número de unidades e o período de alugamento facturado, con indicación da referencia asignada a cada documento na aplicación telemática.

Os soportes xustificativos dos custos das aulas, talleres e demais superficies deberán indicar, ademais, o lugar en que se atopa o inmoble, que corresponderá co lugar de impartición da acción formativa indicado, se é o caso, na correspondente comunicación da acción formativa. Deberase achegar plano con indicación das superficies dos espazos alugados e con detalle das utilizadas en cada acción formativa.

3. Os custos de alugamento de equipamentos e plataformas de teleformación imputaranse polo número de persoas participantes no caso do uso individual dos equipamentos ou plataformas; noutro caso, imputaranse polo período de utilización.

Os custos de alugamento das aulas, talleres e demais superficies utilizadas no desenvolvemento do programa de formación imputaranse polo período de utilización e deberán ser proporcionais ás superficies e elementos estritamente necesarios para a execución de cada unha das accións formativas e polo período de execución destas.

4. Se a xustificación do custo se documenta a través dunha operación de arrendamento financeiro (leasing), cómpre presentar unha copia do contrato (incluído o cadro de amortización) e dos recibos de pagamento, tendo en conta que:

– A duración do contrato debe ser, como mínimo, de dous anos cando teña por obxecto bens mobles e de dez anos cando teña por obxecto bens inmobles ou establecementos industriais.

– A cota do alugamento debe detallar o valor neto do ben e os gastos derivados da operación de arrendamento financeiro (leasing), como xuros, IVE e custos de seguros, os cales non son elixibles; só será elixible a parte do alugamento correspondente á compra neta do ben.

– As cotas de arrendamento financeiro (leasing) nunca poderán ter carácter decrecente e só se financiarán axustadas proporcionalmente ao tempo de utilización do elemento de que se trate no programa de formación.

– O importe máximo elixible non debe superar o valor comercial neto do ben arrendado e o custo do arrendamento financeiro (leasing) non pode ser superior ao custo que suporía o alugamento do mesmo material, sempre que exista tal posibilidade de alugamento.

Artigo 68. Xustificación dos custos directos de seguro (E)

1. Para xustificar os custos de seguro deberase achegar:

– O contrato subscrito entre a entidade beneficiaria e a compañía de seguros, asinado por ambas as partes e no cal conste identificada a descrición do grupo, da acción formativa e do programa de formación, o tipo de seguro, as coberturas contratadas, o período de cobertura, o número de alumnos asegurados, se é o caso, e a prima satisfeita.

– O recibo da prima satisfeita e o seu xustificante de pagamento. Non se admitirán pólizas con franquías.

2. Non deben existir diverxencias entre o recibo da prima e o contrato de seguro no que se refire á duración da acción formativa, número de póliza ou calquera outro dato que figure nos documentos.

Artigo 69. Xustificación dos custos directos de publicidade (F)

1. Os gastos de publicidade deberán presentarse debidamente desagregados por acción formativa e xustificaranse da seguinte forma:

– Facturas e o seu correspondente xustificante de pagamento.

– No caso de anuncio publicitario en prensa, deberá achegarse, ademais da factura e do seu correspondente xustificante de pagamento, a páxina do diario en que resulte visible o día de publicación e o medio de comunicación.

– Cando o gasto publicitario para a organización e difusión da acción formativa consista na elaboración de folletos ou carteis, xustificarase e acreditarase na forma establecida para os anuncios en prensa, xuntando un exemplar destes.

– Cando o gasto publicitario consista no envío de cartas, xustificarase mediante factura detallada expedida polo servizo de Correos empregado, así como o seu correspondente xustificante de pagamento. Tamén deberá presentarse unha memoria, por cada acción formativa, do número de cartas remitidas e do prezo unitario de cada un dos envíos, acompañada dun exemplar de cada tipo de carta remitida.

– Se o gasto publicitario se realiza por calquera outro medio distinto do descrito neste artigo, xustificarase mediante as facturas en que apareza claramente identificado o medio utilizado, o seu obxecto e o seu contido.

2. Os soportes xustificativos dos gastos de publicidade deberán incluír a descrición do servizo prestado e deberán conter o detalle suficiente que permita comprobar a vinculación do gasto imputado ao programa de formación ou á/s acción/s formativa/s correspondente/s.

As facturas que non recollan toda a información exixida respecto ao contido poderán ir acompañadas dun certificado ou anexo, emitido polo provedor, onde se aclare ou complete a información necesaria para a validación dos importes reflectidos nela.

3. Os distintos tipos de publicidade utilizados, agás os expresamente regulados no artigo 49 para a selección do alumnado, deberán ser comunicados á Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral e será preciso que neles conste expresamente o financiamento da Xunta de Galicia e do Ministerio de Emprego e Seguridade Social. Cando o custo supere os 1.500 € por plan formativo, deberá ser autorizado previamente.

Artigo 70. Xustificación dos custos directos para adaptación das accións formativas (G)

1. Os criterios de xustificación desta epígrafe para o persoal de apoio seguirán as mesmas directrices establecidas nos artigos 63 e 64 desta orde, reflectindo de maneira separada nos xustificantes de gasto os custos derivados dos diferentes conceptos imputables.

2. No que se refire á xustificación de custos para adaptación curricular ou para material didáctico, seguiranse os mesmos criterios que os reflectidos para os custos directos de material didáctico no artigo 66 desta orde.

Artigo 71. Xustificación dos custos asociados (H-I-J)

1. Para a xustificación dos custos asociados deberán presentar documento que recolla os criterios e cálculos realizados para a súa imputación no caso de gastos compartidos con outras actividades, de conformidade co artigo 29.9 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e, en todo caso, na medida en que tales custos correspondan ao período en que efectivamente se realiza a actividade. Deberán achegarse, así mesmo, os xustificantes que se indican nos seguintes números para cada caso.

2. No caso dos custos de persoal de apoio (H), o gasto será xustificado segundo os criterios e directrices definidos para as retribucións dos docentes internos.

Deberán remitir, ademais, certificado asinado polo representante legal da beneficiaria en que conste, por cada persoa traballadora imputada: o cargo que ocupa, a actividade desenvolvida para o programa de formación, as datas de dedicación a este e o número de horas empregadas, cunha descrición da actividade concreta realizada ou criterios de imputación de custos.

O devandito certificado acompañarase dunha declaración asinada por cada unha das persoas traballadoras incluídas nel, que especifique os días de dedicación, identifique as horas empregadas e describa as tarefas realizadas en cada unha delas.

3. Para os custos financeiros (I) deberá achegarse:

– No caso de comisións, xuros e demais gastos que se produzan pola constitución da garantía bancaria, deberán achegarse os documentos de constitución da dita garantía e dos gastos asociados a ela.

– Contrato coa empresa asesora ou notario no caso de gastos de asesoramento legal, así como facturas ou documentos contables de valor probatorio correspondentes.

– Documentos constitutivos do aval bancario, de ser o caso, ou contrato e cotas deste.

4. Para outros custos (J), deberá achegarse a factura correspondente e xustificante do seu pagamento efectivo.

5. Os soportes xustificativos deberán conter a descrición do servizo prestado, a data de prestación do dito servizo e deberán detallar os custos por concepto.

Artigo 72. Xustificación doutros custos subvencionables (K-L)

1. Os custos de avaliación e control, cando se refiran a persoal propio, xustificaranse segundo os criterios e directrices definidos para as retribucións dos docentes internos.

Deberán remitir, ademais, certificado asinado polo representante legal da beneficiaria en que conste, por cada persoa traballadora imputada: o cargo que ocupa, a actividade desenvolvida para o programa de formación, as datas de dedicación a este e o número de horas empregadas, cunha descrición da actividade concreta realizada ou criterios de imputación de custos.

O devandito certificado acompañarase dunha declaración asinada por cada unha das persoas traballadoras incluídas nel, que especifique os días de dedicación, identifique as horas empregadas e describa as tarefas realizadas en cada unha delas.

2. Cando se refiran a persoal alleo, xustificaranse segundo os criterios e directrices definidos para o persoal externo docente.

3. Os soportes xustificativos dos custos de avaliación e control da calidade de formación deberán conter a descrición detallada do servizo prestado.

Artigo 73. Forma de xustificar o pagamento

1. Pagamentos realizados mediante cheque: este deberá ser nominativo e achegarase unha copia del, xunto co xustificante bancario do movemento orixinado polo seu cobramento.

2. Pagamento mediante transferencia bancaria ou ingresos na conta: acreditarase mediante copia da orde de transferencia con ordenante e beneficiario claramente identificados, o importe e a data en que tivo lugar, xunto co selo identificativo da entidade bancaria ou o extracto bancario acreditativo do cargo.

A xustificación do pagamento das retribucións en concepto de nómina deberá facerse, en todo caso, mediante apuntamento bancario. No caso de que os xustificantes de pagamento sexan polo total dos traballadores deberá presentarse desagregación por traballador.

3. Pagamento mediante domiciliación bancaria: acreditarase mediante certificación da entidade financeira ou documento do cargo na conta acreditativo dos documentos de gasto que se saldan.

4. Pagamento en efectivo: a forma de acreditar os pagamentos en efectivo será mediante factura ou documento contable de valor probatorio equivalente conforme o Real decreto 1619/2012, do 30 de novembro, que aproba o Regulamento polo que se regulan as obrigas de facturación. No suposto de que o pagamento se acredite mediante factura simplificada (xustificante de recepción) consignado no mesmo documento que soporta o gasto, este deberá conter a sinatura e o selo do provedor e o selo de pagado. En ambos os casos será precisa a achega do apuntamento contable correspondente.

A xustificación do pagamento mediante efectivo só poderá aceptarse para gastos de escasa contía por importes inferiores a trescentos euros.

En ningún caso se aceptarán pagamentos en efectivo para o persoal, con independencia do concepto retributivo.

5. O IVE será un gasto subvencionable sempre e cando sexa real e definitivamente soportado pola entidade beneficiaria. O IVE recuperable non será subvencionable. Para a comprobación deste aspecto, deberá presentarse coa liquidación o modelo 390 (declaración anual do IVE) correspondente ao último exercicio en que figure, se é o caso, a porcentaxe de redución (rateo) que aplicará a Axencia Estatal de Administración Tributaria (AEAT).

As entidades non suxeitas ou exentas do IVE acreditarán tal circunstancia mediante certificado actualizado emitido pola AEAT.

Artigo 74. Rastrexabilidade dos pagamentos

1. Para aceptar os gastos como xustificados é necesario que se identifique claramente a correspondencia entre a factura/nómina e o xustificante de pagamento, en que apareza especificado o número de factura no concepto do xustificante bancario, posto que a simple coincidencia de provedor e importe non é garantía suficiente.

2. Se o xustificante inclúe o pagamento de varias facturas e non se especificaron todas no concepto de xustificante bancario, o antedito xustificante deberá ir acompañado do total das facturas que estean afectadas por el.

3. En ningún caso se darán por válidos os xustificantes de pagamentos corrixidos con notas á man que rectifiquen calquera equivocación.

CAPÍTULO VII

Obrigas e reintegro

Artigo 75. Obrigas das entidades beneficiarias

1. Constitúen obrigas da beneficiaria as sinaladas neste artigo e nos artigos 42, 43 e 44 desta orde, sen prexuízo doutras obrigas establecidas nesta orde; na Lei 30/2015, do 9 de setembro, pola que se regula o sistema de formación profesional para o emprego no ámbito laboral; no Real decreto 694/2017, do 3 de xullo, que a desenvolve; na Orde TAS/718/2008 e no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. Achegar a información e documentación que se requira durante a fase de instrución do procedemento e execución do programa formativo, así como ter a disposición dos órganos de control competentes os documentos acreditativos da asistencia das persoas participantes ás accións formativas, debidamente asinados por estas e segundo os requisitos mínimos que se establezan.

3. Facilitar toda a información que lles sexa requirida pola Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral, pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, polo Tribunal de Contas, polo Consello de Contas e polo Servizo Público de Emprego Estatal, no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das axudas.

4. Someterse ás actuacións de supervisión, control e comprobación que, en calquera momento, poidan acordar os servizos competentes da Consellería de Economía, Emprego e Industria, tanto no relativo ao desenvolvemento das accións formativas como á súa xestión e tramitación administrativa, así como a calquera outra actuación, de comprobación e control financeiro, que poidan realizar os órganos de control competentes, tanto autonómicos como estatais ou comunitarios, para o que se achegará canta información lles sexa requirida no exercicio de actuacións anteriores.

5. Someterse ás actuacións de avaliación, seguimento e control, internas e externas, segundo o plan anual de avaliación, recollido no artigo 18.2 do Real decreto 34/2008.

6. Presentar a xustificación do cumprimento dos requisitos e condicións que determinan a concesión da subvención, así como da realización e dos custos da actividade que fundamenta a concesión.

7. Incorporar, xunto coa conta xustificativa dos gastos efectivamente realizados, un informe de revisión de conta xustificativa de subvencións, asinado por unha persoa auditora inscrita no Rexistro Oficial de Auditores de Contas (ROAC), nos termos que preceptúa a Orde EHA/1434/2007, do 17 de maio, pola que se aproba a norma de actuación dos auditores de contas na realización dos traballos de revisión de contas xustificativas de subvencións.

8. Dispoñer dos libros contables, rexistros dilixenciados e demais documentos debidamente auditados nos termos exixidos pola lexislación mercantil e sectorial aplicable á entidade beneficiaria en cada caso, coa identificación en conta separada ou epígrafe específica da súa contabilidade de todos os ingresos e gastos de execución das accións formativas, coa referencia común a todos eles á formación para o emprego.

9. Manter un sistema de contabilidade separada ou unha codificación contable adecuada de todas as transaccións realizadas con cargo aos proxectos subvencionados ao abeiro desta orde, referidos a operacións da afectación da subvención á finalidade da súa concesión. Así, xunto coa documentación xustificativa, a entidade beneficiaria deberá achegar os documentos bancarios onde aparezan claramente identificados os ingresos da subvención percibida no sistema da entidade beneficiaria, agás o da liquidación final, que se remitirá no momento da súa recepción.

10. A entidade beneficiaria da subvención estará obrigada a conservar durante 5 anos os xustificantes da realización da actividade que fundamenta a concesión da subvención, así como da aplicación dos fondos recibidos. O prazo computarase a partir do momento en que finalice o período establecido para presentar a citada xustificación por parte da entidade beneficiaria. No suposto de accións cofinanciadas con fondos comunitarios, aplicarase a este respecto o que estableza a normativa comunitaria.

As entidades que, sen que transcorrese o citado período, decidan suspender a súa actividade ou disolverse, deberán remitir copia compulsada ou orixinal da citada documentación á Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral.

11. Comunicarlle á Administración autonómica a obtención doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos. Estes ingresos serán incompatibles coa subvención que corresponda, polo que esta será minorada na cantidade xa percibida.

12. As entidades beneficiarias das subvencións deberán acreditar, con independencia da súa contía, tanto antes de ditar resolución de concesión como de proceder ao cobramento das subvencións, que están ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social e que non teñen pendente de pagamento ningunha débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia. Esta obriga poderá ser substituída pola declaración responsable do solicitante de estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte a Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da comunidade autónoma, no caso das entidades que se recollen no artigo 11 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

13. Subscribir, con carácter previo á percepción do financiamento público, un compromiso verificable de calidade na xestión, transparencia e eficiencia na utilización de recursos públicos. Este compromiso estará referido ao seguimento da impartición e asistencia de todos os participantes, á súa satisfacción co desenvolvemento da acción formativa, aos seus contidos, aos seus resultados, á calidade do profesorado e ás modalidades de impartición.

14. Ter realizado ou, se é o caso, garantido as devolucións de cantidades concedidas e pagadas en convocatorias anteriores e cuxa devolución lle fose exixida mediante reclamación previa á vía executiva ou mediante resolución de procedencia de reintegro, salvo que se aplicase a suspensión do acto. 

15. Non incorrer no falseamento de datos contidos na solicitude ou nos documentos e certificados presentados aos órganos competentes na tramitación das solicitudes e na concesión das subvencións.

Artigo 76. Incompatibilidades

1. As axudas previstas nesta orde son incompatibles coa percepción doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos para a mesma acción formativa, procedentes de calquera Administración ou entes públicos ou privados, estatais, da Unión Europea ou de organismos internacionais.

2. O importe das subvencións en ningún caso poderá ser de tal contía que supere o custo da actividade subvencionada.

Artigo 77. Modificación da subvención

Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión das subvencións reguladas nesta orde e, en todo caso, a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, estatais, da Unión Europea ou internacionais, poderá dar lugar á modificación ou revogación das resolucións de concesión.

Artigo 78. Rateos por diminución de alumnado

1. Para o cálculo do importe que se lles aboará ás entidades efectuaranse dous rateos en función das desviacións do número de alumnos que participen efectivamente nas accións formativas. A subvención concedida minorarase proporcionalmente e o importe que se aboará calcularase en función das cantidades resultantes dos dous rateos.

2. Procederá o primeiro rateo no caso de que inicien a acción formativa un número de alumnas e alumnos inferior aos orzados: ratearase a cantidade que se pagará en función do alumnado que a iniciase. Non obstante, non se aplicará penalización orzamentaria se se produce unha desviación do número de alumnos e alumnas, como máximo, do 15 % sobre o alumnado orzado. Se a desviación de alumnado é superior a ese 15 %, aboarase pola cantidade real de alumnado iniciado.

Para estes efectos, enténdese por alumnado iniciado na modalidade presencial o número máximo que haxa no primeiro cuarto da acción formativa. Na modalidade mixta considérase iniciado segundo a modalidade con que inicie a acción formativa, cando se inicie por modalidade presencial terase en conta o número máximo que haxa no primeiro cuarto das horas presenciais e cando se inicie por modalidade de teleformación terase en conta o alumnado que realizase, polo menos, o 25 % dos controis de aprendizaxe das horas programadas por teleformación.

3. Procederá o segundo rateo no caso de que se produzan abandonos de participantes na acción formativa. Admitiranse desviacións de ata o 20 % do número de alumnado orzado. Se a desviación de alumnado é superior a ese 20 %, aboarase pola cantidade real de alumnado finalizado.

Para estes efectos, entenderase por alumnado finalizado na modalidade presencial o que realice o 75 % das horas lectivas da acción formativa (suma de horas do contido específico e dos módulos transversais), tendo en conta a orde de impartición que figura no artigo 9 desta orde. Na modalidade mixta entenderase por alumnado finalizado o que realice o 75 % das horas lectivas presenciais e o 75 % dos controis programados das horas impartidas por teleformación.

Artigo 79. Incumprimentos e reintegro

1. O incumprimento das obrigas establecidas na presente orde e demais normas aplicables, así como das condicións que se establecesen na correspondente resolución de concesión, dará lugar á perda total ou parcial do dereito ao cobramento da subvención ou, logo do oportuno procedemento de reintegro, á obriga de devolver total ou parcialmente a subvención percibida e os xuros de demora correspondentes.

2. O incumprimento total dos fins para os cales se concedeu a subvención ou da obriga de xustificación desta dará lugar ao reintegro do 100 % da subvención concedida. Igualmente, considerarase que concorre o incumprimento total se a realización da actividade subvencionada non acada o 35 % dos seus obxectivos, medidos co indicador de número de horas de formación multiplicado por número de alumnado formado, entendéndose como tal, para os efectos deste número, o conxunto do alumnado que asistise, cando menos, ao 75 % da duración total da acción formativa.

3. O incumprimento parcial dos fins para os cales se concedeu a subvención ou da obriga de xustificación desta dará lugar ao reintegro parcial da subvención concedida. Cando a execución do indicador mencionado no parágrafo anterior estea comprendida entre o 35 % e o 100 % da subvención concedida, minorarase na porcentaxe que se deixase de cumprir, sempre que os gastos fosen debidamente xustificados.

4. O incumprimento das obrigas de comunicación previstas nesta orde e que deben realizarse a través da aplicación informática SIFO terá como consecuencia o reintegro da totalidade da subvención concedida para cada un dos grupos ou accións formativas afectadas. Procederá, así mesmo, o antedito reintegro no caso de incumprimento dos prazos establecidos para a comunicación, agás que sexa por consecuencia de causas imprevistas, debidamente xustificadas e comunicadas no momento en que se produzan.

5. Establécense, así mesmo, as seguintes minoracións aplicables sobre a contía xustificada da subvención concedida, polas causas que se indican:

a) Incumprimento de participación de persoas desempregadas:

– O incumprimento dos límites porcentuais sobre participación de persoas desempregadas, sinalados no número 1 do artigo 46 desta orde, dará lugar ao reintegro proporcional da subvención.

A diferenza entre as porcentaxes efectivas de participación e os devanditos límites porcentuais, por defecto no caso do límite mínimo e por exceso no caso dos límites máximos, considerarase o valor da desviación e aplicarase sobre a contía xustificada da subvención concedida, para establecer a contía do reintegro.

– No caso de superar os límites de número de participantes e de número de horas, aplicarase unicamente o maior dos dous valores das desviacións.

b) Incumprimento das condicións que fundamentaron a avaliación técnica da planificación.

– Inmediatamente antes de dar por finalizada a liquidación da subvención, comprobarase o nivel de cumprimento dos criterios de avaliación que fundamentaron a súa concesión. Procederase a calcular unha nova puntuación de avaliación técnica tendo en conta os datos certificados, que se comparará coa puntuación de avaliación técnica que serviu de base para a concesión inicial da subvención.

– No caso de que a nova puntuación de avaliación técnica resulte inferior á inicial, aplicarase unha minoración proporcional da liquidación que ascenderá á metade da porcentaxe de desviación cando esta sexa igual ou inferior ao 20 % e será como mínimo do 1 %.

– No caso de que a nova puntuación da avaliación técnica resulte inferior nunha porcentaxe que supere o 20 %, considerarase incumprimento total das condicións de aprobación e procederá o reintegro total da subvención concedida.

6. Considerarase incumprimento total das condicións de aprobación e procederá o reintegro total da subvención concedida no caso de que a nova puntuación da avaliación técnica, calculada segundo se indica no anterior número 5.b), resulte inferior ao límite mínimo de 40 puntos da avaliación técnica exixible para o financiamento dos programas de formación segundo o establecido no artigo 35 desta orde.

Artigo 80. Devolución voluntaria das subvencións

1. De acordo co establecido no artigo 64 do Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, as persoas ou entidades beneficiarias poderán realizar, sen o requirimento previo da Administración, a devolución total ou parcial da subvención concedida, mediante o seu ingreso na conta ES82 2080 0300 87 3110063172 en concepto de devolución voluntaria da subvención.

2. O importe da devolución incluirá os xuros de demora, de acordo co previsto no artigo 34 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, ata o momento en que se produciu a devolución efectiva por parte do beneficiario.

O ingreso realizarase segundo o disposto na normativa reguladora do procedemento de recadación.

3. En todo caso, a persoa ou entidade beneficiaria deberá presentar ante a Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral o documento xustificativo da devolución voluntaria realizada, en que conste a data do ingreso, o seu importe, o número do expediente e a denominación da subvención concedida.

Artigo 81. Infraccións e sancións

1. Conforme o previsto no artigo 19 da Lei 30/2015, do 9 de setembro, pola que se regula o sistema de formación profesional para o emprego no ámbito laboral, o réxime de infraccións e sancións aplicables no ámbito da formación profesional para o emprego será o regulado polo texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

2. No non previsto no réxime de infraccións e sancións establecido no parágrafo anterior, observarase o contido da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

3. As sancións impostas polas infraccións graves e moi graves en materia de formación profesional para o emprego que dean lugar a que a subvención sexa declarada indebida polo órgano concedente, unha vez firmes, incluiranse na base nacional de subvencións.

4. A obriga de reintegro establecida no artigo 79 entenderase sen prexuízo do previsto nas devanditas leis, se concorren as accións e omisións tipificadas nelas.

5. As infraccións poderán ser cualificadas como leves, graves ou moi graves e comportarán as sancións que en cada caso corresponda de acordo co previsto nas anteditas leis.

Disposición adicional primeira. Resolucións complementarias

Poderán ditarse resolucións complementarias cando existan fondos provenientes de renuncias de subvencións inicialmente concedidas, de incrementos das cantidades asignadas á comunidade autónoma pola Administración do Estado ou doutros remanentes dos módulos. Neste caso, agás que se acuda a unha convocatoria complementaria, non poderán terse en conta outras solicitudes nin outras inscricións/acreditacións distintas ás tidas en conta para a resolución inicial.

Disposición adicional segunda. Delegación de atribucións

Apróbase a delegación de atribucións da persoa titular da Consellería de Economía, Emprego e Industria na persoa titular da Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral, para a autorización, disposición, recoñecemento da obriga e proposta de pagamento das subvencións reguladas nesta orde, así como para resolver a súa concesión, denegación, modificación, reintegro ou outras incidencias das citadas subvencións.

Disposición adicional terceira. Normativa supletoria

En todo o non disposto nesta orde será de aplicación o establecido na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007; na Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, no que sexa de aplicación, e no Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, que a desenvolve.

Será igualmente de aplicación o establecido na Lei 30/2015, do 9 de setembro, pola que se regula o sistema de formación profesional para o emprego no ámbito laboral, e no Real decreto 694/2017, do 3 de xullo, que a desenvolve. Así mesmo, resultarán de aplicación a Orde TAS/718/2008, o Real decreto 34/2008 e a Orde ESS/1897/2013, no que non contradigan ou se opoñan ás anteditas normas.

Disposición adicional cuarta. Establecemento de criterios para o cumprimento de obxectivos do Servizo Público de Emprego de Galicia

Por resolución da persoa titular da Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral poderanse establecer, en canto aos colectivos prioritarios, os criterios necesarios para que se poidan cumprir os obxectivos establecidos polo Servizo Público de Emprego de Galicia, de acordo coas directrices de emprego e as que poidan emanar do diálogo social e institucional en Galicia e a demais normativa e acordos que, se é o caso, resulten de aplicación.

Disposición derradeira primeira. Autorización para ditar resolucións e instrucións

Autorízase a persoa titular da Dirección Xeral de Orientación e Promoción laboral para ditar, no ámbito das súas competencias, as resolucións e instrucións necesarias para o desenvolvemento e execución desta disposición.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 22 de agosto de 2017

Francisco José Conde López
Conselleiro de Economía, Emprego e Industria

missing image file
missing image file
missing image file

ANEXO II

Financiamento inicial por sectores dos programas de formación sectoriais

Sectores

Financiamento inicial

Axenda da competitividade Galicia Industria 4.0

Agroalimentación, produtos do mar e acuicultura

747.981,00 €

Automoción

619.881,00 €

Enerxías renovables

476.031,00 €

Madeira/forestal

469.731,00 €

Naval/industria marítima

2.000.000,00 €

Pedra natural

457.831,00 €

Téxtil-moda

466.231,00 €

Emerxentes e de alto potencial:

• Aeronáutico/aeroespacial

• Industria da saúde e do benestar

• Industrias creativas

• Biotecnoloxía

• Novos materiais

• Ecoindustria

• Tecnoloxías da información e das comunicacións

825.340,00 €

Outros sectores

Construción

687.081,00 €

Comercio

983.181,00 €

Hostalaría

684.981,00 €

Transporte

581.731,00 €

ANEXO III

Relación de accións formativas avaliables para efectos do artigo 34.1.b.1)
por tipos de programa de formación

Relación de accións formativas avaliables para efectos do artigo 34.1.b.1)
por tipos de programa de formación

PFS1

Programa de formación sectorial de agroalimentación, produtos do mar e acuicultura

Accións formativas vinculadas á obtención de certificados de profesionalidade, completos ou por módulos.

INAD002PO

Certificación de calidade en alimentación

INAD003PO

Envasado de produtos alimentarios

INAD005PO

Análise de perigos e puntos de control críticos en peixes e mariscos (APPCC)

INAD019PO

Xestión de sistemas de seguridade alimentaria

INAD021PO

I+D+i na industria alimentaria

INAD031PO

Métodos de conservación dos alimentos

INAD032PO

Microbioloxía dos alimentos

INAD040PO

Elaboración e comercialización de produtos artesáns agrícolas

INAJ001PO

Control de peches en conservas do peixe

INAJ004PO

Xestión de residuos na industria de procesado de peixes, crustáceos e moluscos

PFS2

Programa de formación sectorial de automoción

Accións formativas vinculadas á obtención de certificados de profesionalidade, completos ou por módulos.

ELEE018PO

Autómatas programables

IMAQ004PO

Mantemento industrial avanzado

FMEM005PO

Ecodeseño

FMEM020PO

PLC avanzado

TMVE22

Manipulación de sistemas frigoríficos que empregan refrixerantes fluorados destinados ao confort térmico

TMVG004PO

Diagnose de vehículos

TMVG006PO

Esquemas eléctricos de vehículos

TMVG007PO

Inxección electrónica

TMVG015PO

Mantemento de vehículos híbridos

TMVL001PO

Chapa e pintura: tratamento e reparación

PFS3

Programa de formación sectorial de enerxías renovables

Accións formativas vinculadas á obtención de certificados de profesionalidade, completos ou por módulos.

ENAC001PO

Eficiencia enerxética

ENAC017PO

Desenvolvemento sustentable de proxectos

ENAE002PO

Instalacións de enerxía eólica

ENAE004PO

Enerxías renovables na xestión enerxética

ENAE006PO

Enerxía solar térmica I

ENAE007PO

Enerxía solar térmica II

ENAE010PO

Enerxías renovables: especialidade biomasa

ENAE015PO

Deseño de instalacións de enerxía solar fotovoltaica

ENAE017PO

Instalación e mantemento de placas solares fotovoltaicas

ENAC018PO

Certificación ambiental de edificios

PFS4

Programa de formación sectorial de madeira/forestal

Accións formativas vinculadas á obtención de certificados de profesionalidade, completos ou por módulos.

AGAR001PO

Biomasa forestal

AGAR004PO

Repoboación forestal e impactos ambientais asociados

AGAR006PO

Silvicultura

AGAR007PO

Impacto ambiental das actividades forestais

AGAU006PO

Endoterapia

AGAU016PO

Técnicas de poda

COML001PO

Condución de carretillas elevadoras

COMT016PO

Comercialización de produtos de madeira

PFS5

Programa de formación sectorial de naval/industria marítima

Accións formativas vinculadas á obtención de certificados de profesionalidade, completos ou por módulos.

FMEC002PO

Carpintaría de metal

FMEC003PO

Fabricación e montaxe de construcións metálicas

FMEC005PO

Inspección de soldadura

FMEC012PO

Soldadura, procesos de certificación

FMEC019PO

Deseño de caldeiraría industrial

FMEH002PO

Mecanizado máquina ferramenta

FMEM004PO

Máquinas ferramenta de control numérico (CNC)

FMEM009PO

Fundamentos de robótica

FMEM013PO

Tecnoloxía e deseño de matrices

FMEM020PO

PLC avanzado

PFS6

Programa de formación sectorial de pedra natural

Accións formativas vinculadas á obtención de certificados de profesionalidade, completos ou por módulos.

COML001PO

Condución de carretillas elevadoras

EOCQ006PO

Operacións de máquina retrocargadora

EOCQ020PO

Operacións de manexo e mantemento de máquina escavadora

IEXM001PO

Formación preventiva de operador en actividades extractivas de interior

IEXM002PO

Formación preventiva de operador de mantemento mecánico e/ou eléctrico en actividades de exterior

IEXM003PO

Operadores de mantemento mecánico e/ou eléctrico (interior-exterior)-mixta

IEXM004PO

Formación preventiva de mantemento mecánico e/ou eléctrico de plantas de tratamentos e beneficios minerais

IEXM005PO

Formación preventiva de operador en actividades extractivas de exterior

SEAD100PO

Habilitación de vixilante de explosivos

SEAD112PO

Factores de risco no manexo manual de cargas

PFS7

Programa de formación sectorial de téxtil-moda

Accións formativas vinculadas á obtención de certificados de profesionalidade, completos ou por módulos.

COML023PO

Xestión loxística

COMM013PO

Decoración en tendas e escaparates

COMM017PO

Plan de márketing e organización de vendas

COMT017PO

Fundamentos para a creación de tendas virtuais e desenvolvemento da actividade comercial en liña

IMAQ004PO

Mantemento industrial avanzado

TCPF003PO

Métodos e tempo en procesos do téxtil-confección

TCPF005PO

Patronaxe industrial

TCPF008PO

Tecnoloxía de confección

TCPF009PO

Tecnoloxía das materias téxtiles

TCPN003PO

Revisor de calidade-materias primas e produtos de confección

PFS8

Programa de formación sectorial de sectores emerxentes e de alto potencial

Accións formativas vinculadas á obtención de certificados de profesionalidade, completos ou por módulos.

ADGD023PO

Calidade dos produtos biotecnolóxicos orientados ao sector farmacéutico

ADGD250PO

Sistema de I+D+i e xestión da innovación

FMEA001PO

Sistemas eléctricos aeronáuticos

FMEA003PO

Montadores de estruturas aeronáuticas

IFCD009PO

Xestión de contidos dixitais

IFCT083PO

Programación de dispositivos móbiles

IMST006PO

Técnicas creativas avanzadas en fotografía dixital

SANS008PO

Fundamentos e normativa da biotecnoloxía

SEAG026PO

Xestión de residuos industriais

TMVO004PO

Mantemento de aeronaves

PFS9

Programa de formación sectorial de construción

Accións formativas vinculadas á obtención de certificados de profesionalidade, completos ou por módulos.

ELEE017PO

Domótica e monitorización do consumo en edificios

ENAE020PO

Sistemas de enerxía renovable en edificios

EOCB002PO

Instalación de prefabricados lixeiros para a mellora de prestacións térmicas e acústicas de edificios

EOCB006PO

Rehabilitación, mantemento e conservación de fachadas

EOCB010PO

Nivel básico de prevención en construción

EOCE012PO

Montaxe de andamios apoiados

EOCO021PO

Fotografía aérea e fotogrametría para construción e obra civil con uso de drons

EOCQ003PO

Operador de guindastre móbil (carné tipo A teórico-práctico)

EOCQ005PO

Operador de guindastre móbil (carné tipo B)

IMAI001PO

Illamentos para a rehabilitación

PFS10

Programa de formación sectorial de comercio

Accións formativas vinculadas á obtención de certificados de profesionalidade, completos ou por módulos.

COML010PO

Política e xestión informatizada de stocks

COML018PO

Función loxística e optimización de custos

COMM004PO

Estratexias de servizos: calidade e orientación ao cliente

COMM006PO

Xestión de comunidades virtuais

COMM018PO

Dirección estratéxica e márketing en xestión de proxectos

COMM022PO

Deseño da montaxe de escaparates

COMM031PO

Márketing en liña: deseño e promoción de sitios web

COMM049PO

Técnicas de márketing en liña, buscadores, social media e móbil

COMT018PO

Globalización e márketing internacional

COMT027PO

Negocios en liña e comercio electrónico

PFS11

Programa de formación sectorial de hostalaría

Accións formativas vinculadas á obtención de certificados de profesionalidade, completos ou por módulos.

HOTA002PO

Implantación marca Q de calidade

HOTR029PO

O servizo de comidas en centros sanitarios e sociosanitarios

HOTR043PO

Inglés para restauración

HOTR048PO

Innovación na cociña

HOTR050PO

Loxística en bar: aprovisionamento e almacenaxe de alimentos e bebidas

HOTR051PO

Loxística na cociña: aprovisionamento de materias primas

HOTR052PO

Habilidades e competencias na dirección do servizo de sala en restauración

HOTR059PO

Evolución das tecnoloxías e técnicas culinarias

HOTR061PO

Habilidades e competencias na dirección de cociña

HOTU001PO

Ecoturismo

PFS12

Programa de formación sectorial de transporte

Accións formativas vinculadas á obtención de certificados de profesionalidade, completos ou por módulos.

COML023PO

Xestión loxística

COML019PO

Organización do almacén

COML024PO

Internacionalización de pemes: xestión do transporte e alfándegas

COML026PO

Xestión de transporte

TMVI010PO

Cualificación inicial de condutores para o transporte de mercadorías (CAP)

TMVI008PO

Certificado de aptitude profesional (CAP) para condutores-renovación

TMVI009PO

Cualificación inicial de condutores para o transporte de viaxeiros (CAP)

TMVI040PO

Prevención de riscos laborais na condución

TMVI011PO

Condución de remolques e semirremolques

TMVI021PO

Conselleiro de seguridade no transporte de mercadorías perigosas

PFTO

Programa de formación transversal dirixido prioritariamente a persoas traballadoras ocupadas

Accións formativas vinculadas á obtención de certificados de profesionalidade, completos ou por módulos.

Accións formativas vinculadas con competencias clave de nivel 2 ou de nivel 3 dirixidas ao cumprimento dos requisitos de acceso aos certificados de profesionalidade dos devanditos niveis.

ADGD043PO

Contabilidade, administración e xestión

ADGD056PO

Creación de empresas en liña

ADGD067PO

Dirección de equipos e coaching

ADGD071PO

Dirección empresarial

ADGD130PO

Xestión recursos humanos: optimización e organización

ADGD240PO

Salario e contratación

ADGD255PO

Solución de financiamento para pemes

ADGN054PO

Xestión de custos

ADGD024PO

Sensibilización á calidade total: ISO 9000, 9001, 9004 e EFQM

ADGD046PO

Fundamentos da calidade na industria

ADGD051PO

Fundamentos do control e mellora da calidade

ADGD245PO

Implantación dun sistema de xestión da calidade

ADGD247PO

Fundamentos do sistema de xestión de calidade ambiental: UNE-EN-ISO-14001

ADGG001PO

Access, nivel avanzado

ADGG020PO

Excel avanzado

ADGG027PO

Xestión de sitios web

ADGG039PO

Internet e fundamentos de deseño de páxinas web

ADGG055PO

Ofimática na nube: Google Drive

ADGG058PO

Open office 3.0: Writer e Calc

ADGG084PO

Word. Nivel avanzado

ADGG085PO

Xestor de proxectos

ENAE019PO

Enerxías renovables e usos industriais

IFCT050PO

Xestión de seguridade informática na empresa

IFCT01

Analista de big data e científico de datos

IFCT10

Arquitecto de cloud

IFCT29

Oracle big data, enxeñeiro

IFCT30

Oracle big data, analista

PFTES

Programa de formación transversal dirixido a persoas traballadoras ou socias das empresas de economía social

Accións formativas vinculadas á obtención de certificados de profesionalidade, completos ou por módulos.

Accións formativas vinculadas con competencias clave de nivel 2 ou de nivel 3 dirixidas ao cumprimento dos requisitos de acceso aos certificados de profesionalidade dos devanditos niveis.

ADGD066PO

Dirección de empresas de economía social

ADGD059PO

Creatividade e innovación empresarial e profesional

ADGD079PO

Deseño e avaliación de proxectos sociais

ADGD094PO

Equipos efectivos e creatividade

ADGD119PO

Xestión de equipos

ADGD178PO

Mediación e resolución de conflitos

ADGD259PO

Técnicas de reunión

ADGD315PO

Capacitación para membros de consellos reitores de cooperativas

ADGD292PO

Xestión financeira e administrativa para microempresas

ADGD310PO

Iniciación a cooperativa de traballo

PFTA

Programa de formación transversal dirixido a persoas traballadoras autónomas

Accións formativas vinculadas á obtención de certificados de profesionalidade, completos ou por módulos.

Accións formativas vinculadas con competencias clave de nivel 2 ou de nivel 3 dirixidas ao cumprimento dos requisitos de acceso aos certificados de profesionalidade dos devanditos niveis.

ADGD008PO

Análise de problemas e toma de decisións

ADGD043PO

Contabilidade, administración e xestión

ADGD056PO

Creación de empresas en liña

ADGD059PO

Creatividade e innovación empresarial e profesional

ADGD072PO

Dirección empresarial para emprendedores

ADGD075PO

Habilidades directivas e xestión de equipos

ADGD124PO

Xestión dos negocios en liña 2.0.

ADGD138PO

Xestión integral de pemes

ADGD255PO

Solución de financiamento para pemes

ADGG010PO

Comercio electrónico

ADGX01

Inglés: xestión comercial

ADGX02

Francés: xestión comercial

ADGX03

Alemán: xestión comercial

COMM024PO

Plan de márketing para emprendedores: comercialización e previsión de vendas

COMM036PO

Principios para a implantación dun sistema de calidade

COMM049PO

Técnicas de márketing en liña, buscadores, social media e móbil

COMM065PO

Fundamentos de xestión e atención ao cliente para tendas

HOTA005PO

Recepción e atención ao cliente

COMT039PO

Xestión comercial e de vendas en microempresas

COMT057PO

Inglés para o sector de comercio

PFCRP

Programa de formación para a cualificación e o recoñecemento profesional

Accións formativas prioritarias dirixidas á obtención dos certificados de profesionalidade relacionados no anexo IV.

ANEXO IV

Relación de accións formativas prioritarias para efectos do artigo 34.1.b2)

ADGD0108 Xestión contable e xestión administrativa para auditoría

ADGD0208 Xestión integrada de recursos humanos

ADGD0210 Creación e xestión de microempresas

ADGD0308 Actividades de xestión administrativa

ADGG0208 Actividades administrativas na relación co cliente

ADGG0308 Asistencia documental e de xestión en despachos e oficinas

ADGG0408 Operacións auxiliares de servizos administrativos e xerais

ADGG0508 Operacións de gravación e tratamento de datos e documentos

ADGN0208 Comercialización e administración de produtos e servizos financeiros

AGAF0108 Fruticultura

AGAH0108 Horticultura e floricultura

AGAN0311 Xestión da produción gandeira

AGAO0108 Actividades auxiliares en viveiros, xardíns e centros de xardinaría

AGAR0108 Aproveitamentos forestais

AGAR0109 Xestión de repoboacións forestais e tratamentos silvícolas

AGAR0208 Repoboacións forestais e tratamentos silvícolas

AGAR0209 Actividades auxiliares en aproveitamentos forestais

AGAR0309 Actividades auxiliares en conservación e mellora de montes

AGAU0108 Agricultura ecolóxica

AGAU0112 Produción e recolección de cogomelos e trufas

AGAX0108 Actividades auxiliares en gandaría

COML0110 Actividades auxiliares de almacén

COML0209 Organización do transporte e a distribución

COML0210 Xestión e control do aprovisionamento

COML0309 Organización e xestión de almacéns

COMM0110 Márketing e compravenda internacional

COMT0210 Xestión administrativa e financeira do comercio internacional

COMV0108 Actividades de venda

ELEE0108 Operacións auxiliares de redes eléctricas

ELEE0109 Montaxe e mantemento de instalacións eléctricas de baixa tensión

ELEM0110 Desenvolvemento de proxectos de automatización industrial

ELEM0111 Montaxe e mantemento de sistemas domóticos e inmóticos

ELEM0210 Xestión e supervisión da montaxe e mantemento de sistemas de automatización industrial

ELEM0311 Montaxe e mantemento de automatización industrial

ELEM0411 Mantemento de electrodomésticos

ELEM0511 Desenvolvemento de proxectos de sistemas domóticos e inmóticos

ELEQ0111 Operacións auxiliares de montaxe e mantemento de equipos eléctricos e electrónicos

ELEQ0311 Mantemento de equipos electrónicos

ELES0108 Montaxe e mantemento de infraestruturas de telecomunicacións en edificios

ELES0110 Desenvolvemento de proxectos de infraestruturas de telecomunicación e de redes de voz e datos no contorno de edificios

ELES0209 Montaxe e mantemento de sistemas de telefonía e infraestruturas de redes locais de datos

ENAE0208 Montaxe e mantemento de instalacións solares térmicas

ENAE0308 Organización e proxectos de instalacións solares térmicas

ENAL0108 Xestión da operación en centrais termoeléctricas

ENAS0110 Montaxe, posta en servizo, mantemento, inspección e revisión de instalacións receptoras e aparellos de gas

EOCJ0109 Montaxe de estadas tubulares

FMEA0111 Montaxe de estruturas e instalación de sistemas e equipamentos de aeronaves

FMEA0211 Fabricación de elementos aeroespaciais con materiais compostos

FMEC0108 Fábrica e montaxe de instalacións de tubaxe industrial

FMEC0109 Produción en construcións metálicas

FMEC0110 Soldadura con electrodo revestido e TIG

FMEC0208 Deseño de caldeiraría e estruturas metálicas

FMEC0209 Deseño de tubaxe industrial

FMEC0210 Soldadura oxigás e soldadura MIG/MAG

FMEC0309 Deseño da industria naval

FMEE0108 Operacións auxiliares de fabricación mecánica

FMEE0208 Montaxe e posta en marcha de bens de equipamento e maquinaria industrial

FMEE0308 Deseño de produtos de fabricación mecánica

FMEH0109 Mecanizado por arrinca de labra

FMEH0209 Mecanizado por corte e conformado

FMEH0309 Tratamentos superficiais

FMEM0109 Xestión da produción en fabricación mecánica

HOTA0108 Operacións básicas de pisos e aloxamentos

HOTI0108 Promoción turística local e información ao visitante

IEXD0208 Extracción da pedra natural

IFCD0110 Confección e publicación de páxinas web

IFCD0111 Programación de linguaxes estruturadas de aplicacións de xestión

IFCD0112 Programación con linguaxes orientadas a obxectos e bases de datos relacionais

IFCD0211 Sistemas de xestión de información

IFCT0108 Operacións auxiliares de montaxe e mantemento de sistemas microinformáticos

IFCT0109 Seguridade informática

IFCT0209 Sistemas microinformáticos

IFCT0210 Operación de sistemas informáticos

IFCT0310 Administración de bases de datos

IFCT0409 Implantación e xestión de elementos informáticos en sistemas domóticos/inmóticos, de control de accesos e presenza, e videovixilancia

IFCT0510 Xestión de sistemas informáticos

IFCT0609 Programación de sistemas informáticos

IFCT0610 Administración e programación en sistemas de planificación de recursos empresariais e de xestión de relacións con clientes

IMAI0108 Operacións de fontanaría e calefacción-climatización doméstica

IMAQ0108 Mantemento e montaxe mecánica de equipamento industrial

IMAQ0110 Instalación e mantemento de ascensores e outros equipamentos fixos de elevación e transporte

IMAQ0208 Planificación, xestión e realización do mantemento e supervisión da montaxe de maquinaria, equipamento industrial e liñas automatizadas de produción

IMAQ0210 Desenvolvemento de proxectos de instalacións de manutención, elevación e transporte

IMAR0108 Montaxe e mantemento de instalacións frigoríficas

IMAR0208 Montaxe e mantemento de instalacións de climatización e ventilación-extracción

IMAR0209 Desenvolvemento de proxectos de instalacións frigoríficas

IMAR0308 Desenvolvemento de proxectos de redes e sistemas de distribución de fluídos

IMAR0309 Planificación, xestión e realización do mantemento e supervisión da montaxe de instalacións frigoríficas

IMAR0408 Montaxe e mantemento de instalacións caloríficas

IMAR0508 Desenvolvemento de proxectos de instalacións caloríficas

INAH0109 Elaboración de viños e licores

INAI0108 Carnizaría de elaboración de produtos cárnicos

INAJ0109 Peixaría e elaboración de produtos de pesca e acuicultura

MAPN0108 Confección e mantemento de artes e aparellos

QUIE0109 Organización e control dos procesos de química transformadora

QUIE0111 Organización e control de procesos e realización de servizos biotecnolóxicos

QUIE0208 Operacións en instalacións de enerxía e de servizos auxiliares

SANT0208 Transporte sanitario

SEAG0110 Servizos para o control de pragas

SEAG0311 Xestión de servizos para o control de organismos nocivos

SSCE01 Inglés (A1)

SSCE0110 Docencia da formación profesional para o emprego

SSCE02 Inglés (A2)

SSCE03 Inglés (B1)

SSCE04 Inglés (B2)

SSCG0111 Xestión de chamadas de teleasistencia

SSCS0108 Atención sociosanitaria a persoas no domicilio

SSCS0208 Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais

TCPF0412 Asistencia técnica na loxística dos procesos de externalización da produción téxtil, pel e confección

TMVG0109 Operacións auxiliares de mantemento en electromecánica de vehículos

TMVG0110 Planificación e control da área electromecánica

TMVG0209 Mantemento dos sistemas eléctricos e electrónicos de vehículos

TMVG0309 Mantemento de sistemas de transmisión de forza e trens de rodaxe de vehículos automóbiles

TMVG0409 Mantemento do motor e os seus sistemas auxiliares

TMVI0108 Condución de autobuses

TMVI0208 Condución de vehículos pesados de transporte de mercadorías por estrada

TMVL0109 Operacións auxiliares de mantemento de carrozarías de vehículos

TMVL0509 Pintura de vehículos

TMVO0109 Operacións auxiliares de mantemento aeronáutico

ANEXO V

Metodoloxía de aplicación dos criterios de avaliación técnica

A metodoloxía que se utilizará na aplicación dos criterios de avaliación técnica será a seguinte:

1. Colectivos prioritarios. Artigo 34.1.a).

A avaliación por esta epígrafe resultará da suma dos puntos obtidos nas seguintes subepígrafes:

A) Avaliarase a participación de persoas traballadoras de pequenas e medianas empresas en función do cadro de persoal medio do ano 2016 e de acordo cos seguintes intervalos:

− Participación de alumnado pertencente a empresas de ata 10 persoas traballadoras: ata un máximo de 10 puntos.

− Participación de alumnado pertencente a empresas de 11 ata 50 persoas traballadoras: ata un máximo de 8 puntos.

− Participación de alumnado pertencente a empresas de 51 ata 250 persoas traballadoras: ata un máximo de 4 puntos.

O cálculo da puntuación realizarase a partir da porcentaxe de alumnos participantes en cada intervalo en relación co total previsto no programa. Esta porcentaxe aplicarase sobre o máximo de puntos en cada intervalo e sumaranse os puntos obtidos nos distintos intervalos para obter a puntuación final desta subepígrafe.

B) Avaliarase a participación de persoas traballadores pertencentes aos seguintes colectivos:

− Mulleres.

− Persoas afectadas e as vítimas do terrorismo e da violencia de xénero.

− Persoas maiores de 45 anos.

− Persoas traballadoras con baixas cualificacións.

− Persoas con discapacidade.

− Persoas traballadoras con contrato a tempo parcial.

− Persoas traballadoras con contrato temporal.

O cálculo realizarase a partir da porcentaxe que represente o alumnado pertencente aos devanditos colectivos respecto do total previsto no programa. Esta porcentaxe aplicarase sobre 10 puntos para obter a puntuación por esta subepígrafe.

2. Accións formativas incluídas no anexo III. Artigo 34.1.b.1).

A avaliación por esta epígrafe estará en función da porcentaxe que representen as accións formativas sinaladas no anexo III, calculada con base en horas/alumno, sobre o total previsto no programa.

Esta porcentaxe aplicarase sobre 30 puntos para obter a puntuación por esta epígrafe.

3. Accións formativas de áreas prioritarias. Artigo 34.1.b.2).

A avaliación por esta epígrafe estará en función da porcentaxe que representen as accións formativas prioritarias relacionadas no anexo IV sobre o total previsto no programa, calculada con base en horas/alumno.

A porcentaxe obtida aplicarase sobre 10 puntos para obter a puntuación por esta epígrafe.

4. Especialización da oferta formativa. Artigo 34.1.b.3).

Nesta epígrafe avaliarase a especialización da oferta formativa do programa. Para estes efectos, considerarase como oferta formativa especializada a formada por especialidades que supoñan menos do 5 % das accións programadas no conxunto dos programas solicitados.

A puntuación estará en función da porcentaxe que representen a acción formativa especializada programada por cada entidade sobre o total previsto no programa, calculada con base en horas/alumno. Esta porcentaxe aplicarase sobre 5 puntos para obter a puntuación por esta epígrafe.

5. Eficiencia económica do programa. Artigo 34.1.c1)

Avaliarase a eficiencia económica do programa en función da minoración do custo por hora/alumno con respecto ao máximo financiable para as accións formativas incluídas no programa. Despois de sumados os custos previstos no programa calcularase a porcentaxe de minoración que representan, de ser o caso, sobre a suma do máximo custo financiable para as accións formativas contidas no programa.

A porcentaxe máxima de minoración que se considerará para efectos de avaliación será do 25 %. No caso de resultar unha porcentaxe de minoración superior, tomarase como porcentaxe de avaliación a máxima do 25 %.

Esta porcentaxe, así definida, aplicarase sobre 10 puntos e multiplicarase por 4, para obter a puntuación por esta epígrafe.

6. Alcance territorial. Artigo 34.1.c2)

Nesta epígrafe avaliarase o alcance territorial das accións formativas contidas no programa de formación proposto, especialmente a capacidade para achegar a formación a persoas de zonas pouco poboadas que conforman maioritariamente o ámbito rural de Galicia.

O cálculo realizarase a partir da porcentaxe que represente o alumnado que estea domiciliado en concellos considerados como zona pouco poboada (ZPP), segundo os datos do Instituto Galego de Estatística, respecto do total previsto no programa, calculada con base en horas/alumno.

Esta porcentaxe aplicarase sobre 10 puntos para obter a puntuación por esta epígrafe.

7. Medios persoais. Artigo 34.1.c3)

Nesta epígrafe avaliarase a dispoñibilidade de persoal formador propio contratado por conta allea e que realice actividade docente para o programa formativo proposto.

O cálculo realizarase a partir da porcentaxe que represente o número de horas de formadores do propio cadro de persoal da entidade solicitante, previstos para a realización da actividade docente, respecto do total de horas de docencia previstas para o conxunto do programa de formación proposto. Esta porcentaxe aplicarase sobre 5 puntos para obter a puntuación por esta epígrafe.

8. Sistema de calidade. Artigo 34.1.c.4.)

A implantación de sistemas de calidade en materia de formación con certificación emitida por entidades acreditadas a favor da entidade solicitante avaliarase con 5 puntos.

A avaliación prevista nesta epígrafe realizarase unicamente no caso de que a entidade beneficiaria acredite documentalmente que dispón da devandita certificación.

9. Xestión telemática de bolsas. Artigo 34.1.c.5).

Nesta epígrafe avaliarase o compromiso da entidade solicitante na xestión das bolsas para persoas desempregadas, en función da porcentaxe de alumnos que solicitarán a bolsa a través da beneficiaria e por medios telemáticos, en relación co total de alumnos do programa de formación proposto que sexan solicitantes de bolsa.

Esta porcentaxe aplicarase sobre 5 puntos para obter a puntuación por esta epígrafe.

10. Puntuación final.

Para obter a puntuación final sumaranse os puntos obtidos nas distintas epígrafes polo programa de formación solicitado.

11. Cadro resumo da metodoloxía de aplicación dos criterios de avaliación técnica.

Criterio
de avaliación

Elementos de avaliación

Fórmula de aplicación

Resultado

Art. 34.1.a)

Colectivos prioritarios (20 puntos)

A) Porcentaxe prevista de alumnado pertencente a pequenas e medianas empresas en relación co total.

% empresas ata 10 trab. = A

% empresas de 11 a 50 trab. = B

% empresas de 51 a 250 trab. = C

[(% A*10)+(% B*8)+(% C*4)] /100 = P1A

P1

(P1A+P1B)

B) Porcentaxe prevista de alumnado pertencente ao resto de colectivos prioritarios.

(% alumnado * 10)/100 = P1B

Art. 34.1.b.1)

Accións formativas anexo
(30 puntos)

Porcentaxe de número de horas*alumno en accións formativas incluídas no anexo III para cada tipo de programa, sobre o total solicitado no programa.

(% horas*alumno * 30)/100 = P2

P2

Art. 34.1.b.2)

Accións formativas prioritarias

(10 puntos)

Porcentaxe de número de horas*alumno en accións formativas prioritarias relacionadas no anexo IV, sobre o total solicitado no programa.

(% horas*alumno* 10)/100 = P3

P3

Art. 34.1.b.3)

Especialización da oferta formativa (5 puntos)

Porcentaxe de número de horas*alumno das accións solicitadas de especialidades que supoñan menos do 5 % das accións programadas no conxunto dos programas solicitados.

(% horas*alumno * 5)/100 = P4

P4

Art. 34.1.c.1)

Eficiencia económica (10 puntos)

% de minoración do custo hora*alumno do programa con respecto ao máximo financiable, co límite do 25 %.

[(% minoración * 10)/100] x 4 = P5

P5

Art. 34.1.c.2)

Alcance territorial

(10 puntos)

% de horas*alumno comprometidas con alumnado domiciliado en concellos considerados como zona pouco poboada ZPP (IGE).

(% horas*alumno * 10)/100 = P6

P6

Art. 34.1.c.3)

Medios persoais (5 puntos)

% do número de horas de formadores do propio cadro de persoal que participarán no programa, respecto do total de horas proposto.

(% número de horas * 5)/100 = P7

P7

Art. 34.1.c.4)

Calidade

(5 puntos)

Acreditación da implantación de sistemas de calidade.

Si = 5 puntos = P8

P8

Art. 34.1.c.5)

Xestión telemática de bolsas

(5 puntos)

% de alumnos que solicitarán a bolsa a través da beneficiaria e por medios telemáticos sobre o total de alumnos do programa solicitantes de bolsa.

(% alumnos * 5)/100 = P9

P9

Puntuación final (P1+P2+P3+P4+P5+P6+P7+P8+P9)

PF

missing image file