Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Xoves, 14 de setembro de 2017 Páx. 42333

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 5 de setembro de 2017, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se amplía a dotación orzamentaria da Resolución do 6 de marzo de 2017, pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión das axudas extraordinarias a persoas emigrantes galegas retornadas e se procede á súa convocatoria para o ano 2017.

A Resolución do 6 de marzo de 2017, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión das axudas extraordinarias a persoas emigrantes galegas retornadas e procédese á súa convocatoria para o ano 2017, publicada no DOG núm. 52, do 15 de marzo de 2017, recolle no seu artigo 2, que para a concesión destas axudas destinarase un crédito de douscentos mil euros (200.000 €) con cargo á aplicación orzamentaria 04.30.312C.480.2, dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2017. Este importe poderá ser ampliado de conformidade co disposto na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e na Lei 3/2017, do 13 de xullo, de impulso ao crecemento económico e reforzo do gasto social e de modificación da Lei 1/2017, do 8 de febreiro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2017.

O crédito destinado inicialmente a esta convocatoria resulta insuficiente tanto polo volume de solicitudes presentadas como polo aumento das dotacións para paliar a difícil situación que están a vivir os galegos de Venezuela que prevé a Lei 3/2017, do 13 de xullo, de impulso ao crecemento económico e reforzo do gasto social e de modificación da Lei 1/2017, do 8 de febreiro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2017.

Por todo o exposto, e no exercicio das facultades que me confire a disposición adicional segunda do Decreto 76/2017, do 28 de xullo, de estrutura orgánica dos órganos superiores e de dirección dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia,

RESOLVO:

Artigo único

Primeiro. Amplíase a dotación orzamentaria prevista na Resolución do 6 de marzo de 2017, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión das axudas extraordinarias a persoas emigrantes galegas retornadas e procédese á súa convocatoria para o ano 2017, na contía de 200.000 euros na aplicación 04.30.312C.480.2.

Segundo. Esta ampliación non afecta o prazo para a presentación de solicitudes establecido en dita resolución nin ao resto do seu articulado.

Disposición derradeira

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 5 de setembro de 2017

Antonio Rodríguez Miranda
Secretario xeral da Emigración