Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Mércores, 27 de setembro de 2017 Páx. 44089

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (105/2017).

Eu, María Jesús Hernando Arenas, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 105/2017 deste xulgado do social, seguidos por instancia de Gorka Prada Rodríguez contra a empresa Naval Metalúrgica Donis, S.L., María Teresa Donis Rodríguez e Agustín Donis Rodríguez e coa intervención de Fogasa, sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución, cuxo encabezado dispositiva se achega:

Sentenza.

A Coruña, 3 de xullo de 2017.

Vistos por Mª de los Dolores Vilar Hortas, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 2 da Coruña, os presentes autos sobre despedimento, rexistrados co nº 105/2017, seguidos por instancia de Gorka Prada Rodríguez, asistido polo letrado Sr. Fernández Linares, contra a mercantil Naval Metalúrgica Donis, S.L., María Teresa Donis Rodríguez e Agustín Donis Rodríguez, que non compareceron malia a súa citación en forma, despois de ser, así mesmo, citado o Fondo de Garantía Salarial, que tampouco compareceu, dítase a presente sentenza, con base nos seguintes

Decido:

Estimar parcialmente a demanda formulada por Gorka Prada Rodríguez contra a empresa Naval Metalúrgica Donis, S.L., María Teresa Donis Rodríguez e Agustín Donis Rodríguez, declarando improcedente o despedimento, e condenando a Naval Metalúrgica Donis, S.L., a que no prazo de 5 días desde a notificación desta sentenza opte, ben por readmitir de forma inmediata ao traballador nas mesmas condicións que rexían antes de producirse o despedimento con aboamento dos salarios de tramitación a razón de 53,50 €/día, ben pola extinción da relación laboral, con aboamento da cantidade de 300,08 €, en concepto de indemnización, absolvendo a María Teresa Donis Rodríguez e a Agustín Donis Rodríguez dos pedimentos formulados na súa contra.

A opción exercitarase no prazo indicado, mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado, tendo en conta que transcorrido o prazo sen que o empresario tivese optado, procederá a readmisión.

Notifíquese a presente resolución ás partes, facéndolles saber que contra esta cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que debe anunciarse ante este xulgado no prazo de cinco días seguintes á notificación, abondando a manifestación da parte ou do seu avogado ou representante.

Así, por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación en legal forma a Naval Metalúrgica Donis, S.L., e Agustín Donis Rodríguez, en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 5 de setembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza