Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Luns, 16 de outubro de 2017 Páx. 48297

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (280/2015).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 280/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Natalia López Arcay contra a empresa Compostelana de Alojamientos y Servicios, S.A., se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Que estimando integramente a demanda interposta por Natalia López Arcay contra Compostelana de Alojamientos y Servicios, S.A., debo condenar e condeno a mercantil demandada a lle aboar á demandante a suma de 3.179 euros polos conceptos indicados no feito probado terceiro desta sentenza, incrementada cos xuros previstos no artigo 29.3 do Estatuto dos traballadores (ET) desde a data de presentación da papeleta de conciliación ata a presente resolución e os do artigo 576 da LAC a partir da presente resolución.

No que se refire á responsabilidade do Fogasa, non procede a súa condena nesta instancia. Deberase observar o que resulte segundo a aplicación do artigo 33 do ET, con notificación da presente resolución.

Notifíquese ás partes esta resolución e fágaselles saber que contra ela cabe recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ao da súa notificación».

E para que sirva de notificación en legal forma a Compostelana de Alojamientos y Servicios, S.A., en paradoiro descoñecido, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese a destinataria de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 25 de setembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza