Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Luns, 16 de outubro de 2017 Páx. 48295

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 206/2017).

María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 206/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Lorenzo Martís Santamaría contra Limpiezas Secope, S.A. e Fondo de Garantía Salarial, se ditaron as seguintes resolucións:

«Dispoño:

Despachar orde xeral de execución a favor da parte executante, José Lorenzo Martís Santamaría, fronte a Limpiezas Secope, S.A. e Fondo de Garantía Salarial, parte executada, por importe de 6.343,29 euros en concepto de principal (5.050,83 euros máis 1.292,46 euros de xuros do artigo 29.3 ET), máis outros 634,32 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, de ser o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

Contra este auto poderase interpor recurso de reposición ante este órgano xudicial, no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación en que, ademais de alegar as posibles infraccións en que puidese incorrer a resolución e o cumprimento ou incumprimento dos presupostos e requisitos procesuais exixidos, se poderá deducir a oposición á execución despachada, aducindo pagamento ou cumprimento documentalmente xustificado, prescrición da acción executiva ou outros feitos impeditivos, extintivos ou excluíntes da responsabilidade que se pretenda executar, sempre que acaecesen con posterioridade á súa constitución do título. A compensación de débedas non será admisible como causa de oposición á execución.

Acordo, en cumprimento do requisito que se contén no artigo 276.3 e previamente á estimación na presente executoria da pervivencia da declaración de insolvencia da parte executada Limpiezas Secope, S.A., dar audiencia previa á parte demandante José Lorenzo Martís Santamaría e ao Fondo de Garantía Salarial, polo termo de quince días, para que poidan sinalar a existencia de novos bens, e do seu resultado acordarase o procedente.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición ante o/a letrado/a da Administración de xustiza que dita esta resolución, que se deberá interpor no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, con expresión da infracción que esta contén a xuízo do recorrente, sen que a interposición teña efectos suspensivos respecto á resolución impugnada».

E para que sirva de notificación en legal forma a Limpiezas Secope, S.A., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 25 de setembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza