Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Martes, 24 de outubro de 2017 Páx. 49399

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (323/2016).

Procedemento ordinario 323/2016

Procedemento orixe: /

Sobre ordinario

Demandante: Rocío Domínguez Álvarez

Avogado: Néstor Domínguez Quintín

Demandados: Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), Roupa de Cotío, S.L.

Avogado: letrado de Fogasa

Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento ordinario 323/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Rocío Domínguez Álvarez contra Roupa de Cotío, S.L., Fondo de GarantÍa Salarial (Fogasa) sobre ordinario, se ditou a seguinte sentenza do 19 de setembro de 2017, cuxo encabezamento e decisión son do teor literal seguinte:

«Sentenza 412/2017

Santiago de Compostela, 19 de setembro de 2017

Sandra María Iglesias Barral, maxistrada do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, vistos os presentes autos seguidos neste xulgado co número 323/2016, sendo parte nel, como demandante, Rocío Domínguez Álvarez, asistida polo letrado Sr. Domínguez Quintín e, como demandada, Roupa de Cotío, S.L., que non comparece malia a súa citación en legal forma, o mesmo que o Fogasa (Fondo de Garantía Salarial), citado de oficio, pronunciou esta sentenza, en nome do rei, con base nos seguintes

….

Decido

Estímase a demanda interposta por Rocío Domínguez Álvarez fronte a Roupa de Cotío, S.L. e, en consecuencia, condénase a demandada a aboarlle á demandante a cantidade de 2.818,72 euros, máis o 10 % de xuro por mora.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución non cabe recurso de suplicación.

Así o acorda, manda e asina, Sandra María Iglesias Barral, maxistrada do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela».

Para que sirva de notificación en legal forma a Roupa de Cotío, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste órgano xudicial.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 19 de setembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza