Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Martes, 24 de outubro de 2017 Páx. 49397

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (310/2016).

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 310/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Carlos Frieiro Santos contra Construcciones y Excavaciones Castaño, S.L. e Fogasa sobre ordinario, se ditou sentenza, con data do 19 de setembro de 2017, cuxo encabezamento e decisión son do teor literal seguinte:

«Sentenza 413/2017

Santiago de Compostela, 19 de setembro de 2017.

Sandra María Iglesias Barral, maxistrada do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, despois de ver os presentes autos seguidos neste xulgado co número 310/2016 sendo parte neste, como demandante José Carlos Frieiro Santos, asistido polo graduado social Sr. Castro Freire e, como demandados, Construcciones y Excavaciones Castaño, S.L., que non comparece malia a súa citación en legal forma, ao igual que o Fogasa (Fondo de Garantía Salarial), citado de oficio, pronunciou esta sentenza, en nome do rei, con base nos seguintes

Decisión:

Admítese a demanda interposta por José Carlos Frieiro Santos fronte a Construcciones y Excavaciones, S.L. e, en consecuencia, condénase a demandada a aboar ao demandante a cantidade de 4.188,36 euros. Desta, á cantidade de 4.046,52 euros é de aplicación o xuro do 10 % por mora. Todo iso sen prexuízo da responsabilidade do Fogasa, se é o caso.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución abondando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

É indispensable que, ao tempo de anuncialo, acredite a parte que non teña o carácter de traballador ou habente causa seu ou beneficiaria do réxime público de Seguridade Social ou non gozo do beneficio de xustiza gratuíta, ter consignado como depósito a cantidade de 300 euros na conta deste xulgado, así como acreditar ao anunciar o recurso ter consignado na “Conta de Depósitos e Consignacións” aberta a nome deste xulgado, a cantidade obxecto de condena, podendo substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, no que deberá facerse constar a responsabilidade solidaria do avalista.

Están exentos de constituír o depósito e a consignación indicada as persoas e entidades comprendidas no punto 4 do artigo 229 da LRXS.

Así o acorda, manda e asina, Sandra María Iglesias Barral, maxistrada do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela».

E para que sirva de notificación en legal forma a Construcciones y Excavaciones Castaño, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste órgano xudicial.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de localización.

Santiago de Compostela, 19 de setembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza