Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Mércores, 25 de outubro de 2017 Páx. 49651

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

EDICTO (DSP 1153/2016).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 1153/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Rita dos Santos Rodrigues contra Viasan Servicios, S.L. e Concello de Miño, sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

«Sentenza.

A Coruña, 21 de xullo de 2017.

Vistos por min, Patricia López Arranz, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña, os presentes autos de procedemento número 1153/2016, sobre resolución de contrato e reclamación de cantidade, e con acumulación dos autos de despedimento 544/2017, seguidos ante este xulgado por instancia de María Rita dos Santos Rodrigues, asistida pola letrada Aránzazu Navarrete Rey, contra Viasan Servicios, S.L., que non comparece, e contra o Concello de Miño, representado polo letrado Andrés Fernández Maestre, dito sentenza de conformidade cos seguintes,

Resolución.

Que debo estimar e estimo as demandas de resolución de contrato e despedimento presentadas por María Rita dos Santos Rodrigues contra Viasan Servicios, S.L. e, con data da presente sentenza, acordo a extinción do contrato de traballo que vinculaba a demandante coa empresa, condenando a esta a lle aboar unha indemnización de 3.372,66 euros, máis outros 7.958,73 euros polos salarios debidos, con declaración de improcedencia do despedimento.

Desestímase a demanda interposta fronte ao Concello de Miño, que queda absolto de todas as pretensións deducidas na súa contra.

Notifíquese a presente resolución ás partes e fágaselles saber o seu dereito a interpor contra ela recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza, que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así, por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación. A anterior sentenza leuna e publicouna o/a maxistrado/a xuíz/a que a subscribe, no día da súa data, do que eu, a letrada da Administración de xustiza, dou fe».

E para que sirva de notificación en legal forma a Viasan Servicios, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 26 de setembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza