Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Mércores, 25 de outubro de 2017 Páx. 49649

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

EDICTO (504/2015).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 (reforzo) da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 504/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Enrique Suárez Castelo contra Joal Fenix, S.C., Fogasa, José María Prado López e Danny Soleto Rojas, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Sentenza 512/2017

A Coruña, 26 de setembro de 2017

Vistos por min, Patricia López Arranz, maxistrada xuíza do Xulgado Social de reforzo da Coruña, os presentes autos de procedemento ordinario 504/2015 seguidos ante este xulgado por instancia de Enrique Suárez Castelo, asistido da letrada María Carmen Vilaboy Lois, contra Joal Fénix, S.C. (José María Prado López, Danny Soleto Rojas), que non comparecen, e contra Fogasa, que tampouco comparece, dito sentenza de conformidade cos seguintes,

Decisión

Que debo estimar e estimo a demanda presentada por Enrique Suárez Castelo e condeno a Joal Fénix, S.C. (José María Prado López, Danny Soleto Rojas) a que lle aboe ao demandante a cantidade de 13.657,01 euros, máis o 10 % de xuro moratorio.

Con intervención procesual do Fogasa.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes, facéndolles saber o seu dereito a interpor contra esta recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza, que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así, por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Joal Fenix, S.C., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 26 de setembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza