Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Mércores, 25 de outubro de 2017 Páx. 49647

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

EDICTO (90/2015).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 90/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Martín Javier Beltrán Arias contra Control Internacional del Crecimiento y Dinamismo Empresarial, S.L., Círculo Gacela, S.L., Vigiliam Business Social Network, S.L., Pack Gacela, S.L., César Canedo Sáez, Manuel Ángel Canedo Ríos, Silva Oscura, S.L., Search Task, S.L. e Fogasa, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Xuíz: Javier López Cotelo

Procedemento: reclamación de cantidade nº 90/2015

Demandante: Martín Javier Beltrán Arias

Letrado: Sr. López Amor

Demandados:

– Control Internacional del Crecimiento y Dinamismo Empresarial, S.L.

– Circulo Gacela, S.L.

– Vigiliam Business Social Network, S.L.

– Pack Gacela, S.L.

– Manuel Ángel Canedo Ríos.

– Silva Oscura, S.L.

– Search Task, S.L.

– César Canedo Sáez.

Letrado:

Fogasa

Sentenza.

A Coruña, 13 de xuño de 2017.

Resolución.

Estimo a demanda formulada por Martín Javier Beltrán Arias fronte a Control Internacional del Crecimiento y Dinamismo Empresarial, S.L.; Círculo Gacela, S.L; Vigiliam Business Social Network, S.L.; Pack Gacela, S.L.; Manuel Ángel Canedo Ríos; Silva Oscura, S.L.; Search Task, S.L. y César Canedo Sáez y, en consecuencia, condeno a estes solidariamente a lle pagar ao primeiro a suma de 11.317,91 euros, así como o xuro de demora do artigo 29.3 do ET.

O Fogasa deberase ater ao establecido na presente resolución.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas e déixese testemuño dela neste procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes e advírtase que contra ela se poderá interpor recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días seguintes a partir da súa notificación. Pasado este prazo, declararase firme e arquivarase.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación. A anterior sentenza leuna e publicouna o/a maxistrado/a xuíz/a que a subscribe, no día da súa data, do que eu, a letrada da Administración de xustiza, dou fe».

E para que sirva de notificación en legal forma a César Canedo Sáez, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 20 de setembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza