Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Mércores, 25 de outubro de 2017 Páx. 49645

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

EDICTO (DSP 151/2017).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 151/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Luisa Barcia Marqués contra Lorymar 2007, S.L. e Fogasa, sobre despedimento, se ditou sentenza con data do 20 de setembro de 2017, cuxo encabezamento e resolución son do seguinte teor literal:

«Sentenza.

A Coruña, 20 de setembro de 2017.

Vistos por min, Patricia López Arranz, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña, os presentes autos de procedemento número 151/2017, seguidos ante este xulgado por instancia de María Luisa Barcia Marqués, asistida do letrado Félix Suárez de la Fuente, contra Lorymar 2007, S.L. e Fogasa, que non comparecen, dito sentenza de conformidade cos seguintes,

Resolución.

Que debo estimar e estimo a demanda presentada por María Luisa Barcia Marqués contra Lorymar 2007, S.L., declaro improcedente o despedimento da demandante e condeno a empresa a que, no prazo de cinco días desde a data da notificación da sentenza, opte entre a readmisión inmediata da demandante, nas mesmas condicións que rexían con anterioridade, con aboamento dos salarios de tramitación desde a data do despedimento ata a notificación desta resolución, que ascenden a 39,69 euros diarios, ou ben ao aboamento dunha indemnización por despedimento a razón de 14.883,75 euros.

Notifíquese a presente resolución ás partes e fágaselles saber o seu dereito a interpor contra ela recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza, que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación. A anterior sentenza leuna e publicouna o/a maxistrado/a xuíz/a que a subscribe, no día da súa data, do que eu, a letrada da Administración de xustiza, dou fe».

E para que sirva de notificación en legal forma a Lorymar 2007, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 20 de setembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza