Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Luns, 30 de outubro de 2017 Páx. 50508

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (192/2015).

Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento ordinario 192/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Gregorio José Ramos Penido contra Savia Centro de Ensino Personalizado, S.L. e Fondo de Garantía Salarial sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

Que debo estimar a demanda presentada por instancia de Gregorio José Ramos Penido contra a entidade Savia Centro de Ensino Personalizado, S.L. e Fogasa, e debo condenar a demandada ao aboamento á demandante da cantidade de 334,85 euros brutos (306,88 euros líquidos) en concepto de salario do mes de agosto de 2014, máis os xuros previstos no artigo 29.3 do ET sobre esa cantidade, devindicados desde a data de presentación da papeleta de conciliación (STS 17.6.2014) ata a presente resolución, e a suma de 1.115,40 euros en concepto de indemnización por despedimento obxectivo, máis os xuros do artigo 1.108 do CC, calculados desde a data do despedimento ata a data da presente resolución. E, en todo caso, os xuros do artigo 576 da LAC a partir da presente resolución.

Debo absolver e absolvo o Fogasa sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíquese ás partes a presente resolución e fágaselles saber que contra ela non cabe interpor recurso de suplicación.

A anterior resolución entregaráselle á letrada da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación en legal forma a Savia Centro de Ensino Personalizado, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no boletín oficial correspondente.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 5 de outubro de 2017

A letrada da Administración de xustiza