Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Luns, 30 de outubro de 2017 Páx. 50506

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (172/2015).

Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento ordinario 172/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Carlos Alberto Fernández Gómez contra 2 Q Portugal SGPS Lda, 2 Q Spain, S.L.U., Pulvino Suministros Industriales, S.L., 2 Q Portugal Manutençao Profesional, S.A., Pedro Jorge Sucena Alves Martins, Fondo de Garantía Salarial, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Que procede declarar que a parte demandante desiste das pretensións efectuadas contra as entidades 2 Q Portugal SGPS Lda, 2 Q Portugal Manutencao Profesional, S.A. e Pulvino Suministros Industriales, S.L. e contra Pedro Jorge Sucena Alves Martins, e debo estimar a demanda presentada por instancia de Carlos Alberto Fernández Gómez fronte a 2 Spain, S.L.U, a administración concursal da anterior (Enrique Barros López) e o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), sobre reclamación de cantidade, e debo condenar a demandada 2 Q Spain, S.L.U. ao aboamento ao demandante da cantidade de 4.319 euros como cantidades debidas, máis os xuros previstos no artigo 29.3 do ET sobre esa cantidade, devindicados desde a data de presentación da papeleta de conciliación (STS 17.6.2014) ata a presente resolución, e os do artigo 576 da LAC a partir da presente resolución.

Debo condenar e condeno o administrador concursal, Enrique Ángel Barros, a se ater á anterior declaración, na súa condición de administrador concursal da empresa 2 Q Spain, S.L.U.

Debo absolver e absolvo o Fogasa sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíquese ás partes a presente resolución.

Modo de impugnación. Advírtense as partes de que contra a presente resolución poderán interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza, que deberá ser anunciado por comparecencia, ou mediante escrito presentado na oficina xudicial dentro dos cinco días seguintes ao da notificación desta sentenza, ou por simple manifestación no momento en que se lle practique a notificación. Advírtase igualmente o recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros na conta aberta en Banesto a nome desta oficina xudicial, co núm. 1596 clave 65, e indicar no campo concepto “recurso”, seguido do código “34 Social Suplicación”, acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso, así como, en caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, deberá consignar na conta de depósitos e consignacións aberta a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario a primeiro requirimento indefinido pola dita cantidade, no cal se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, e incorporalos a esta oficina xudicial co anuncio do recurso. En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, no momento de anuncialo.

A anterior resolución entregaráselle á letrada da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Pulvino Suministros Industriales, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no boletín oficial correspondente.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 5 de outubro de 2017

A letrada da Administración de xustiza