Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Luns, 30 de outubro de 2017 Páx. 50579

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Mos

ANUNCIO de licitación da obra de execución da conexión do saneamento de Tameiga coa rede de colectores do Louro.

Na Xunta Local de Goberno do 19 de outubro de 2017, aprobáronse o expediente de contratación e os pregos de condicións da obra de execución da conexión do saneamento de Tameiga coa rede de colectores do Louro.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Mos.

2. Obxecto do contrato: execución da conexión do saneamento de Tameiga coa rede de colectores do Louro (CPV 45232410).

Prazo de execución: catro (4) meses.

3. Procedemento: aberto.

4. Prezo do contrato: 296.233,98 euros máis 62.207,04 euros de IVE.

5. Garantías. Provisional: non se exixe. Definitiva: 5 % do importe da adxudicación.

6. Obtención de información e documentación: a través da páxina web do Concello:
http://www.mos.es/ e no Concello de Mos. Rúa Reguengo, 1, Petelos. 36416 Mos. Pontevedra. Teléfono: 986 33 12 00, fax: 986 33 66 18.

7. Requisitos xerais do contratista sinalados no prego de condicións administrativas.

Clasificación: non se exixe.

8. Presentación de proposicións.

a) Prazo e lugar: no Concello de Mos (Pontevedra), durante os trece (13) días naturais desde o seguinte ao de publicación do presente anuncio no último boletín (DOG ou BOP), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, no Rexistro Xeral do Concello ou por calquera outro medio a que se refire o artigo 16 da Lei 39/2015.

b) Documentación que cómpre presentar: as proposicións en sobres pechados, coas inscricións e a documentación que se sinalan nos pregos de condicións.

9. Apertura das ofertas: na Casa do Concello de Mos, o sexto día hábil seguinte ao de finalización do prazo para a presentación de proposicións.

10. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.

Mos, 24 de outubro de 2017

Nidia Mª Arévalo Gómez
Alcaldesa