Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Luns, 30 de outubro de 2017 Páx. 50576

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Melón

ANUNCIO relativo ao acordo de aprobación definitiva do Plan especial de creación de solo urbano para dotacións públicas no Cruceiro Gordo.

Mediante Acordo do Pleno de data do 28 de setembro de 2017, en sesión ordinaria aprobouse definitivamente o Plan especial de creación de solo urbano para dotacións públicas no Cruceiro Gordo, o que se publica para os efectos dos artigos 82 e 88 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e dos artigos 199 y 208 do seu regulamento.

«Acordo do Pleno de aprobación definitiva:

María del Carmen Limia Fernández, secretaria interventora acumulada deste concello,

CERTIFICO:

Que en sesión ordinaria do Pleno de data do 28 de setembro de 2017, con asistencia da maioría dos membros da corporación, con 7 que asisten dos 9 que a integran, entre outros, adoptouse o acordo do teor literal seguinte:

Vista a proposta presentada polo equipo de goberno deste concello e visto o informe ambiental, así como os informes sectoriais previos e a aprobación inicial deste plan.

Visto que, así mesmo, se someteu a información pública mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia número 23, do 2 de febreiro de 2017, e no periódico Faro de Vigo, do 25 de xaneiro de 2017, un dos diarios de maior difusión da provincia.

Visto que, así mesmo, con data do 24 de xaneiro de 2017, se notificou o trámite de información pública dos titulares catastrais dos terreos afectados para os efectos de que emitiran as alegacións pertinentes.

Visto que, simultaneamente, se requiriron os informes sectoriais ás distintas administracións que marca a lei.

Visto que, durante o período de información pública, non se presentou ningunha alegación.

ACORDO:

Primeiro. Aprobar definitivamente o Plan especial de creación de solo urbano para dotacións públicas no Cruceiro Gordo.

Segundo. Publicar a aprobación definitiva no Diario Oficial de Galicia, para os efectos do establecido no artigo 82 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia. Esta publicación deberá realizarse no prazo dun mes desde a adopción da aprobación definitiva.

Igualmente, xunto coa publicación deste acordo, publicarase a indicación das medidas adoptadas para o seguimento dos efectos no ambiente da aplicación do plan e a referencia ao enderezo electrónico en que figurará o contido íntegro do plan á disposición do público.

Terceiro. Comunicar o acordo de aprobación definitiva, en virtude do artigo 88 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, á consellería competente en materia de urbanismo, para a súa inscrición no Rexistro de Planeamento Urbanístico de Galicia, e engadirase un exemplar en soporte dixital, debidamente dilixenciado.

Cuarto. Notificar individualmente a aprobación definitiva do plan parcial a todas as persoas titulares catastrais dos terreos afectados ás cales xa se lles notificou a súa aprobación inicial, de conformidade co artigo 186.4 do Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, aprobado polo Decreto 143/2016, do 22 de setembro.

E para que conste, para os efectos oportunos no expediente, de orde e co visto e prace do alcalde, coa excepción prevista no artigo 206 do Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das entidades locais, aprobado polo Real decreto 2568/1986, do 28 de novembro.

Melón, 29 de setembro de 2017

María Cristina Francisco Vílchez
Alcaldesa

María del Carmen Limia Fernández
Secretaria interventora acumulada».

Así mesmo, estará á disposición das persoas interesadas na sede electrónica deste concello http://concellodemelon.sedelectronica.gal

Contra este acordo, en aplicación do artigo 112.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e dado que aproba unha disposición de carácter xeral, podrá interporse recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia con sede na Coruña, no prazo de dous meses, contado desde o día seguinte ao da recepción da presente notificación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. Todo sen prexuízo de que poida interpor vostede calquera outro recurso que puidese considerar máis conveniente ao seu dereito.

Melón, 29 de setembro de 2017

María Cristina Francisco Vílchez
Alcaldesa