Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Martes, 7 de novembro de 2017 Páx. 51446

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (1151/2013).

Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento sobre seguridade social 1151/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Pablo Gómez Rodríguez contra Isalcor Valga, S.L., Alicia Carro Lorenzo, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Carpintería Metálica Tecre, S.L., Atesvi, S.L., Mutua Gallega, Mutua de Accidentes de Trabajo y Enfermedades Profesionales, Sociedad Profesional Torres Díaz Sanjurjo y Barral, S.L.P., Mutua Universal, Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS), Mutua Fremap e Isidro Carro Lorenzo, sobre seguridade social, ditouse a seguinte resolución:

Sentenza.

Santiago de Compostela, 29 de setembro de 2017.

Vistos por Sandra María Iglesias Barral, maxistrada do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela e o seu partido, os presentes autos de xuízo número 1151/2013, seguidos por instancia de Pablo Gómez Rodríguez, asistido pola graduada social Sra. Mallo Nieves, contra o INSS (Instituto Nacional da Seguridade Social), TXSS (Tesouraría Xeral da Seguridade Social), asistidos polo letrado Sr. González Quintáns; Isacor Valga, S.L. e Javier López Romero, en calidade de administrador concursal; Mutua Gallega, asistida pola letrada Sra. Monteoliva Díaz; Alicia Carro Lorenzo, asistida polo letrado Sr. Trasande Silva; Isidro Carro Lorenzo; Carpintería Metálica Tecre, S.L. e Estevan Crego Pedrido, asistidos polo letrado Sr. Sanmartín Eirín; Mutua Fremap, asistida do letrado Sr. Amigo Estrada; Atesvi, S.L., asistida pola letrada Sra. García Otero, en substitución da letrada Sra. Carreira Pérez; Mutua Universal, asistida pola letrada Sra. Gómez Balboa; Sociedad Profesional Torres Díaz, Sanjurjo y Barral, S.L., en calidade de administrador concursal; EXL Quitaglass, S.L. e o Fogasa (Fondo de Garantía Salarial), que non comparecen malia a súa citación en legal forma, con base nos seguintes

Decido que, estimando parcialmente a demanda interposta por Pablo Gómez Rodríguez fronte ao INSS, a TXSS, Isacor Valga, S.L. e Javier López Romero, en calidade de administrador concursal, Mutua Gallega, Alicia Carro Lorenzo, Isidro Carro Lorenzo, Carpintería Metálica Tecre, S.L., Mutua Fremap, Atesvi, S.L., Sociedad Profesional Torres Díaz, Sanjurjo y Barral, S.L., en calidade do seu administrador concursal, Mutua Universal, EXL Quitaglass, S.L. e o Fogasa, debo declarar e declaro o dereito do demandante a percibir a prestación de IT polo período de 18.9.2012 a 24.11.2013, conforme a base reguladora calculada atendendo ao salario que correspondía ao demandante no mes anterior ao accidente de traballo (agosto de 2012), segundo o sinalado no fundamento xurídico sétimo e, en consecuencia, declaro a responsabilidade da empresa Isalcor Valga, S.L. por infracotización, con condena desta a aboar ao demandante as diferenzas entre a prestación debida segundo o cálculo anterior e a percibida en cantidade de 10.721,44 euros. Declárase a responsabilidade solidaria de Carpintería Metálica Tecre, S.L. Todo iso sen prexuízo da obriga de anticipo de Mutua Gallega e a responsabilidade subsidiaria do INSS/TXSS.

Absólvense Alicia Carro Lorenzo, Isidro Carro Lorenzo, Carpintería Metálica Tecre, S.L., Mutua Fremap, Atesvi, S.L., despois de ser citada a Sociedad Profesional Torres Díaz, Sanjurjo y Barral, S.L. en calidade do seu administrador concursal, Mutua Universal e EXL Quitaglass, S.L. das pretensións deducidas na súa contra.

O anterior enténdese sen prexuízo de eventuais responsabilidades do Fogasa.

Notifíquese ás partes a presente resolución.

Modo de impugnación: advírtese ás partes que contra a presente resolución poderán interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza, que deberá ser anunciado por comparecencia ou mediante escrito presentado na oficina xudicial dentro dos cinco días seguintes á notificación desta sentenza, ou por simple manifestación no momento en que se lle practique a notificación. Advírtase igualmente ao recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros na conta aberta a nome desta oficina xudicial, acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso, así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, deberá consignar na conta de depósitos e consignacións aberta a cantidade obxecto de condena ou formalizar aval bancario a primeiro requirimento indefinido pola devandita cantidade, no cal se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a esta oficina xudicial co anuncio de recurso. En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, no momento de anuncialo.

A anterior resolución entregarase á letrada da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Concorda ben e fielmente co seu orixinal ao que me remito, e para que produza os efectos oportunos, expido o presente que asino en Santiago de Compostela o cinco de outubro de dous mil dezasete. Dou fe.

O/a letrado/a da Administración de xustiza.

E para que sirva de notificación en legal forma a Isalcor Valga, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese a destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 16 de outubro de 2017

A letrada da Administración de xustiza