Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Martes, 7 de novembro de 2017 Páx. 51390

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 24 de outubro de 2017 pola que se modifica a composición do Consello Social da Universidade da Coruña.

Mediante a Orde do 22 de febreiro de 2017 (DOG do 10 de marzo) fíxose pública a composición do Consello Social da Universidade da Coruña.

A Lei 6/2013, do 13 de xuño, do Sistema universitario de Galicia, establece que o consello social estará integrado por un máximo de trinta e unha persoas membros.

A Lei 6/2013, no seu artigo 77.3, establece que a representación dos intereses sociais no consello social corresponde a personalidades da vida cultural, profesional, económica, laboral ou social, de acordo coa seguinte distribución: o presidente ou presidenta do consello social; seis membros designados polo Parlamento de Galicia; seis membros designados pola Xunta de Galicia; un membro designado por cada un dos sindicatos máis representativos no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia; catro membros designados polas organizacións empresariais máis representativas dos sectores estratéxicos da economía galega na área de influencia da universidade; un membro designado polas corporacións dos municipios en que se sitúan os campus; un membro designado pola asociación de antigos alumnos de cada unha das universidades, un membro designado polos colexios profesionais, a través da súa entidade asociativa máis representativa, vinculados coa oferta formativa de cada unha das universidades.

Con data do 20 de outubro de 2017, o Consello Social da Universidade da Coruña comunicoulle á Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria que o Pleno do Parlamento, na sesión que tivo lugar o 26 de setembro de 2017, acordou designar a José Ramón Louzao Cabo representante do Parlamento de Galicia no Consello Social da UDC, en substitución, por renuncia, de Luis Felipe Llamas Gómez. Xúntase declaración xurada de compatibilidade do novo membro.

O artigo 77.4 da Lei 6/2013, do 13 de xuño, establece que os acordos de designación de membros do consello social lle serán comunicados á persoa titular da consellería competente en materia de universidades, quen procederá ao seu nomeamento mediante orde da súa consellería.

A condición de persoa membro do consello social adquírese unha vez cumpridos os requisitos de designación, nomeamento e publicación no Diario Oficial de Galicia, e produce efectos a partir desa data.

Por todo iso,

DISPOÑO:

Artigo 1

Nomear a José Ramón Louzao Cabo representante do Parlamento de Galicia no Consello Social da Universidade da Coruña, en substitución, por renuncia, de Luis Felipe Llamas Gómez.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 24 de outubro de 2017

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria