Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Martes, 21 de novembro de 2017 Páx. 53494

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 7 de novembro de 2017, do Servizo Provincial de Ourense, pola que se acorda realizar o pagamento dos prezos xustos fixados polo Xurado de Expropiación de Galicia e xuros de demora dos bens e dereitos afectados polas obras da A-52-fronteira portuguesa, treito VAC A-52-Celanova sur, clave OU/01/101.01.75.1, concellos da Merca, Celanova e Verea.

En cumprimento do artigo 49 do Regulamento de expropiación forzosa, do 26 de abril de 1957, acordo realizar o pagamento mediante transferencia bancaria dos prezos xustos de xurado e xuros de demora e as persoas interesadas deberán achegar no prazo de quince (15) días un certificado orixinal da titularidade da conta bancaria en que figure o número de conta (IBAN) e o conxunto de todos os titulares do terreo expropiado.

No suposto de non terse xuntado, procederase á consignación do importe do prezo xusto na Caixa Xeral de Depósitos.

Conforme establece o artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado servirá como notificación aos posibles interesados que non puidesen ser identificados, aos titulares de bens e dereitos que sexan descoñecidos, a aqueles dos que se ignore o seu domicilio, ou ben a quen, intentada a súa notificación, non se puidese practicar.

Ourense, 7 de novembro de 2017

Marcos Buide Pollán
Xefe do Servizo Provincial de Ourense