Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Martes, 21 de novembro de 2017 Páx. 53373

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

DECRETO 114/2017, do 17 de novembro, polo que se lle concede o título de Embaixador de Honra do Camiño de Santiago, a título persoal, á Súa Maxestade El-Rei Don Juan Carlos.

En atención ao labor de divulgación, promoción e coñecemento do Camiño de Santiago e dos valores xacobeos, e ao abeiro do disposto no artigo 4 do Decreto 163/2013, do 24 de outubro, polo que se regula a concesión do título de Embaixador de Honra do Camiño de Santiago, é vontade do Goberno galego outorgarlle esta alta distinción á persoa que se indica a seguir.

Polo tanto, por proposta do vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e logo do acordo do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día dezasete de novembro de dous mil dezasete,

DISPOÑO:

Concederlle o título de Embaixador de Honra do Camiño de Santiago, a título persoal e con carácter vitalicio, á Súa Maxestade El-Rei Don Juan Carlos.

Santiago de Compostela, dezasete de novembro de dous mil dezasete

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

Alfonso Rueda Valenzuela
Vicepresidente e conselleiro de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza