Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Mércores, 22 de novembro de 2017 Páx. 53585

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Reforzo da Coruña

EDICTO (DSP 144/2017).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento sobre despedimento/cesamentos en xeral 144/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Pedro Cota Gómez contra Nortconsulting Sistemas, S.L., Nortconsulting Soluciones, S.L.U. e o Fogasa, sobre despedimento, ditouse a seguinte resolución:

«Xuíz: Javier López Cotelo

Procedemento: despedimento número 144/2017

Demandante: Pedro Cota Gómez (letrada: Sra. Bregua López)

Demandados:

– Nortconsulting Sistemas, S.L.

– Nortconsulting Soluciones, S.L.U. (letrada: Sra. Rey López)

– Fogasa

Sentenza 590/2017.

A Coruña, 30 de outubro de 2017.

Resolución.

1º. Estimo a demanda sobre despedimento formulada por Pedro Cota Gómez fronte a Nortconsulting Sistemas, S.L. e fronte a Nortconsulting Operaciones, S.L.U. e, en consecuencia, declaro a improcedencia do despedimento e condeno as demandadas a que readmitan inmediatamente o traballador nas mesmas condicións que rexían antes de producirse o despedimento, ou ben, a elección da empresa, a que extinga a relación laboral con aboamento da indemnización detallada no número segundo desta resolución. Todo iso con aboamento, no caso de opción pola readmisión, dos salarios de tramitación que non percibise ata a notificación da presente sentenza.

A devandita opción deberá exercerse en cinco días a partir da notificación desta sentenza, mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido o devandito termo sen que se optase, entenderase que procede a readmisión.

2º. A indemnización que deben aboar as empresas demandadas solidariamente, segundo o disposto no número anterior, é a seguinte:

– En concepto de indemnización, de optar a empresa por ela, a cantidade de 24.194,04 euros.

– En concepto de salarios de trámite, para o caso de opción pola readmisión, os deixados de percibir desde a data do despedimento e ata a notificación da presente sentenza, calculados a razón de 72,44 €/día.

O Fogasa deberá pasar polo resolto na presente resolución.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas e déixese testemuño desta no presente procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes, advertíndolles que contra ela se poderá interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivamento.

Así o pronuncio, mando e asino».

E para que sirva de notificación en legal forma a Nortconsulting Sistemas, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 30 de outubro de 2017

A letrada da Administración de xustiza