Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 487/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Adrián Rodríguez Mira contra Celuisma, S.A. Hotel Florida Norte e o Fogasa sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:
«Xuíz: Javier López Cotelo
Procedemento: reclamación de cantidade 487/2015.
Demandante: Adrián Rodríguez Mira. Letrado: Sr. Pousa Meréns.
Demandados: Celuisma, S.A. e Fogasa
Sentenza 591/2017.
A Coruña, 30 de outubro de 2017
Fallo:
Estimo a demanda formulada por Adrián Rodríguez Mira fronte a Celuisma, S.A. e, en consecuencia, condeno esta a aboar ao primeiro a suma de 2.098,48 euros en concepto de débeda salarial.
O Fogasa deberá pasar polo resolto nesta resolución e a súa responsabilidade será dentro dos límites legais que procedan.
Inscríbase esta resolución no libro de sentenzas deixando testemuño desta no presente procedemento.
Notifíquese esta sentenza ás partes advertíndolles que contra ela non cabe recurso ningún.
Así, o pronuncio, mando e asino».
E para que sirva de notificación en legal forma a Celuisma, S.A., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.
Advírtese a destinataria de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.
A Coruña, 30 de outubro de 2017
A letrada da Administración de xustiza