Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Mércores, 22 de novembro de 2017 Páx. 53583

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Reforzo da Coruña

EDICTO (146/2017).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 146/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Aránzazu Uzal González contra Lorymar 2007, S.L., Fogasa sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

«Xuíz: Javier López Cotelo

Procedemento: despedimento nº 146/2017

Demandante: Aránzazu Uzal González

Letrado: Sr. Suárez de la Fuente

Demandado: Lorymar 2007, S.L.

Letrado:

Fogasa

Sentenza 587/2017.

A Coruña, 30 de outubro de 2017.

Decido.

1º. Estimo a demanda sobre despedimento formulada por Aránzazu Uzal González fronte a Lorymar 2007, S.L. e, en consecuencia, declaro a improcedencia do despedimento e condeno a demandada a que readmita inmediatamente a traballadora nas mesmas condicións que rexían antes de se producir o despedimento, ou ben, á elección da empresa, a que extinga a relación laboral con aboamento da indemnización detallada no número segundo desta decisión. Todo isto con aboamento, no caso de optar pola readmisión, dos salarios de tramitación que non percibise ata a notificación da presente sentenza.

Esta opción deberá exercerse en cinco días a partir da notificación desta sentenza, mediante escrito ou comparecencia perante este xulgado. Transcorrido o dito prazo, sen que se optase, entenderase que procede a readmisión.

2º. A indemnización que aboará a empresa demandada, segundo o disposto no número anterior, e a seguinte:

– En concepto de indemnización, e de optar a empresa por ela, a cantidade de 15.374,35 euros.

– En concepto de salarios de trámite, para o caso de optar pola readmisión, os deixados de percibir desde a data do despedimento e ata a notificación da presente sentenza, calculados a razón de 46,59 €/día.

3º. O Fogasa deberá pasar polo resolto na presente sentenza dentro da responsabilidade legal que lle poida corresponder.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas deixando testemuño dela no presente procedemento.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes e advírtaselles que contra ela se poderá interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivamento.

Así o pronuncio, mando e asino».

Para que sirva de notificación en legal forma a Lorymar 2007, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 30 de outubro de 2017

A letrada da Administración de xustiza