Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Mércores, 22 de novembro de 2017 Páx. 53595

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 de Reforzo da Coruña

EDICTO (192/2017).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 192/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Marcos Barra Pérez contra Segur Ibérica, S.A., Astra Sistemas, S.A., Landwell-Pricewaterhousecoopers Tax & Legalservices, S.L., Fogasa sobre despedimento, se ditou sentenza en data do 23.10.2017 cuxo encabezamento e parte dispositiva é do tenor literal seguinte:

«Reforzo.

Xuíz: Javier López Cotelo.

Procedemento: despedimento número 192/2017.

Demandante: Marcos Barra Pérez.

Letrada: Sra. Acuña Vecino.

Demandados:

Segur Ibérica, S.A.

Letrado:

Astra Sistemas, S.A., comparece a través do seu apoderado Sr. Aparicio Cañadas.

Letrado:

Administración concursal de Segur Ibérica, S.A.: non comparece.

Letrado:

Fogasa.

Letrado:

Sentenza número 671/2017.

A Coruña, 23 de outubro de 2017.

Parte dispositiva:

1º. Estimo a demanda sobre despedimento formulada por Marcos Barra Pérez fronte a Segur Ibérica, S.A. e, en consecuencia, declaro a improcedencia do despedimento e condeno a demandada a que readmita inmediatamente o traballador nas mesmas condicións que rexían antes de producirse o despedimento, ou ben, a elección da empresa, á extinción da relación laboral con aboamento da indemnización detallada no número segundo desta parte dispositiva. Todo iso con aboamento, no caso de opción pola readmisión, dos salarios de tramitación que non percibise ata a notificación desta sentenza.

A devandita opción deberá exercitarse en 5 días a partir da notificación desta sentenza, mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido o devandito termo, sen que se tivese optado, entenderase que procede a readmisión.

2º. A indemnización e os salarios de tramitación que ten que aboar a empresa demandada, segundo o disposto no número anterior, son os seguintes:

– En concepto de indemnización, e de optar a empresa por ela: a cantidade de 574,80 euros.

– En concepto de salarios de trámite, para o caso de opción pola readmisión, os deixados de percibir desde a data do despedimento e ata a notificación desta sentenza, calculados a razón de 29,86 euros/día.

3º. Desestimo a demanda formulada polo demandante fronte á empresa Astra Sistemas, S.A. e, en consecuencia, absólvoa de todos os pedimentos formulados fronte a ela.

O Fogasa e a Administración concursal de Segur Ibérica, S.A., deberán de pasar polo resolto nesta resolución.

Inscríbase esta resolución no libro de sentenzas deixando testemuño desta no presente procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes advertíndolles que contra ela se poderá interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivamento.

Así, o pronuncio, mando e asino».

E para que sirva de notificación en legal forma a Segur Ibérica, S.A., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 23 de outubro de 2017

A letrada da Administración de xustiza