Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Mércores, 22 de novembro de 2017 Páx. 53593

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (DOI 721/2017 M).

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento obxectivo individual 721/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Marcelo Cachafeiro Silveiro contra Turmens Logística Urgente, S.L. e o Fogasa, sobre despedimento, ditouse a seguinte resolución:

Providencia da maxistrada xuíza Elena Calleja Curros.

Santiago de Compostela, 2 de novembro de 2017.

Accédese á práctica da proba documental anticipada interesada no 2º outrosí digo da demanda e para tal fin requírase a demandada para que achegue con antelación á vista de contratos de traballo de Marcelo Cachafeiro Silveiro; de nóminas correspondentes aos meses de xuño a agosto de 2017, ambos incluídos; de albarás de recollida/entrega de mercadoría aos clientes da empresa, asinados por Marcelo Cachafeiro, desde novembro de 2011 ata agosto de 2017.

Notifíquese ás partes, facéndolles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se é o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición, que se interpoñerá ante quen dita esta resolución, no prazo de tres días hábiles seguintes á súa notificación, con expresión da infracción que a xuízo do recorrente contén esta, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

Así o acorda e asina a súa señoría. Dou fe.

O/a maxistrado/a xuíz/a O/a letrado/a da Administración de xustiza

E para que sirva de notificación en legal forma a Turmens Logística Urgente, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 2 de novembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza